Skip to Content

Ciencias Naturais

Unha autoestrada detrás do enchufe, 4º ESO

   

    O alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Tecnoloxía asistiron o pasado 11 de marzo á exposición interactiva "Unha autoestrada detrás do enchufe".

    Esta visita gratuíta estaba organizada por REE en Palexco, A Coruña. O alumnado descubriu como funciona e se xestiona un sistema eléctrico a partir de tres ideas centrais: que é a electricidade, como se transporta e como se consume.

Visita aos Museos Científicos Coruñeses

     O día 4 de febreiro, no marco dunha actividade organizada polos departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química, o alumnado de 3º ESO visitou os Museos Científicos Corruñeses: Casa das Ciencias, Aquarium Finisterrae e Domus.

A defensa dos traballos do alumnado do STEMbach na prensa local

       O Diarío de Ferrol recolle a defensa que os alumnos do STEMbach do Sofía Casanova realizaron ante os correspondentes tribunais no  Campus Industrial de Ferrol, Universidade da Coruña (UDC).

Presentación de Proxectos STEMBach bienio 2018-2020

   

    O xoves 23 de xaneiro en horario de 16:00-20:00 h terá lugar a Presentación de Proxectos STEMBach bienio 2018-2020. Esta presentación realizaráse no Campus de Esteiro-Ferrol, na Aula de Posgrado da EPS (UDC) .

    Nos arquivos adxuntos atópanse a relación dos proxectos que se van presentar e os criterios de avaliación.

O IES Sofía Casanova na prensa local

 

    Nas súas edicións locais, La Voz de Galicia e o Diario de Ferrol recollen a estancia dun grupo de alumnos do Sofía Casanova en Os Peares (Ourense) dentro da semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

    O alumnado participante, en réxime de internado nun campamento de innovación, desenrolará ata o sábado actividades  co obxectivo de ampliar ós seus coñecementos científico-tecnolóxicos.

Saída ó complexo xeolóxico de cabo Ortegal

          Alumnos de 1º Bach de Bioloxía e Xeoloxía acudiron acompañados de dous profesores e do doctor en xeoloxía Francisco Canosa, a unha saída o complexo xeolóxico de cabo Ortegal visitando zonas de grande interés xeolóxico situadas na Capelada, Cariño e praia de Fornos.

O alumnado de 2º ESO nos Picos de Europa

 

 Saída fin de curso de 2º de ESO a Picos de Europa para realizar actividades no medio natural: sendeirismo polo Lagos de Covadonga, ruta a cabalo, parque multiaventura, espeleoloxía, visita a Cangas de Onis para rematatar co descenso do Sella.

    Felicitacións aos rapaces polo seu comportamento e a súa animada participación en tódas as actividades programadas.

O alumnado de 1º ESO visita Doniños

   

     O martes 11 de xuño 52 alumnos de 1º ESO fixeron unha saída organizada polos departamentos de Bioloxía e Educación Física a Doniños.

    Pola mañá recorreron o Val de Doniños e a lagoa, facendo diversas paradas para o estudo dos ecosistemas lacustres, a xeomorfoloxía e a biodiversidade das especies da zona. En Outeiro visitaron o monumento a Ros.
    Logo do almorzo no pinar, fixeron unha camiñada dende a praia de Doniños ata a de San Xurxo, na que disfrutaron das paisaxes dos cantís e illotes, do castro de Lobadiz e da botánica característica da zona.

Distribuir contido


by Dr. Radut