Skip to Content

Bolsas e axudas

Convocado o programa Vigo en Inglés 2018

Publicadas as bases para solicitar prazas no programa municipal de inmersión lingüísitica "Vigo en Inglés - 2018", dirixido ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

O plazo de presentación de solicitudes é do luns 12 ao venres 23 de marzo , ambos os dous incluidos. As solicitudes, xunto coa documentación requerida, deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei nº 1, 36202).

Toda a información actualizada pode atoparse na web www.vigoeningles.org

Axudas para a realización de actividades de formación en línguas estranxeiras no ano 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 1.400 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 8 de febreiro e remata o día 7 de marzo

https://www.edu.xunta.es/axudasle

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2017. Listaxes definitivas

No día de hoxe publícanse na web https://www.edu.xunta.es/axudasle as listaxes definitivas de persoas seleccionadas e de suplentes, así como os destinos, as datas de realización das estadías e as achegas familiares correspondentes en cada caso.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar

No día de onte (22 de maio) saiu publicada a orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Xúntase o texto íntegro da orde, extracto da mesma e formulario de solicitude (anexo 1).

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2017. Listaxes provisionais

No día de hoxe publlicáronse as listaxes provisionais de admitidos e suplentes nas actividades de formación en linguas estranxeiras.

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na web da convocatoria (http://www.edu.xunta.es/axudasle).

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2017. Nota informativa do 21 de abril.

NOTA INFORMATIVA DO 21 DE ABRIL

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Toda a infomración pódese consultar en: https://www.edu.xunta.es/axudasle

Campus científicos de verán

Veñen de convocarse os Campus científicos de verán para alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Toda a información está en https://www.campuscientificos.es/

Convocatoria actividades de formación en linguas estranxeiras 2017 alumnado

Xúntase cartel informativo da convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.  O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 28 de febreiro e remata o día 27 de marzo.

Programa Vigo en Inglés

Xúntase toda a información relativa ao programa Vigo en Inglés 2017.

Libros do Fondo Solidario

Listaxes do alumnado que recibe libros e do alumnado excluído

Aqueles alumnos/as que teñen libros asignados serán avisados ao longo da próxima semana das datas de entrega. Serán os pais/nais/titores legais quen recollan os libros e asinen o xustificante de entrega.

Aqueles alumnos/as que non teñen libros asignadospero están admitidos deberán esperar a que se repartan libros aos anteriores e se lles asignen a eles.

Distribuir contido


by Dr. Radut