Skip to Content

Bolsas e axudas

Nova convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar

Ven de saír unha nova convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar, destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. Ligazón ao texto da convocatoria.

Premios nacionais no ensino non universitario correspondentes ao ano 2015

Convocáronse os premios nacionais de educación no ensino non universtario correspondentes ao ano 2015 na categoría de rendemento académico do alumnado. Ligazón á convocatoria aquí.

Relación provisional fondo solidario de libros de texto curso 2015-2016

Relación provisional do Fondo Solidario de libros de texto para o curso académico 2015-2016.

Prazo de reclamacións: 8 e 9 de xullo de 2015.

A relación definitiva do Fondo Solidario das solicitudes admitidas e, de ser o caso, a de excluídas, de 2º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria publicaranse no taboleiro de anuncios e nesta páxina web: o 15 de setembro de 2015.

Entrega dos libros de texto: a partir do 15 de setembro de 2015 na Biblioteca do Instituto.

Axudas para adquisición de libros de texto e fondo solidario de préstamo

Convocatoria de Axudas para a Adquisición de Libros de  Texto en 1º e 3º de ESO e regulación do Fondo Solidario de préstamo de libros de texto en 2º e 4º de ESO.

Becas de bacharelato do curso 2014-15

Resolución de becas concedidas polo Ministerio de Educación e Deporte para o curso académico 2014-2015.

Convocatoria do programa Vigo en Inglés 2015

O progama vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.

O prazo de presentación das solicitudes será do 6 ao 17 de abril, ambos inclusive. Máis información en: http://vigoeningles.org/

Convócanse bolsas para cursos de verán de inglés en España

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes bolseiros de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinanzas Deportivas, de Enseñanzas Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado para o mes de xullo de 2015. Máis información: http://bit.ly/1ETtwhg

Convócanse axudas para cursos de verán de inglés en Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para alumnado de ESO e bacharelato para realizar cursos de inglés en Galicia no verán do 2015. O prazo de solicitude remata o vindeiro día 16 de abril. Máis información en: https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Convocatoria do programa «Vigo en Inglés» para 3º ESO

O progama vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces e rapazas asisten a un centro escolar, coma calquera outro estudante local.

O prazo de presentación das solicitudes será do 26 de maio ao 6 de xuño, ambos inclusive.

Máis información: Vigo en Inglés

Bolsas do MEC para programa de inmersión en inglés en España

Convócanse bolsas de unha semana de duración no mes de xullo, para estudiantes becarios de bacharelato, etc. Consulta a convocatoria no BOE.

Distribuir contido


by Dr. Radut