Skip to Content

Bolsas e axudas

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

 En documento adxunto podedes consultar a  Resolución do 15 de marzo de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2023-2024, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios, publicada no BOE do 17 de marzo. 

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Convocatoria bolsas Eurolingua 2023

Poden consultar toda a información da convocatoria picando nesta ligazón: Becas Eurolingua.

O programa está becado ao 100% e inclúe:

VIGO EN INGLÉS

Aberto o prazo de inscrición no programa educativo municipal VIGO EN INGLÉS para alumnado que está a cursar 3º da ESO durante o curso académico 2022/23.

Máis información no teléfono 986810181 e na ligazón https://www.vigoeningles.org/convocatoria/index.htm.

Real Decreto de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2023-2024

Publicado o Real Decreto polo que se establecen os limiares de renta e patrimonio familiar e as cuantías de bolsas e axudas para o curso 2023-2024.

Acceso ao Real Decreto premendo aquí

Convocatoria de bolsas para inmersión lingüística en inglés

Convócanse en réxime de concorrencia competitiva un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2023.

Mais información premendo aquí

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023 (Axudasle)

Convocadas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado que cursou no 2021/22 e/ou que cursa no 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2023.

Mais información premendo aquí

Fondo solidario de libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (Ampliación)

Bolsas e axudas para alumnado de bacharelato e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Aberto o prazo de solicitude de bolsas e axudas a estudos de bacharelato e para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ata o 30 de setembro. Mais información na seguinte ligazón:

Bolsas e axudas para estudar bacharelato

Plublicada a listaxe provisional dos admitidos e excluidos no fondo de libros 2022/23

Os interesados poden consultar estas listaxes no taboleiro de entrada ao instituto.

As persoas que presentaron as solicitudes por sede electrónica poden facer a consulta a través da web Fondo libros.

O prazo para as reclamacións ás listaxes provisionais son os dous días seguintes a publicación (martes 12/7/22 e mercores 13/7/22).

A publicación das listaxes definitivas será o 22 de xullo de 2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut