Skip to Content

Bolsas e axudas

Convocatoria do programa Vigo en Inglés 2015

O progama vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.

O prazo de presentación das solicitudes será do 6 ao 17 de abril, ambos inclusive. Máis información en: http://vigoeningles.org/

Convócanse bolsas para cursos de verán de inglés en España

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes bolseiros de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinanzas Deportivas, de Enseñanzas Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado para o mes de xullo de 2015. Máis información: http://bit.ly/1ETtwhg

Convócanse axudas para cursos de verán de inglés en Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para alumnado de ESO e bacharelato para realizar cursos de inglés en Galicia no verán do 2015. O prazo de solicitude remata o vindeiro día 16 de abril. Máis información en: https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Convocatoria do programa «Vigo en Inglés» para 3º ESO

O progama vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces e rapazas asisten a un centro escolar, coma calquera outro estudante local.

O prazo de presentación das solicitudes será do 26 de maio ao 6 de xuño, ambos inclusive.

Máis información: Vigo en Inglés

Bolsas do MEC para programa de inmersión en inglés en España

Convócanse bolsas de unha semana de duración no mes de xullo, para estudiantes becarios de bacharelato, etc. Consulta a convocatoria no BOE.

100 bolsas para estudar 1º de bacharelato en Canadá

A Fundación Amancio Ortega Gaona convoca 100 bolsas para estudar 1º de bacharelato en Canadá durante o ano lectivo 2014-2015. Convocatoria aberta do 16 de decembro de 2013 a 7 de febreiro de 2014. Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web www.becasestudiaencanada.org.

Distribuir contido


by Dr. Radut