Skip to Content

Bolsas e axudas

Fondo de libros

A publicación das listaxes definitivas dos alumnos de 1º e 3º de ESO que recibirán libros de texto do fondo solidario do centro non se pode realizar porque desde a Consellería aínda se están a realizar as correccións necesarias.

Actividades de formación en linguas estranxeiras alumnado 2016. Listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente

Xúntanse listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente, correspondentes ao disposto no artigo 14.6 da Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 28/03/2016), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 14.4 desta Orde de convocatoria.

Actividades de formación en linguas estranxeiras alumnado 2016. Listaxes de alumnado seleccionado e suplente

Xúntanse listaxes correspondentes ao disposto no artigo 14.3 da Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 28/03/2016), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 14.2 desta Orde de convocatoria.

AVISO URXENTE - Premios extraordinarios de bacharelato 2015-2016

MOI IMPORTANTE

Na comunicación enviada pola Consellería figura un erro na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes para participar na convocatoria dos  premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015-2016. Por tal motivo, comunícase que o prazo de presentación de solicitudes para participar neses premios remata o día 2 de xuño de 2016.

Premios extraordinarios de Bacharelato 2015-16

Adxúntase convocatoria dos premios extraordinarios de Bacharelato para o presente curso, así como un resumo da mesma.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de xuño.

Fondo solidario e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2016-17

No DOG do 16 de maio de 2016 publicouse a orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 23 de xuño.

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2016 - Publicación de listaxes

Publicáronse listaxes de solicitudes admitidas, que precisan emendas e excluídas.

Pódense consultar na web do programa http://www.edu.xunta.es/axudasle

Resolución becas de convocatoria xeral

Onte publicáronse na páxina web do Ministerio os listados definitivos de becarios da convocatoria xeral do actual curso 2015/16. Pódese acceder dende o seguinte enlace: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/bachillerato/becas-generales-no-universitarias.html.

Por conseguinte, o prazo para a presentación de recurso de reposición por parte dos alumnos comeza o 10 de maio e finaliza o 9 de xunio de 2016.

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2016

Ante a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 14 de marzo de 2016, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria, coa petición da súa difusión entre o posible alumnado beneficiario destas axudas.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 29 de marzo e remata o día 28 de abril.

Programa Vigo en Inglés 2016 (convocatorias ordinaria e extraordinaria)

A Xunta de Goberno Local na súa sesión  do 29/01/16 adoptou o seguinte acordo: "Aprobar as bases reguladoras e convocatorias ordinaria (3º ESO) e extraordinaria (2º Bacharelato) para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa - Vigo en Inglés 2016", que terá aberto o prazo de solicitude dende o vindeiro luns 15 ao venres 26 de febreiro, ambos incluídos. As solicitudes xunto coa documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut