Skip to Content

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2017. Listaxes definitivas

No día de hoxe publícanse na web https://www.edu.xunta.es/axudasle as listaxes definitivas de persoas seleccionadas e de suplentes, así como os destinos, as datas de realización das estadías e as achegas familiares correspondentes en cada caso.

As persoas que facilitaron o seu correo electrónico recibirán por esta vía unha mensaxe na cal se indicará o importe da achega da familia e os datos necesarios para o pagamento da correspondente cantidade. Para todos os solicitantes, a información referente ao pagamento poderán consultala a través da opción do menú "3. Estado solicitude" da páxina web do programa.

Prégase que o recibo de pago se axuste ao formato indicado. No apartado "Concepto" deberá facerse constar o número da solicitude e os apelidos e nome do/a alumno/a.

Suxírese que impriman o correo electrónico ou a información que atoparán no menú da páxina web do programa "3. Estado solicitude" para presentala como formato, no caso de facer o pago a través dunha oficina bancaria.

Ábrese un prazo de 5 días naturais (ata o 13 de xuño) para que os solicitantes fagan o pago da achega familiar e lle remitan á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través dun rexistro oficial ou mediante correo ordinario (será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que na oficina de Correos se poida facer constar o selo e a data, antes de proceder á súa certificación postal), a seguinte documentación:

1. Aceptación ou renuncia á axuda segundo o anexo III.

2. Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta bancaria indicado a través do correo electrónico e no menú "3. Estado solicitude" da páxina web do programa. Este pagamento non terá devolución no caso de renuncia posterior.A non xustificación do ingreso da cantidade indicada dentro do prazo (ata o  de xuño) implica a renuncia á praza adxudicada.

A empresa adxudicataria, unha vez recibido o pagamento, remitirán por correo electrónico a información sobre a estadía (horario de presentación, consellos de equipamento, etc.).

A citada documentación deberá acompañarse pola Instancia para a aceptación ou renuncia á axuda.

Unha vez rematado o prazo indicado, as prazas vacantes seranlles ofertadas ao alumnado suplente por chamamento directo aos teléfonos indicados na solicitude, seguindo a relación publicada de suplentes.



story | by Dr. Radut