Skip to Content

Novas

José Luis Sampedro na biblioteca do Alén

josé luis sampedroA finais de novembro do pasado 2011 aproveitamos a concesión do Premio Nacional das Letras a José Luis Sampedro para presentar algúns enlaces a súa traxectoria vital e literaria, unha traxectoria de militante compromiso humanístico e humano.

Hoxe, despois do seu pasamento, é un bo momento para regresar a aquela páxina.

Aquí tamén podemos acceder ao especial elaborado polo xornal El Pais.

Tamén hoxe, cando Sampedro xa atravesou a fronteira que separa esta vida da biblioteca daforges a sampedro eternidade cuxas portas lle terán sido franqueadas polo seu homónimo San Pedro queremos, dun xeito especial, lembrar o inquebrantable compromiso de José Luis Sampedro a prol da lectura, dos libros e das bibliotecas. E facémolo recollendo unha recensión da súa conferencia "Los libros que me han acompañado" pronunciada a mediados de setembro de 2007 na Biblioteca Nacional, e reproducindo o seu artigo en defensa da lectura e contra os préstamos de pago nas bibliotecas:


Cuando yo era un muchacho, en la España de 1931, vivía en Aranjuez un Maestro Nacional llamado D. Justo G. Escudero Lezamit. A punto dejubilarse, acudía a la escuela incluso los sábados por la mañana aunque no tenía clases porque allí, en un despachito que le habían cedido, atendía su biblioteca circulante. Era suya porque la había creado él solo, con libros donados por amigos, instituciones y padres de alumnos. Sus 'clientes' éramos jóvenes y adultos, hombres y mujeres. Allí descubrí a Dickens y a Baroja, leí a Salgari y a Karl May.

Muchos años después hice una visita a un bibliotequita de un pueblo madrileño. No parecía haber sido muy frecuentada, pero se había hecho cargo recientemente una joven titulada quien había ideado crear un rincón exclusivo para los niños con un trozo de moqueta para sentarlos. Al principio las madres acogieron la idea con simpatía porque les servía de guardería. Tras recoger a sus hijos en el colegio los dejaban allí un rato mientras terminaban de hacer sus compras, pero cuando regresaban a por ellos, no era raro que los niños, intrigados por el final, pidieran quedarse un ratito más hasta terminar el cuento que estaban leyendo. Durante la espera, las madres curioseaban, cogían algún libro, lo hojeaban y a veces también ellas quedaban prendadas.

Tiempo después me enteré de que la experiencia había dado sus frutos: algunas lectoras eran mujeres que nunca habían leído antes de que una simple moqueta en manos de una joven bibliotecaria les descubriera otros mundos.

Y aún más años después descubrí otro prodigio en un gran hospital de Valencia. La biblioteca de atención al paciente, con la que mitigan las largas esperas y angustias tanto de familiares como de los propios enfermos, fue creada por iniciativa y voluntarismo de una empleada. Con un carrito del supermercado cargado de libros donados, paseándose por las distintas plantas, con largas peregrinaciones y luchas con la administración intentando convencer a burócratas y médicos no siempre abiertos a otras consideraciones, de que el conocimiento y el placer que proporciona la lectura puede contribuir a la curación, al cabo de los años ha logrado dotar al hospital y sus usuarios de una biblioteca con un servicio de préstamos y unas actividades que le han valido, además del prestigio y admiración de cuantos hemos pasado por ahí, un premio del gremio de libreros en reconocimiento a su labor en favor del libro.

Evoco ahora estos tres de entre los muchos ejemplos de tesón bibliotecario, al enterarme de que resurge la amenaza del préstamo de pago. Se pretende obligar a las bibliotecas a pagar 20 céntimos por cada libro prestado en concepto de canon para resarcir -eso dicen- a los autores del desgaste del préstamo.

Me quedo confuso y no entiendo nada. En la vida corriente el que paga una suma es porque:

a) obtiene algo a cambio.

b) es objeto de una sanción.

Y yo me pregunto:

¿qué obtiene una biblioteca pública, una vez pagada la adquisición del libro para prestarlo?

¿O es que debe ser multada por cumplir con su misión, que es precisamente ésa, la de prestar libros y fomentar la lectura?

Por otro lado, ¿qué se les desgasta a los autores en la operación?

¿Acaso dejaron de cobrar por el libro?

¿Se les leerá menos por ser lecturas prestadas?

¿Venderán menos o les servirá de publicidad el préstamo como cuando una fábrica regala muestras de sus productos?

Pero, sobre todo: ¿Se quiere fomentar la lectura?

¿Europa prefiere autores más ricos pero menos leídos?

No entiendo a esa Europa mercantil. Personalmente prefiero que me lean y soy yo quien se siente deudor con la labor bibliotecaria en la difusión de mi obra.

Sépanlo quienes, sin preguntarme, pretenden defender mis intereses de autor cargándose a las bibliotecas. He firmado en contra de esa medida en diferentes ocasiones y me uno nuevamente a la campaña.

¡NO AL PRÉSTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS!

José Luis Sampedro

 

Como colofón, este texto da súa autoría inserido nun marca-páxinas conmemorativo do Día do Libro de 1986:

 

Ler enriquécenos a vida. Co libro voamos a outras épocas, e a outras paisaxes; aprendemos o mundo, vivimos a paixón ou a melancolía. A palabra fomenta a nosa imaxinación: lendo inventamos o que non vemos, facémonos creadores.

Agora bérrannos que vale máis a imaxe e coa televisión -a primeira escola- inculcan aos nenos, antes de que falen, os dous desmáns do sistema: a violencia e o consumo. Con esas cadeas o poder político e o económico edúcannos para cidadáns pasivos, sen imaxinación
porque sempre é perigosa para os poderes establecidos. E ante esas imaxes carecemos de voz: non temos medios para televisar contrariamente mensaxes de tolerancia e sensatez (quizais agora, con Internet...).
Hai cinco séculos a imprenta librounos da ignorancia levando a todos o saber e as ideas. O alfabeto fomentou o pensamento libre e a imaxinación: por iso agora quérennos analfabetos. Fronte ás imaxes impostas necesitamos máis que nunca o exercicio da palabra, sempre ao noso alcance. O libro, que ensina e conmove, é ademais agora o mensaxeiro da nosa voz e a defensa para pensar con liberdade.

 

E, para rematar unha proba gráfica de que a lectura e a escritura non separaron ao noso autor das realidades cotiás por tristes que foran: nunha homenaxe ao mar despois da catástrofe do Prestige, acompañado de Manolo Rivas

sampedro e rivas homenaxean o mar despois da catástrofe do Prestige

Premiados nonaxenarios

Enfilamos a recta final de 2011 coa concesión dos premios Nacional das Letras Españolas a José Luis Sampedro e Cervantes a Nicanor Parra. Os galardoados son dous lonxevos inconformistas, economista e escritor catalán o primeiro, científico e antipoeta chileno o segundo. Ámbolos dous, testemuñas privilexiadas de moitos dos avatares do século XX, seguen a iluminar coa súa longa experiencia e a súa recoñecida obra os camiños das xeracións do crítico e indignado século XXI.

E aproveitando estes recoñecementos coñezamos mellor a súa vida e obra.

Nicanor Parra
 

Artigos de El País sobre J. L. Sampedro.

A nova da concesión do premio en Faro de Vigo ou La Vanguardia.

 

Elixe algún dos seguintes enlaces para coñecer o tratamento informativo da concesión do Cervantes  nalgúns xornais:  ABCEl Mundo, El País, El Mercurio, El Progreso, La Voz de Galicia, Público.
 

Páxina oficial do autor

Visita a páxina do autor na BVC e accede a unha escolma dos seus poemas no CVC
 

Aquí podes ler "Desde la frontera", discurso de ingreso na RAE.

Navega pola web que sobre o autor oferta a Universidade de Chile.
 

O que di a Galipedia sobre o escritor.

Premendo aquí accedes á correspondente reseña na galipedia.
 

Neste enlace atoparás o prólogo de José Luis Sampedro a ¡Indignaos! de Stéphane Hessel e aquí unha nova sobre a adhesión do escritor ao movemento do 15 M. ou esta carta da súa autoría.

Se queres ler non só poemas senón tamén críticas, ensaios, artigos, entrevistas entra neste enderezo.
 

Rematemos cun vídeo de reflexións moi actuais do premiado.

Escoitemos, para finalizar, a voz do poeta na recitación de Autorretrato.

Benvido a Tui, pai do Balbino!

 

 

Si, o luns 24 de outubro temos en Tui ao pai literario do Balbino das Memorias dun neno labrego, compartirá con todos nós unhas horas no ano do cincuentenario da publicación desta obra.

Preparámonos para recibilo coñecendo, de xeito sucinto, a súa traxectoria vital e literaria, a presentación editorial de moitas das súas obras ou a súa fundación

Vexamos esta breve entrevista que lle fixeron nun dos moitos institutos que visita:

ou leamos estoutra moito máis longa.

Centrándonos xa nas Memorias, unha obra que admite múltiples lecturas en múltiples soportes e códigos, gocemos dunha das súas adaptacións teatrais e doutra musical.

 

E para finalizar, mentres esperamos que chegue a Tui a exposición Querido Balbino, aproveitemos o seu interesante catálogo.

  

Aquelas pombas... non volverán!

Volverán as bulideiras pombas
no teu balcón os seus niños colgar,
e, outra vez, coa á nos seus cristais
xogando chamarán;
mais aquelas que o voo freaban           
a túa galeguidade e a nosa ledicia ao contemplar,
aquelas que celebraron o teu noventa e sete aniversario...   esas... non volverán!

 

 

Era o último venres de novembro cando emprendiches a viaxe cara a provincia da eternidade. Por iso as pombas que o pasado 7 de xaneiro festexaron o teu aniversario non volverán a viguesa praza de Compostela, onde vivías, para saudar os teus 98 anos.
Co teu pasamento os galegos perdemos a un dos nosos últimos patriarcas, a un indiscutible e indiscutido referente no compromiso coa nosa terra e a súa cultura. Que as bágoas derramadas pola túa ausencia fecunden a semente de galeguidade que nos deixas en herdanza para que agromen froitos vizosos nas próximas primaveras!
Varias veces, nas tenebrosas xornadas da longa noite de pedra, unha anónima voz telefónica lembrouche unha macabra mensaxe: sabe vostede que está vivindo con licenza do enterrador?. O desacougante aviso non foi quen para minguar o teu amor e o teu compromiso con Galicia. Grazas, don Paco!  

Agora que o sepultureiro xa fixo o seu traballo, cómpre que nós fagamos o noso: coñecer a túa traxectoria vital e a túa obra para poder seguir as túas pegadas.

saber o que outros persoeiros e moitos medios de comunicación dixeron de tí:

e quedarnos coa túa presenza e as túas verbas:

 

Na biblioteca atoparedes mostras das súas obras, por exemplo:

 

Don Paco, na vida e na morte, sempre galego bo e xeneroso!

 

 

 

 
O gaiteiro Carlos Núñez rende homenaxe musical a don Paco

 

A terceira Cervantes

matute xoven                     

A escritora de onte a hoxe

A finais do pasado novembro Ana María Matute resultou galardoada co premio Cervantes. Por terceira vez dende a súa institución o premio recoñece a tarefa dunha escritora: antes foron María Zambrano (1988) e a cubana Dulce Maria Loynaz (1992); dezaoito anos despois a escritora catalana e a primeira Cervantes do século XXI.  

 

Parabéns, escritora, con todo o noso cariño!                                                          dedicatoria

                                                      

 

 

 

Este é un bo momento, pois, para adentrarnos na súa biografía e, sobre todo, para reler ou ler a súa obra.
 
Accede, se queres, a súa páxina oficial ou ao que sobre a súa persoa e produción literaria recolle o xornal El País.
 

Parabéns, Odiseo!

 

Si, Odiseo tamén participa no Nobel de Literatura deste ano porque Mario Vargas Llosa recreou a figura do heroe grego na súa adaptación  da inmortal obra homérica.  

 

vargas y sánchez
Odiseo e Penélope (Vargas Llosa e Aitana Sánchez-Gijón)

A concesión deste galardón é un bo momento para coñecer mellor ao autor e a súa obra. Podemos comezar entrando na galipedia, nos especiais xornalísticos do español El Pais ou do peruano El Comercio. Tamén podemos informarnos a través do que aparece nalgúns xornais galegos: La Voz de Galicia, Xornal de Galicia ou Faro de Vigo. E por que non visitar a páxina web do propio Vargas Llosa, a pequena nota que aparece na web da RAE, ou o que outro escritor, o galego Agustín Fernández Paz di sobre o nobel deste ano?

 

Aproveitemos tamén para escoitar o que o propio escritor di da súa obra.

 

E, sobre todo, leamos a súa produción:

 

 
mario vargas
jefespantaleón    ciudad
   

  Na biblioteca municipal poderás conseguir:
conversación    cuadernos   guerra    señorita

 

No pasamento de Saramago

 "A morte anda polas rúas, mais nos currais a vida non rematou"

(Ensaio sobre a cegueira)

Si, a morte atopoute nas rúas da illa de Lanzarote, a túa patria de adopción, mais nos currais da literatura a túa obra perdura, ela fai que habites na illa da Inmortalidade.


"...parecía que chegaramos ao final do camiño e resulta que era só una curva aberta a outra paisaxe e a novas curiosidades."
(O ano da morte de Ricardo Reis)
 
O teu camiño non rematou, o teu pasamento é unha curva aberta cara outros novos horizontes.
 
A ti, que nunha intervención en Tenerife dixeches:"Todos me din que teño que facer exercicio. Que é bo para a miña saúde. Mais nunca escoitei a ninguén que lle diga a un deportista: tes que ler.", queremos renderche unha humilde homenaxe: coñecerte un pouco mellor lendo sobre ti e lendo o teu legado, as túas obras.

Saramago antes, agora e sempre!


         

Novas do pasamento e algúns especiais dos xornais:

http://www.publico.pt/Cultura/morreu-jose-saramago_1442478

http://www.anosaterra.org/nova/falece-o-nobel-jose-saramago.html

http://www.publico.es/especial/saramago/

http://www.elmundo.es/especiales/2010/06/cultura/saramago/

http://www.elpais.com/especial/jose-saramago/

http://www.xornal.com/artigo/2010/06/19/cultura/confesions-do-nobel-ao-seu-amigo-verin/2010061922485001336.html

http://www.anosaterra.org/nova/a-nosa-terra-entrevistou-a-saramago-en-1986-.html

http://www.anosaterra.org/nova/de-como-a-personagem-foi-mestre-e-o-autor-aprendiz--por-jose-saramago.html


Noventa anos con Miguel Delibes

A piques de cumprir os noventa anos déixanos Miguel Delibes, nun día de marzo ao igual que o protagonista da súa novela Cinco horas con Mario. A literatura española, en xeral,  e a narrativa da postguerra, en particular, perden a un dos seus máis senlleiros cultivadores.


Hoxe finou o pai de Daniel el Mochuelo e Camila la Lepórida, de la Régula e Azarías, de Malvino e doña Resu, de Vítora e Quico, de Cipriano Salcedo e Catalina de Bustamante... Eles e tódolos demais protagonistas da súa vasta obra están de loito, nós unímonos a este loito tentando coñecer un pouco mellor a obra deste vallisoletano universal.


É proverbio latino: as verbas voan, o escrito permanece. Delibes, ao longo da súa vida, usou millóns de verbas, moitas voaron (igual que hoxe a súa existencia corporal) pero milleiros e milleiros delas fixéronse carne nos seus libros e habitan nas bibliotecas (na nosa tamén) e fan inmortal ao escritor. Aproveitemos o seu legado lendo algúns dos seus textos; no instituto atoparedes: La sombra del ciprés es alargada, El camino, Las ratas, Cinco horas con Mario, El príncipe destronado, Los santos inocentes e Señora de rojo sobre fondo gris.


Descanse en paz Miguel Delibes!

Delibes co seu inseparable xornal

A triste nova no Xornal de Galicia. Especial sobre Delibes no xornal El País

Un pequeno vídeo sobre o novelista:

 

Onde a Galipedia fala de Miguel Delibes
 
Miguel Delibes nos últimos tempos
 Delibes no Centro Virtual Cervantes.

Portadas dalgunhas das súas novelas

 Todos os capítulos da serie de RTVE "El Camino" ao teu dispor aquí.

 Fragmentos da película "Los Santos inocentes":

 

 

 

Premios nacionais da crítica

Premios nacionais da crítica 
   Chus Pato
   Marcos S. Calveiro

Un xurado de alumnos

O premio de narrativa "Arcebispo Juan de San Clemente" proponse converter a alumnos de bacharelato en protagonistas á hora de outorgar un Premio Literario. O xurado deste premio está formado por alumnos do IES Rosalía de Castro de Santiago, organizador do premio, e de catro institutos máis, elixidos por sorteo, un de cada provincia galega. Isto é o novidoso do premio, pois normalmente os mozos de as mozas son os grandes esquecidos dos xurados literarios e eles poden ter uns gustos e unhas opinións moi diferenciadas que non debemos ignorar.


A XIII edición tivo como Xurado aos alumnos dos Institutos:


  • Cacheiras de Teo

  • Luis Seoane de Pontevedra

  • Foz de Foz

  • Xermán Ancochea Quevedo de Pobra de Trives

  • Rosalía de Castro de Santiago

 

Haruka Murakami  María Reimóndez   Vicente Molina Foix

 

A XIV edición tivo como Xurado aos alumnos dos Institutos:

  • Camilo José Cela de Padrón

  • Pintor Colmeiro de Silleda

  • Nosa Sra. dos Ollos Grandes de Lugo

  • Lauro Olmo de O Barco

  • Rosalía de Castro de Santiago

Anxos Sumai             Julian Barnes               Luis Landero

 Xurados (edicións XIV e XIII)
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut