Xaneiro 2021

Febreiro 2021

Declaración de una Musa
Lo que lees no es una dedicatoria, es un aviso:
No pienso parar hasta que cada palabra que escribas pierda totalmente su sentido.
Pienso reinventar cada uno de los versos y los besos que has ido regalando por ahí durante años.
Voy a colarme entre tus oraciones así como entre tus sábanas.
Voy a dormir en tus horas vivas y en tus horas muertas.
Voy a esconderme en el sabor de cada sorbo de cerveza que saboreen tus labios.
Voy a ser tan parte de ti, que tus poemas van a ser puro narcisismo.



Sara Búho (La Línea de la Concepción, Cádiz, 1991)
https://circulodepoesia.com/2017/06/poesia-espanola-sara-buho/

Febreiro 2021

Virtudes (e misterios)
de
Xesús Fraga   

    Mesturando xéneros como a novela, a crónica ou o diario, o autor conta a emigración desde o lado dos retornados, a partir das vidas vividas e non vividas protagonizadas por tantas mulleres galegas que, levadas pola  adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro  mellor. Historia que  tamén  reflicte a realidade da segunda metade do século XX e as peripecias dun neto abraiado e  dunha  avoa poderosa.
    O zapateiro betanceiro Marcelino, mediado o século XX, seducido polas novas que chegan de Venezuela, cruza o Atlántico coa ilusión de regresar en pouco tempo transformado nun indiano como os seus compatriotas os irmáns García Naveira. Mais, tras varios anos, non só non envía os cartos prometidos á súa casa, senón que el mesmo desaparece, o que obrigará á súa cónxuxe Virtudes a emprender a súa propia emigración cara a Inglaterra...

    (…)-Ai, Marcelino, pero non te das conta de que tres fillas deixas aquí?
    Non foi a única persoa nin a única razón en contra da súa marcha. Houbo quen consideraba que o seu carácter non se axeitaba aos rigores que demandaría o cambio de vida. É certo que se trataba dun artesán esforzado e habelencioso, pero carecía de astucia para os negocios, o único xeito de enriquecerse, por moito que lle asegurasen que en Venezuela a prosperidade era cousa feita . Así llo explicou é probable que con menor crueza o seu amigo mestre e patrón. O señor Pintor, a quen acudiu en busca de consello, ou quizás máis ben, na procura dun préstamo para a pasaxe.
    -A este alá cómeno vivo- seica foi o seu vaticinio en canto saíu do obradoiro.
    (…) Se en Venezuela había oportunidades, por poucas que fosen, sempre serían máis que en Betanzos. As fillas podían quedar temporalmente ao coidado da súa avoa e, unha vez estabilizados, reunir a familia. Entrementres, insistía, teríanse o un ao outro. El respondeu cun non tallante e un argumento tan contundente como taxativo: 
    -Este non é país para mulleres.
    De ter cruzado o Atlántico e ficar en Venezuela, a nosa historia sería ben distinta. (…) Un dos días nos que se presentou no restaurante Os Arcos como camareira de reforzo, unha compañeira faloulle de que no hostal contiguo acababa de se hospedar un sacerdote que viña dunha misión nalgunha das zonas selváticas de Venezuela. A avoa pediu velo e expúxolle o dilema que a agoniaba (…) O que o misioneiro lle quixo facer ver era que si en case cinco anos o home non mandara cartos, non quería volver e non quería que fose ela para alá, sería porque tiña outra familia. (…) Agora a marcha do home tamén a empuxaba a ela a emigrar, xusto na dirección contraria: el en Caracas, ela en Londres, as fillas en Betanzos, confiadas á nai. Mesmo despois de todos os intentos previos, a avoa escribiulle unha carta final, na que lle anunciaba a mudanza e o convidaba, de novo, a reunirse con ela, desta vez en Inglaterra. Non recibiu resposta. Pero o plan de traballar por reunir de novo a familia ficoulle no maxín. Xa non tiña home, pero si tres fillas. E cando Isabel, a maior, fixo os dezaoito, chamouna a Londres canda ela. (…)
    -Avoa, é certo que teño que irme? Que fago?
    -Tes que obedecer á túa nai. Se ela di que tes que ir con ela a traballar para axudar a familia, ela sabe o que é o mellor.
    E deste xeito iniciou a viaxe que habería de cambiar, para sempre, a súa vida. (…) Un ano despois de viviren separadas en Londres, nai e filla atopábanse de novo baixo o mesmo teito.
    En Bramham Gardens miña nai tivo, por primeira vez, un cuarto de seu. Un espazo propio, sen ter que compartilo con irmás ou avoas, moito menos coa aragonesa Lidia, da que vencidos os atrancos iniciais se despedira non como amiga, pero si como compañeira. Tamén estaba no basement, co cal a luz era escasa, en todo caso, menos da que recibían nos andares superiores as estancias das enfermeiras, cos seus armarios ateigados de roupa moderna. Aínda así, era un reduto íntimo, un espazo no que cultivar a imaxinación e, sobre todo, a súa aprendizaxe...

Se premes aquí tes unha entrevista co autor.

 

Tecendo a paz

Nós non queremos coitelos,
cós nosos dedos tecemos a paz:

Nocturno sen patria

Eu non quero un coitelo en mans da patria.
Nin un coitelo nin un rifle para ninguén:
a terra é para todos,
como o aire.

Gustaríame ter mans enormes,
violentas e salvaxes,
para arrincar fronteiras unha a unha
e deixar de fronteira só o aire.

Que ninguén teña terra
como ten traxe:
que todos teñan terra
como teñen o aire.

Collería as guerras da punta
e non deixaría unha na paisaxe
e abriría a terra para todos
coma se fose o aire...

Que o aire non é de ninguén, ninguén, ninguén...
E todos teñen a súa parcela de aire.
 

 Jorge Debravo

http://www.los-poetas.com/k/jorge_poe1.htm#Nocturno%20sin%20patria

Unha pioneira: Lolita Díaz Baliño

Dende o ano 2014 todos os 30 de xaneiro celebramos o Día da Ilustración. Nesta edición, por primeira vez, a homenaxeada é unha muller: Lolita Díaz Baliño, toda unha "artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época".

Esta tía do coñecido Isaac Díaz Pardo e unha pioneira: ilustradora, pintora e docente cunha obra de contrastada calidade e unha das primeiras mulleres numerarias da Real Academia Galega de Belas Artes.

Neste enlace tes máis información sobre esta galega pioneira: https://acorunhadasmulleres.gal/lolita-diaz-balino/

O cartel desta edición pertence á autoría do artista Manel Cráneo.

Ademais catro ilustradoras actuais (Lidia Cao, Nuria Figueiredo, Iria Ribadomar e Laura Romero) ofrecen a súa visión persoal de Lolita Díaz Baliño, mediante ilustracións realizadas ad hoc. Preme aquí e accederás a esas ilustracións.

 

Guerra e Paz na Sétima Arte

Presentación das películas do Cinexornal nº 6

"La paz": un conto de Emilia Pardo Bazán

No 170 aniversario do nacemento de Emilia Pardo Bazán e no centenario do seu pasamento propomos a lectura do seu conto "La paz" incluído nos seus Contos dramáticos.

Declarada la guerra entre los dos bandos enemigos, cada cual pensó en armarse. La elección de jefes no ofrecía dificultad: Pepito Lancín era aclamado por los de los bandos de la izquierda, y Riquito (Federico) Polastres, por los de la derecha. Merecían los dos caudillos tan honorífico puesto. Con su travesura y su viveza de ingenio inagotable, Pepito Lancín conseguía siempre divertir a los compañeros de colegio, discurriendo cada día alguna saladísima diablura y volviendo loco al catedrático de Historia, don Cleto Mosconazo, a quien había tomado por víctima. Ya le tenía dentro del tintero una rana viva; ya le disparaba con la cerbatana garbanzos y guisantes; ya le untaba de pez el asiento para que se le quedasen pegadas las faldillas del gabán; ya le colocaba un alfiler punta arriba en el brazo del sillón, donde el señor Mosconazo tenía costumbre de pegar con la mano abierta mientas explicaba a tropezones las proezas de Aníbal o las heroicidades de Viriato el pastor. Verdad que, después de cada gracia, Pepito Lancín «se cargaba» su castigo correspondiente: ya el tirón de orejas, ya el encierro a pan y agua, ya la hora de brazos abiertos o de rodillas, y cuando algún disparo de la cerbatana hacía blanco en la nariz del profesor, este recogía el proyectil y lo deslizaba bajo la rótula del delincuente arrodillado. Parece poca cosa estarse de rodillas sobre un garbanzo una horita ¿eh? ¡Pues hagan la prueba y verán lo que es bueno!

Le o conto enteiro premendo aquí

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer