Septembro 2021

Outubro 2021: "Rogo" de Xavier Seoane

Rogo

OH VIDA,

das xeracións de rapaces

que pasaron pola miña aula,

a cantos fixeches felices,

a cantos axudaches a cumprir as súas ansias,

a cantos destruíches, a cantos maltrataches?

 

Non

derramarás os teus mellores dons

na súas fráxiles mans?

 

Oh vida. Se tés entrañas,

que non teñan que cumprir o labor dun heroe

para sacar os fillos cara adiante

e gozar dunha vida minimamente amable.

 

Oh vida, ten piedade dos rapaces

que abandonan as aulas.

   (in Razón do Desencanto, Xavier Seoane, 1954)

Outubro 2021: "La Puerta"

La puerta de Manel Loureiro

A descuberta do cadáver dunha rapaza, asasinada mediante unha antiga forma ritual aos pés da mítica “Porta do Alén”, desconcerta aos seus investigadores. A axente Raquel Colina é unha recen chegada a ese recuncho perdido de Galicia para tratar de salvar ao seu fillo, ao que a medicina xa non pode curar. Sen outra alternativa, Raquel recorrerá a unha menciñeira local, que prometía a súa  sanación. Con todo, a misteriosa desaparición da curandeira e o descubrimento da vítima da Porta fan sospeitar a Raquel que ámbolos  dous casos poden estar relacionados.

A Porta  do  Alén, un conxunto megalítico,  está  na cima  do Monte Seixo (Cerdedo-Cotobade). O autor da novela topouse con ela  facendo  sendeirismo: «É un pequeno  Stonehenge galego. No solsticio de inverno o sol ponse a través desa porta. Preto da Porta do Alén, ademais, está o Marco do Vento, un menhir de cinco metros que marca a entrada no territorio do mundo dos mortos. O que máis me chamou a atención é que o lugar mantivese o seu uso a través dos tempos e teña mesmo sobrevivido ao cristianismo» declarou o escritor nunha entrevista para o xornal La Voz de Galicia. Este lugar é o escenario da lectura que che recomendamos para este outubro e que tes ao teu dispor na nosa bibblioteca.

O AUTOR.-Manel Loureiro é avogado de profesión e escritor de vocación, el di que chegou á escrita por accidente. Traballou como guionista e comentarista para a TVG ou Cuarto Milenio, tamén colabora noutros medios como a Cadea SER e o Diario de Pontevedra. Saltou á fama coa publicación das novelas zombie: con Apocalipse Z, que comezou como un blog na internet e terminou sendo unha triloxía. Despois chegaron  O último pasaxeiro, Fulgor e Vinte,  con traducións a varias línguas.

Nas redes sociais:

https://www.instagram.com/manel_loureiro/?hl=es
https://twitter.com/Manel_Loureiro?ref_src=twsrc%5Egoogle%7Ctwcamp%5Eserp%7Ctwgr%5Eauthor

Nos xornais:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/cerdedo/2020/10/23/puerta-novela-cerdedo/0003_202010D23C5995.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2021/08/01/empece-escribir-accidente/0003_202108P1C4996.htm

UN FRAGMENTO DE LA PUERTA.- Santiago tenía la extraña sensación de que todos sus movimientos se habían transformado en una moviola a cámara lenta. Agarró la llave, que estaba helada, y la sacó de entre las zarzas. Con ella entre las manos subió pesadamente los escalones, hasta alcanzar una plataforma superior. Y ahí llegó la primera sorpresa.
    Frente a él se alzaba una estructura compuesta por un puñado de piedras ciclópeas que formaban algo parecido a una puerta. Las dos piedras laterales, cada una de varias toneladas de peso, se levantaban entre la niebla y sostenían un peñasco basto y poco trabajado que hacía de dintel. Quedaba el hueco suficiente para que por aquel vano cruzasen dos personas sin estorbarse, e incluso un tipo tan grande como Santiago pudo cruzar la puerta sin rozar tan siquiera los lados. Parecía algo sacado de otra época. No, se corrigió a sí mismo, era algo sacado de otra época, de un tiempo tan remoto que las personas que habían levantado aquel lugar seguramente ni siquiera pensaban como él.
    Entonces tropezó con la segunda sorpresa. Al principio pensó que era un resto que había quedado abandonado por las brigadas de construcción del parque eólico, quizá un envoltorio de plástico de alguna pieza, o alguna basura por el estilo. Era una mancha blanca en el suelo, medio oculta por los jirones de la niebla, pero que destacaban con claridad sobre el fondo oscuro de las rocas y el musgo. Avanzó un par de pasos y se detuvo como si le hubiesen dado una descarga de alto voltaje.
    Santiago era un tipo valiente -tenía que serlo para subirse a aquellos condenados chismes-, pero sus pelotas se transformaron en un par de canicas de hielo que pugnaban por esconderse dentro de su cuerpo.
    A sus pies, justo al otro lado de la puerta, yacía una chica joven de no más de veintitantos años. Era rubia y estaba muy pálida, casi del mismo color que el vestido blanco de novia que llevaba puesto. Tenía las manos cruzadas sobre su regazo y el pelo estaba desparramado alrededor de su cabeza, dispuesto de forma cuidadosa a modo de corona dorada. A sus pies había numerosas flores, pero lo más perturbador era lo que sostenía entre las manos.
    Aquella chica estaba muerta. Total y absolutamente muerta, y no hacía falta ser un forense para dictaminar aquel hecho. Porque entre sus dedos largos y delicados sostenía un trozo de carne de color rojo brillante y aspecto acuoso. Su propio corazón.
    En medio de su pecho había un enorme boquete de bordes sonrosados que iba creciendo como una flor a medida que la sangre que aun manaba lentamente iba tiñendo el vestido blanco de color rojo, y el órgano que debería estar dentro del pecho se había convertido en el ramo de novia más insano y perturbador que nadie pudiese haber imaginado jamás.
    Un regusto ácido trepó por su garganta, en una oleada incontrolable. Santiago se inclinó para vomitar contra la puerta, pero solo fue capaz de emitir unos jadeos agónicos. Entonces su mirada se detuvo en una mancha oscura situada a sus pies.
    Al ritmo lento de una pesadilla, levantó los ojos y siguió el reguero de (sangresangresangre)  aquella cosa hasta llegar al fardo de ropa que estaba al final del camino de gotas. Tirado como un saco de desperdicios, en una pequeña hondonada, el cuerpo sin vida de Javier le contemplaba con una expresión de terror infinito dibujada en los ojos. Alguien había abierto una extraña sonrisa roja en su cuello y a través de la herida se veían trozos de tendón y músculo que no deberían estar a la vista.
    Santiago dejó caer la llave, sin saber que estaba repitiendo el mismo gesto que había hecho su compañero apenas diez minutos antes. Un gemido sordo, más un balido de terror que otra cosa, se escapaba de su garganta. Con los ojos fuera de las órbitas miraba en todas direcciones, mientras una sensación húmeda y cálida se extendía por sus pantalones.
    Más tarde no recordaría cómo había hecho el trayecto hasta el Navara aparcado al lado del camino. Cuando intentó reconstruir aquel momento, a lo largo de las noches siguientes, siempre le faltaba aquel pedazo, como si su cerebro estuviese tan sobrecargado que se hubiese negado a seguir almacenando información. Solo los arañazos en las manos y la cara le hacían sospechar que había ido a tropezones, medio caminando y medio a rastras, hasta llegar al todo terreno.
    Pero de lo que sí se acordaba perfectamente era de la sensación inequívoca de que allá arriba, mientras huía gimiendo, meado como un niño pequeño y devorado por el terror, no había estado solo
(pp. 23-25)

 

90 anos da aprobación do sufraxio feminino en España

O 30 de setembro de 1931 as Cortes Republicanas comezaron o debate que concluíu coa aprobación o 1 de outubro do sufraxio feminino en España. Desde esa data, toda española maior de 23 anos podía votar. Con anterioridade, nas Cortes Constituintes da República, as mulleres maiores de 23 anos podían presentarse como candidatas, é así como resultaron elixidas deputadas Clara Campoamor, Vitoria Kent e Margarita  Nelken.

Das intervencións en contra e a favor do dereito ao voto feminino destacamos as seguintes:Nóvoa Santos

O doutor Roberto Novoa Santos, da Federación Republicana Galega, dixo:
Por que temos que conceder á muller os mesmos títulos e os mesmos dereitos políticos que ao home? Son por ventura ecuación? Son organismos igualmente capacitados? A muller é toda paixón, toda figura de emoción, é todo sensibilidade; non é, en cambio, reflexión, non é espírito crítico, non é ponderación. Cal sería o destino da República se nun futuro próximo, moi próximo, houbésemos de conceder o voto ás mulleres?

Hilario  Ayuso, do Partido Republicano Federal, defendía que as mulleres puidesen votar a partir dos 45 anos.

 Victoria Kent, do Partido Republicano Radical Socialista, sostivo:
Creo que o voto feminino debe aprazarse, dío unha muller que, no momento crítico de dicilo, renuncia a un ideal” e proseguiu: “cando transcorran uns anos e vexa a muller os froitos da República e recolla a muller na educación e na vida dos seus fillos os froitos da República, entón, Sres. Deputados, a muller será a máis fervente, a máis ardente defensora da República. Se as mulleres españolas fosen todas obreiras, se as mulleres españolas tivesen atravesado xa un período universitario e estivesen liberadas na súa conciencia, eu levantaríame hoxe fronte a toda a Cámara para pedir o voto feminino. Pero nestas horas eu levántome xustamente para dicir o contrario e dicilo con toda a valentía do meu espírito

En resposta a esta última intervención Clara Campoamor defendeu:
As mulleres! Como pode dicirse que cando as mulleres dean sinais de vida pola República concederáselles como premio o dereito para votar? É que non loitaron as mulleres pola República? É que ao falar con eloxio das mulleres obreiras e das mulleres universitarias non está a cantar a súa capacidade? Ademais, ao falar das mulleres obreiras e universitarias, vai ignorar a todas as que non pertencen a unha clase nin á outra? Non sofren estas as consecuencias da lexislación? Non pagan os impostos para soster ao Estado na mesma forma que as outras e que os homes?

clara campoamor(...) Non esquezades que non sodes fillos de home tan só, senón que se reúne en vós o produto dos dous sexos. En ausencia miña e lendo o diario de sesións, puiden ver nel que un doutor falaba aquí de que non había ecuación posible e, con espírito herdado de  Moebius e Aristóteles, declaraba a incapacidade da muller.

A iso, un só argumento: aínda que non queirades e se acaso admitides a incapacidade feminina, votades coa metade do voso ser incapaz. Eu e todas as mulleres a quen represento queremos votar coa nosa metade masculina, porque non hai dexeneración de sexos, porque todos somos fillos de home e muller e recibimos por igual as dúas partes do noso ser, argumento que desenvolveron os biólogos. Somos produto de dous seres; non hai incapacidade posible de vós a min, nin de min a vós.

(...) A muller española espera hoxe da República a redención súa e a redención do fillo. Non cometades un erro histórico que non teredes nunca bastante tempo para chorar ao deixar á marxe da República á muller, que representa unha forza nova; que foi simpatía e apoio para os homes que estaban nos cárceres; que sufriu en moitos casos como vós mesmos, e que está  anhelante, aplicándose a si mesma a frase de  Humboldt de que a única maneira de madurarse para o exercicio da liberdade e de facela accesible a todos é camiñar dentro dela.

Finalmente, na votación, houbo 161 votos a favor, 121 en contra e 188 abstencións, quedando aprobada a proposta.

Case dous anos despois, nas eleccións xerais do 19 de novembro de 1933,  as mulleres puideron votar por primeira vez.

Recreación dalgunhas intervencións deste histórico debate sobre o voto feminino:

 

O discurso de Clara Campoamor:

 

Presentación da película Clara Campoamor, a muller esquecida:

Créditos:

https://canalhistoria.es/hoy-en-la-historia/aprobado-sufragio-femenino-espana/

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer