amor

De amoribus (XI)

    A FIDELIDADE

    O 9 de marzo de 1935, Hachikō foi encontrado morto fronte á estación de Shibuya, Xapón, tras esperar infrutuosamente durante máis de dez anos ao profesor Ueno, o seu amo. ​Ao lado da tumba do profesor, no cemiterio de Aoiama-Tokio construíuse un monolito co seu nome.

    Hachikō foi enviado dentro dunha caixa desde a prefectura de Akita deica a estación de Shibuia (dos días nun vagón de equipaxe). Cando os criados do profesor o foron retirar, creron que morrera, porén cando o profesor lle achegou unha cunca de leite reanimouse. O profesor deuse conta de que tiña as patas de adiante algo tortas e deulle o nome de Hachikō (oito en xaponés).

    Cando a filla profesor casou e foi vivir á casa paterna de seu esposo, o profesor pensou en regalarlle a Hachi, pero pronto se encariñou co can que o adoraba.tumba

    O can acompañábao á estación para despedirse  todos os días cando o seu dono ía dar clases e ao  final do día volvía á estación a recibilo. Esta rutina foi percibida polas persoas que transitaban polo lugar e polos donos dos comercios da zona.

    Cando o profesor morreu dun ataque, o can quedou esperando na estación a que volvese. Os transeúntes e veciños compadecidos comezaron a darlle de comer e o seu caso conmoveu á opinión pública. Dez anos despois o can morreu e no lugar ergueuse unha estatua de bronce que lembra a súa fidelidade deica a morte.

   Curiosamente a súa é unha das razas consideradas potencialmente perigosas, co que de novo comprobamos que no é o can, senón o amo, que o fai perigoso.

https://es.wikipedia.org/wiki/Hachik%C5%8D

De amoribus (X)

UN EMPERADOR TRANSEXUAL

Falaremos de Heliogábalo (emperador romano entre os anos 218 e 222) cuxa orientación e identidade sexual son obxecto de discusión.

Casou en cinco ocasións con mulleres, unha delas a sacerdotisa vestal Xulia Aquilia Severa. Cómpre sinalar que, na antigaheliogabalo Roma, as vestais consagraban a súa vida á deusa do fogar, Vesta, e debían permanecer virxes durante trinta anos. Heliogábalo xustificou a súa conduta dicindo que casaba coa vestal para ter unha descendencia que se parecería aos deuses.

Tampouco ocultou a atracción que sentía polas persoas do seu mesmo sexo.  Neste senso e segundo Dión Casio, a súa relación máis estable parece ser a que mantivo con Hierocles, un escravo auriga  que adquirira gran prestixio nas carreiras de cuadrigas e ao que se refería como o seu marido pois nas súas relacións homosexuais Heliogábalo adoptaría abertamente un rol de submisión cos seus amantes masculinos, algo mal visto en Roma e aínda peor no caso do emperador. A tal extremo chegaba a submisión de Heliógabalo (Herodiano descríbeo como “encantado de ser chamado a amante, a esposa, a raíña de Hierocles”) que desexou nomear césar a Hierocles e exercer el de consorte para todos os efectos, algo que o Senado rexeitou rotundamente.

A Historia Augusta sostén que tamén casou cun home chamado Aurelio Zotico, un atleta de Esmirna máis dotado para o sexo que para o deporte, esta relación rematou co envelenamento de  Zotico promovido polo celoso Hierocles segundo algunhas fontes ou co seu exilio, segundo outras porque non satisfixo o apetito sexual do emperador.

Tanto Dión Casio como Herodiano din que  Heliogábalo coidaba a súa beleza natural lucindo demasiado maquillaxe, pintando os ollos, depilándose, lucindo perrucas, adornándose con colares de ouro e vestindo roupas delicadas e lixeiras.

O mesmo Herodiano faise eco de que o emperador ofrecera cartos a esgalla ao médico que puidese dotalo de xenitais femininos polo que talvez esteamos ante o primeiro personaxe histórico imaxe modernatransxénero, moi probablemente transexual.
Nos prostíbulos e no mesmo pazo imperial gozaba dos servizos das prostitutas, incluso vestíase e comportábase como unha delas e dáballes consellos para ser máis hábiles nas artes amatorias. 

Para altos cargos imperiais designaba  a algúns dos seus amantes masculinos, primando aos máis atractivos, ou incluso a aqueles que tivesen un pene máis grande.

O goberno excéntrico deste emperador rematou o 11 de marzo do 222 cando polos seus propios gardas foi afogado na mesma latrina onde se refuxiara.  O seu corpo foi arrastrado por Roma e colgado de garfos, logo o seu cadáver é arroxado ao Tíber, tiña 18 anos.

CRÉDITOS:

http://lialdia.com/2011/07/heliogabalo-el-emperador-travesti/
http://lialdia.com/2011/03/heliogabalo-varius-avitus-bassianus/#more-27123
https://www.lavanguardia.com/historiayvida/la-vida-sexual-del-emperador-heliogabalo_12216_102.html
https://psicologiaymente.com/biografias/heliogabalo
https://www.merca2.es/heliogabalo-emperador-dia-puta-noche/
Busto de Heliogábalo. Foto: Wikimedia Commons / José Luis Bernardes Ribeiro / CC BY-SA 4.0.

 

De amoribus (IX)

ÁLVARO POMBO

    Poeta e escritor nado en Santander o 23 de xuño de 1939. Estudou Filosofía e Letras na Universidade Complutense de apomboMadrid, completando a súa formación no Birkbeck College de Londres. É coñecido pola súa obra narrativa e polo seu activismo político.

    Pombo iniciouse na literatura de mans da poesía con Protocolos e pronto conseguiu o seu primeiro éxito ao gañar o Premio Bardo. En 1983 resultou gañador do Premio Herralde afianzándose como unha voz fundamental na narrativa contemporánea española, algo que confirmaría máis tarde co Premio Nacional de Narrativa por Donde las mujeres, o Planeta por La fortuna de Matilda Turpin ou o Nadal de 2012 por El temblor del héroe.

    A profundidade psicolóxica e filosófica dos seus personaxes vai unida sempre a un peculiar sentido do humor.

   Na obra de Pombo apréciase o seu interese pola situación da homosexualidade en España. El mesmo viviu a represión franquista por ser homosexual durante os tempos da ditadura. Foi despedido do seu cargo de profesor e tivo que fuxir do país.

   En 2002, Pombo foi elixido membro da Real Academia da Lingua Española, onde ocupa a cadeira  j minúscula.

http://www.lecturalia.com/autor/675/alvaro-pombo

http://image.posta.com.mx/sites/default/files/pombo.jpg


De amoribus (VIII)

CARLA ANTONELLI

Carla Antonelli (Tenerife, 1959) é o nome artístico de Carla Delgado Gómez, unha actriz, política e recoñecida activista dos dereitos LGBT. Desde 2011 é deputada da Asemblea de Madrid polo Partido Socialista Obreiro Español, converténdose na primeira e única muller transexual de España en acceder ao devandito cargo.carla

Carla  Antonelli foi Corifea, líder do coro de mulleres da comedia de Aristófanes titulada Lisístrata  que se representou no teatro romano de  Mérida, sendo a primeira vez que unha actriz transexual interpretou un personaxe principal no teatro  emeritense. A obra converteuse no espectáculo máis visto de toda a historia do Festival de  Mérida con case 30.000 espectadores.

No 2014 preséntase o documental A viaxe de Carla, dirixido por Fernando  Olmeda, que relata a vida de Carla  Antonelli. A cinta resultou a gran triunfadora do  XIX  LesGaiCineMad (Festival Internacional de cinema  lésbico,  gai e transexual de Madrid), ao conquistar dous dos galardóns máis importantes do  palmarés. O público elixiu esta historia como Mellor Documental (nacional e internacional) e Mellor Obra Española, o único galardón con dotación económica do festival. A viaxe de Carla tamén obtivo o Premio do Público ao Mellor Documental do X Festival de Cinema LGTB de Andalucía  AndalesGai.

https://www.elespanol.com/reportajes/20170623/225978269_0.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Carla_Antonelli
http://www.carlaantonelli.com/biografiaaaaaaa1.htm
http://www.carlaantonelli.com/notis-11082010-lisistrata-obra-mas-vista-festival-merida.htm

De amoribus (VII)

UN EXÉRCITO GAI

Górgidas, a comezos do século IV a. C., organiza en Tebas unha unidade de elite con tropas escollidas, o famoso Batallón Sacro, formado por cento cincuenta parellas de erómenes-erastés (amados-amantes) masculinos que pelexaban  de xeito conxunto. Este batallón baseado na educación pederástica grega, é dicir, nunha parella homoerótica integrada por un home de maior idade "heniochoi" ou “condutor” e un pupilo ou compañeiro "paraibatai", apoiábase na crenza de que un exército formado por parellas de amantes sería invencible pois considerábase que o mozo adolescente loitaría ata a morte á beira do seu mentor. 

queroneaSe cadra este foi un dos mellores exércitos que viu a antigüidade; o batallón sacro de Tebas foi quen de derrotar aos temibles espartanos nas batallas de Leuctra e Mantinea e só sucumbiu ante os exércitos do gran Filipo de Macedonia e o seu fillo Alexandre Magno en Queronea (338 a.C.). Segundo Plutarco o propio Filipo recoñeceunos : “O vitorioso Filipo pousou a súa mirada nos cadáveres e preguntou: -Quen son estes case trescentos mortos abrazados entre si afundidos e unidos en morte e en amor. Respondéronlle: -Son os de Tebas, o Batallón Sacro de Pelópidas de amantes e de amados, os virís de Tebas da estirpe de Layo. Filipo respondeu: -Pereza o home que sospeite que estes homes ou sufriron ou fixeron algo inapropiadamente.”

No diálogo platónico O banquete explícase a efectividade dun exército así formado: “(…) se por calquera circunstancia, un estado ou un exército puidesen estar compostos só de amantes e de amados, non habería pobo que levase máis alto o horror ao vicio e a emulación da virtude. Os homes, así unidos, aínda que en pequeno número, poderían en certo xeito vencer ao mundo enteiro”

“Non hai home tan covarde a quen o amor non inflame de valor e faga semellante a un heroe” pois, como sinala Platón, a maior deshonra á que estaba exposto un home era realizar accións deshonrosas diante do seu amante, polo que un exército formado por amantes evitaría realizar accións vergoñentas na derrota “se un home que ama comete unha mala acción ou sofre unha aldraxe sen rexeitala, non haberá pai, nin parente nin ninguén no mundo ante quen este home senta tanta vergoña de presentarse como ante o ser a quen ama”. Mais tamén evitará tomar accións crueis na vitoria, tan frecuentes nos exércitos. “Nada como o amor pode inspirar ao home o necesario para levar unha vida honesta: quero dicir o horror ao mal e a emulación do ben”.

Outra circunstancia a ter en conta neste modelo de exército é a inmensa solidariedade entre os seus integrantes, xa que ningún sentimento ou motivación é máis poderoso que o intento de salvar a vida á persoa que amas “preferiría morrer mil veces, sobre todo, antes de deixar en perigo ao seu ben amado e abandonalo sen socorrelo” e ningún tan terrible como a vinganza ante a perda do ser amado, polo que a ferocidade destes exércitos tamén resulta temible. morte epaminondas

En parecidos termos exprésase Plutarco: “un batallón cimentado pola amizade baseada no amor nunca romperá e é invencible; xa que os amantes, avergoñados de non ser dignos ante a vista dos seus amados e os amados ante a vista dos seus amantes, desexosos arróxanse ao perigo para o alivio duns e outros”

Se á efectividade que proporcionan os lazos amatorios engadimos unha estudada planificación estratéxica que substitúe a falanxe continua tradicional por unha liña en cuña e de maior profundidade, onde o Batallón Sacro á esquerda da fronte carga contra as tropas de elite rivais, o seu maior empuxe e forza de carga permitiralles copar a fronte dereita do inimigo e rodear ao resto do exército. O que explicaría os éxitos militares que facilitaron a hexemonía de Tebas na época de Pelópidas e Epaminondas.
 
CRÉDITOS:

TEXTOS:

https://www.jotdown.es/2018/09/los-hijos-de-eros-homosexualidad-militar-en-la-grecia-clasica/
http://historsex.blogspot.com/2017/08/la-pederastia-militar-el-batallon.html
https://ecmes.wordpress.com/2007/04/03/los-otros-300-el-ejercito-gay/
https://revistadehistoria.es/pelopidas-epaminondas-batallon-sagrado-tebas/
https://www.sergioalejogomez.com/batallon-sagrado-tebas/

IMAXES:
David Angers (1788 – 1856), A  morte de Epaminondas
https://assets.arrecaballo.es/wp-content/uploads/2014/03/batalla-de-queronea-338-ac-alejandro-atacando.png

De amoribus (VI)

QUEN FOI SAN VALENTÍN?

Cada 14 de febreiro lémbrase a San Valentín, patrón dos namorados. Segundo a tradición, durante a persecución aos cristiáns nos primeiros séculos o santo poñía en risco a súa vida para unir ás parellas en matrimonio.sanvalentin

A súa celebración foi asociada coa crenza común na Idade Media, xeralmente en Inglaterra e Francia, de que o 14 de febreiro as aves comezan a  aparearse.

En antigos  martiroloxios menciónase na data do 14 de febreiro polo menos a tres santos de nome Valentín, todos eles  mártires. Son estes:

1.- O primeiro foi un sacerdote de Roma que poñía en risco a súa vida para unir ás parellas en matrimonio. O emperador  Claudio II prohibiuno porque ao seu xuízo os solteiros sen fillos eran mellores soldados. San Valentín ao consideralo inxusto desafiouno. O santo foi detido e enviado polo emperador ao prefecto de Roma, quen ao ver que todas as súas promesas para facelo renunciar á súa fe eran ineficaces, mandou que o golpeasen e despois decapitárono.

2.- Outro San Valentín foi o bispo de  Pignataro  Interamna (actualmente  Terni, en Italia), famoso pola súa predicación, milagres e curacións. Foi decapitado en tempos do emperador romano Marco Aurelio. Matárono de noite e en segredo para evitar a reacción do pobo de  Terni onde era moi amado. Enterrárono na Vía  Flaminia, entre Roma e  Terni.

3.- O último San Valentín foi  martirizado en África xunto con un certo número dos seus compañeiros. Non se ten moita información del.

Actualmente, el é un dos santos máis coñecidos no mundo sendo a súa unha das festividades máis mercantís.

https://www.ngenespanol.com/travel/la-leyenda-de-san-valentin/

 

De amoribus (V)

OSCAR WILDE

  Naceu en Dublín en 1854 (daquela todavía non se separara a Irlanda Católica de Gran Bretaña) e morreu en Paris en 1900. É considerado un dos máis notables narradores, poetas  e, sobre todo, dramaturgo da última etapa da Inglaterra Victoriana.  A súa personalidade brillante,  o seu agudo e pouco convencional inxenio e  unha persoanalidade extrovertida o convertiron nunha celebridade no Londres da época.


 wilde Foi fillo de intelectuais, o pai foi cirurxián e arqueólogo e a súa nai poeta e nacionalista. Combinou os seus estudos universitarios (Trinity College de Dublín, Magdalen College de Oxford…) con viaxes , estando en Italia, Grecia, Francia e Estados Unidos. Pronto se convertiu nun autor de éxito, por mor do seu inxenio punzante  co que fustigaba as hipocrisías dos seus contemporáneos. En 1884 casou con Constance Lloyd, que lle deu dous fillos que rexeitarían o apelido paterno despois dos acontecementos de 1895.


 A súa homosexualidade estará latente nalgunhas das súas obras, especialmente no Retrato de Dorian Gray onde moitas pasaxes tiveron que ser censuradas polo seu contido abertamente homosexual, algo que na Inglaterra victoriana era motivo de escándalo e de castigo.


  O seu éxito viuse truncado en 1895, cando o marqués de Queenberry  incia unha campaña de difamación  acusandoo de corromper ao seu fillo, lord Alfred Douglas “Bosi”. A denuncia causou un gran escándalo, sendo xulgado e castigado a dous anos de traballos forzados. Desta época é a súa aclamada obra  Balada do cárcere e De profundis, obra na que Wilde describe o que sentía por Douglas. Despois disto, foi repudiado pola sociedade inglesa e pola súa propia familia. Recobrada a liberdade volveu a reunirse con Alfred en Nápoles, onde conviviron durante uns meses. A falta de fondos e as desavinzas entre eles puxeron fin a esta relación. Oscar Wilde  cambiou de nome e apelido (adoptou o de Sebastian Melmoth) e marchou para París. Os seus últimos anos de vida estiveron caracterizados pola penuria económica, a bebida e os problemas de saúde. Morreu solo, pobre e despreciado a idade de 46 anos. Co paso do tempo a súa figura volvería a ser rehabilitada, convertíndose nun dos autores contemporáneos máis coñecidos de fala inglesa  sendo a súa obra traducida a case todas as linguas.

https://www.biografiasyvidas.com/biografia/w/wilde.htm

https://www.muyhistoria.es/contemporanea/articulo/el-final-de-oscar-wilde-651480325157

De amoribus (IV)

OS AMORES  PROHIBIDOS

  Ao longo da historia sempre xurdiron amores prohibidos, aqueles que estiveron por enriba de convencionalismos sociais, leis, tabús ou relixións. A historia de amor de Marcela e Elisa falanos deses amores.

  Marcela e Elisa coñecéronse a mediados da década de 1880 na Escola Normal da Coruña cando estudaban maxisterio. Entre elas foise establecendo unha íntima amizade, que axiña se converteu en amor. Aínda que os país de Marcela fixeron o posible para afastar a súa filla de Elisa, os seus esforzoselisa marcela resultaron inútiles.

  En 1888 comezan a súa andaina como mestras en diversas escolas dos concellos de Coristanco, Vimianzo e Dumbría, procurando que os seus destinos estivesen o máis próximos posibles. Ante as sospeitas que puidera levantar a súa  convivencia comezaron a argallar unha historia que lles permitise vivir xuntas . Simulando unha disputa entre elas,  Elisa vai abandonar Dumbria anunciando que ten previsto embarcarse para a Habana. Namentras, Marcela fai saber aos veciños o seu propósito de casar cun curmán de Elisa que chegaría próximamente a Galicia, chamado Mario (o que explicaría o gran parecido que este tería con Elisa).

   Na Coruña, Elisa transfórmase en Mario: corta o pelo, viste roupas de home, fuma e cultiva un modesto bigote. Para legalizar a nova identidade, dirísexe á igrexa de san Xurxo  e confésalle  ao párroco que quería ser  bautizado,  alegando que o seu pai era protestante. Coa nova identidade xa legalizada, Mario(Elisa) arranxa os papeis para a voda,  que se celebra  o 8 de xuño de 1901. Volven , xa como marido e muller, para Dumbría onde se descubre o engano.

   Mario vese obrigado a fuxir e volve á Coruña,  sendo citado polo párroco de san Xurxo  na reitoral. Mario trata de defenderse alegando que é hermafrodita e que nese momento predomina nel o elemento masculino. Recoñecida por un médico a súa condición femenina o engano queda descuberto.

  Acurraladas polas autoridades teñen que abandonar Galicia,  refuxiándose en Porto onde viven unha tempada. Descubertas e detidas pola policía portuguesa as autoridades españolas piden que sexan entregadas  á  xustiza española, máis os portugueses  néganse sen unha petición formal de extradición. Foron encarceradas, xulgadas e absoltas, causando unha gran expetación o caso no país veciño (a prensa falaba do “matrimonio sen home”). As autoridades españolas presentan a solicitude de extradición, polo que tiveron que fuxir de novo, esta vez con destino a Buenos Aires.

  En Buenos Aires traballaron de criadas, como moitas outras compatriotas. Pero isto non lles permitía vivir xuntas sen levantar sospeitas; en 1904 Elisa decide casar cun dinamarqués  xa maior, posiblemente esperando que non durase moito e así adquirir os recursos económicos  que lle permitísen retormar  a convivencia con  Marcela. Descurberta a identidade da súa esposa, o marido denúnciaa. O xuiz, unha vez comprobado por tres médicos que Elisa é unha muller, decidiu sobreseer o caso. A partir de entón, cando as autoridades perden o interese por elas, pérdeselles a pista. Gustaríanos pensar  que ao final Marcela e Elisa puideron vivir o seu amor como sempre quixeron,  a pesar da estreita marxe que a sociedade do momento deixaba a estes amores prohibidos.

Fonte: Consello da Cultura Galega en “álbum de mulleres”. xenero@conselloda cultura.org
Autor:Narciso de Gabriel Fernández (2009).


De amoribus (III)

EU SON MILK

Harvey  Bernard  Milk foi un político e activista estadounidense, que se converteu no primeiro home abertamente homosexual en ser elixido para un cargo público nos Estados Unidos, como membro da Xunta de Supervisores de San Francisco en 1977.

Milk naceu o 22 de maio de 1930 e creceu en Nova York, onde aceptou a súa homosexualidade sendo adolescente; con todo, mantivo a súa orientación sexual en segredo ata converterse en adulto. A súa experiencia na  contracultura da década de 1960 permitiulle abandonar moitos dos seus puntos de vista conservadores sobre a liberdade individual e a expresión da sexualidade.

Aínda que era moi inquieto —traballaba en diferentes profesións e cambiaba de casa con frecuencia—, enMILK 1972 decidiu trasladarse definitivamente a San Francisco. Asentouse no distrito de Castro, unha veciñanza que entón experimentaba un importante fluxo migratorio de homosexuais, e abriu a tenda Castro  Camera, que se convertería máis adiante na sede central das súas campañas e punto de reunión dos seus colaboradores.

Milk sentiuse chamado a presentarse como candidato a supervisor da cidade de San Francisco en 1973, aínda que atopou certa resistencia na orde política gai establecida ata entón. A súa campaña foi comparada co teatro: era descarado, directo, animado e extravagante, gañando a atención dos medios de comunicación e obtendo unha apreciable cantidade de votos, aínda que non os suficientes para ser elixido.

Fixo campaña de novo nas dúas eleccións seguintes, alcumándose a si mesmo como o «alcalde da rúa Castro». Os votantes foron suficientes para permitirlle presentarse tamén á Asemblea Estatal de  California.


Aproveitándose da súa crecente popularidade, dirixiu o movemento político gai en feroces batallas contra as iniciativas  antihomosexuais.

Milk foi elixido supervisor en 1977, despois de que San Francisco reorganizase o seu procedemento electoral para elixir representantes por barrios no canto de realizar unha única votación a nivel da cidade. Estivo once meses no posto de supervisor municipal e foi responsable da aprobación dunha estrita ordenanza sobre os dereitos dos gais en San Francisco.

O 27 de novembro de 1978,  Milk e o alcalde George  Moscone foron asasinados por Dan White, outro supervisor da cidade que dimitira recentemente e quería recuperar o seu cargo. Tanto a elección de  Milk como os sucesos que seguiron ao seu asasinato puxeron de manifesto a liberalización das actitudes cidadás en San Francisco e os conflitos políticos existentes entre o goberno da cidade e unha forza policial conservadora.

Milk converteuse nunha icona e en «un mártir polos dereitos dos gais», de acordo ao profesor Peter Novak da Universidade de San Francisco. Mentres que as clases políticas dirixentes da cidade insistían en que os gais debían colaborar cos políticos liberais e conterse na loita polos seus obxectivos, el animábaos abertamente a empregar o seu crecente poder na cidade e a apoiarse entre si.

En 2002 consideróuselle «o funcionario abertamente  LGBT máis famoso e influente xamais electo nos Estados Unidos». O escritor John  Cloud sinalou así a súa influencia: «Tras desafiar a clase gobernante de San Francisco en 1977 para converterse nun membro do panel de supervisores, moitas persoas —heterosexuais e homosexuais— tiveron que axustarse a unha nova realidade que el encarnaba: que os gais podían levar unha vida honesta e de éxito»

https://culturizando.com/personajes-harvey-milk-lider-de/

 

De amoribus (III)

Virginia Woolf, referente feminista e da visibilidade lésbica


A obra da escritora británica Virginia Woolf está chea de denuncia contra a guerra e a opresión sufrida pola muller. Desafiou a moran Vitoriana do seu tempo e influíu en numerosas autoras.  virginia
 
Tanto nas súas novelas coma nos seus ensaios Virginia Woolf criticaba as normas sociais, patexándoas como algo ridículo. A moral da época trataba de cargar de vergoña os sentimentos e as palabras, sobre todo as das mulleres. Por iso ela ía en contra de todo iso. Desa idea nace Virgnia Woolf como escritora.
Tanto ela como o seu marido, o editor Leonard Woolf, posicionáronse contra as guerras mundiais e o fascismo. Outro tema habitual na obra de Woolf é a opresión da muller, tanto no entorno familiar coma no social, polo que é considerada unha precursora do feminismo na literatura. 


Virginia Woolf namorouse da tamén escritora Vita Sackville-West en 1922 e ambas mantiveron unha relación secreta que duraría anos e que daría como froito a novela  Orlando (1928), una auténtica xoia, precursora da literatura de xénero, na que Vita inspira o personaxe de Orlando, unha heroína transexual que amará a homes e mulleres en distintos puntos da obra. Esta obra é de vital importancia xa que a sociedade vitoriana era profundamente LGBTI fóbica, contando con penas de cárcere para “os delitos contra las personas”. 


(adaptado de http://www.izquierdadiario.es/Virginia-Woolf-referente-feminista-y-de-la-visibilidad-lesbica?id_rubrique=2653)
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer