De amoribus (X)

UN EMPERADOR TRANSEXUAL

Falaremos de Heliogábalo (emperador romano entre os anos 218 e 222) cuxa orientación e identidade sexual son obxecto de discusión.

Casou en cinco ocasións con mulleres, unha delas a sacerdotisa vestal Xulia Aquilia Severa. Cómpre sinalar que, na antigaheliogabalo Roma, as vestais consagraban a súa vida á deusa do fogar, Vesta, e debían permanecer virxes durante trinta anos. Heliogábalo xustificou a súa conduta dicindo que casaba coa vestal para ter unha descendencia que se parecería aos deuses.

Tampouco ocultou a atracción que sentía polas persoas do seu mesmo sexo.  Neste senso e segundo Dión Casio, a súa relación máis estable parece ser a que mantivo con Hierocles, un escravo auriga  que adquirira gran prestixio nas carreiras de cuadrigas e ao que se refería como o seu marido pois nas súas relacións homosexuais Heliogábalo adoptaría abertamente un rol de submisión cos seus amantes masculinos, algo mal visto en Roma e aínda peor no caso do emperador. A tal extremo chegaba a submisión de Heliógabalo (Herodiano descríbeo como “encantado de ser chamado a amante, a esposa, a raíña de Hierocles”) que desexou nomear césar a Hierocles e exercer el de consorte para todos os efectos, algo que o Senado rexeitou rotundamente.

A Historia Augusta sostén que tamén casou cun home chamado Aurelio Zotico, un atleta de Esmirna máis dotado para o sexo que para o deporte, esta relación rematou co envelenamento de  Zotico promovido polo celoso Hierocles segundo algunhas fontes ou co seu exilio, segundo outras porque non satisfixo o apetito sexual do emperador.

Tanto Dión Casio como Herodiano din que  Heliogábalo coidaba a súa beleza natural lucindo demasiado maquillaxe, pintando os ollos, depilándose, lucindo perrucas, adornándose con colares de ouro e vestindo roupas delicadas e lixeiras.

O mesmo Herodiano faise eco de que o emperador ofrecera cartos a esgalla ao médico que puidese dotalo de xenitais femininos polo que talvez esteamos ante o primeiro personaxe histórico imaxe modernatransxénero, moi probablemente transexual.
Nos prostíbulos e no mesmo pazo imperial gozaba dos servizos das prostitutas, incluso vestíase e comportábase como unha delas e dáballes consellos para ser máis hábiles nas artes amatorias. 

Para altos cargos imperiais designaba  a algúns dos seus amantes masculinos, primando aos máis atractivos, ou incluso a aqueles que tivesen un pene máis grande.

O goberno excéntrico deste emperador rematou o 11 de marzo do 222 cando polos seus propios gardas foi afogado na mesma latrina onde se refuxiara.  O seu corpo foi arrastrado por Roma e colgado de garfos, logo o seu cadáver é arroxado ao Tíber, tiña 18 anos.

CRÉDITOS:

http://lialdia.com/2011/07/heliogabalo-el-emperador-travesti/
http://lialdia.com/2011/03/heliogabalo-varius-avitus-bassianus/#more-27123
https://www.lavanguardia.com/historiayvida/la-vida-sexual-del-emperador-heliogabalo_12216_102.html
https://psicologiaymente.com/biografias/heliogabalo
https://www.merca2.es/heliogabalo-emperador-dia-puta-noche/
Busto de Heliogábalo. Foto: Wikimedia Commons / José Luis Bernardes Ribeiro / CC BY-SA 4.0.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer