Educación Física

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

PROFESORADO

 Francisco Manuel Parada Carballa

MATERIAS

 Educación Física 1º,2º, 3º, 4º ESO

 Educación Física 1º Bacharelato

Programación 2018-19

 

Charla da Asociación de Amigos do Camiño do Inverno

O 29 de marzo visitounos a presidenta da Asociación de Amigos do Camiño do Inverno, Aida Menéndez López, para falarnos do traballo reinvindicativo que dende moitos anos leva facendo esta asociación para o recoñecemento do camiño do Inverno, o único que pasa polas catro provincias galegas, así como do traballo que aínda queda a partir da súa oficialización o verán pasado. Adquirimos para a biblioteca a guia do camiño editada por ela mesma.

 

 

O Camiño no xornal escolar

Mirando polo camiño

O 30 de setembro acudimos a Monforte invitados pola Asociación de Amigos do Camiño do Inverno, para participar xunto a outros centros da comarca de Lemos nunha andaina no tramo final da 4ª etapa (Quiroga-Monforte). Esta actividade foi o punto de partida para motivarnos a participar no proxecta Mirando polo Camiño.

Plan de Orientación Deportiva Escolar Saudable (PODES)

Asesoramento para
o adestramento persoalizado
Préstamo de material
para o lecer activo

 

 

   
  Taboleiro de novas relacionadas co deporte. Especial atención ás relacionadas co noso alumnado e cos valores.

 

Carteis motivadores.

 

Información sobre estudos posteriores nesta área.

 

 Celebracións varias.

 

 

1ª CARREIRA DE ORIENTACIÓN DO VAL DE QUIROGA

O albergue de Quiroga organiza unha Carreira de Orientación na que podedes participar. Se vos apuntades dicindo que sodes do instituto tendes un prezo especial. Pedide a folla de inscrición en conserxería e entregádella a Sabela (xunto cos cartos) antes do mércores 27 de novembro. Os menores de idade debedes traer cuberta tamén a autorización dos vosos titores legais. Eu estarei por alí pero esta NON É UNHA ACTIVIDADE DO INSTITUTO.

NATACIÓN NO BARCO DE VALDEORRAS

O Departamento de Educación Física quere propoñer un curso de natación de 7 sesións no Barco de Valdeorras. O horario sería de 16:10 a 18:15 aproximadamente, cunha clase de 45 minutos á semana. Sería durante os meses de xaneiro e febreiro de 2014.

Por favor, quen estea interesado que colla a ficha de inscrición en conserxería e a devolva antes de final de novembro.

O custo da actividade depende do número de persoas que se apunten. Para que vos fagades unha idea fixemos cálculos para un bus de 21 prazas cheo. Serían 21€ a piscina e 50 o transporte. Neste último punto é onde pode aumentar o prezo se non enchemos o bus. Intentaremos coordinarnos coa ANPA de Primaria.

Total da actividade para os dous meses: 71€ (OLLO, é prezo orientativo)

Distribuir contido