Taboleiro

ADXUDICACIÓN PRAZAS DOS CENTROS ADSCRITOS. CURSO 23/24

Comunicamos ás familias que solicitaron praza para 1º ESO e 1º BACH , curso 23/24, que xa foron adxudicadas; poden consultar as listaxes no taboleiro da secretaria do IES.

O calendario de matrícula publicarase a finais de xuño.

Convocatoria de RESERVA de prazas para alumnado de nova incorporación, procedente de centros adscritos. Para outro alumnado (ADMISIÓN) o prazo será de 1 ao 21 de marzo

 

Aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos e de admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

 

Solicitude de Reserva PECHADO

Prazo : do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro

Páxina de enlace á aplicación informática:

  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO. PECHADO

 

Normativa e manuais

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente ( https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

Convocatoria probas de acceso aos ciclos medios e superiores

 

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2023

Publicada a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Información na secretaría do centro

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS ÁS ELECCIONS AO CONSELLO ESCOLAR

PUBLICAMOS NO TABOLEIRO DO CENTRO a proclamación de candidaturas para a renovación parcial do Consello Escolar. NOS SECTORES FAMILIAS E ALUMNADO RESULTARON DESERTAS. Ábrese prazo de reclamación que finaliza o mércores 23/11/22.

Convocatoria de eleccións dos representantes do alumnado para o CE 2022

Achegamos arquivo coa convocatoria de eleccións á renovación parcial do sector alumnado do Consello Escolar 2022. Está publicada no taboleiro da entrada ao IES

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022 E PUBLICACIÓN DE CENSOS

En reunión celebrada o 7/11/2022 da Xunta Electoral para as eleccións á renovación parcial do CE 2022, aprobouse o calendario das eleccións . Achegamos o arquivo coa información e dos censos.

ACTA DO SORTEO DE MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL. RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Achegamos arquivo da acta do sorteo de membros da Xunta Electoral  relativo á convocatoria de eleccións á renovación parcial do Consello Escolar 2022  así mesmo e a todos os efectos, publícase no  taboleiro do centro todas aquelas resolucións e informacións sobre o proceso atendendo á normativa vixente.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, DOG 30/09/22, realizarase próximamente a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR.

Achegamos no arquivo a información sobre o sorteo e constitución da Xunta Electoral e a organización das eleccións.

Axudas complementarias material. Entrega do cheque

 

Para paliar na medida do posible estas consecuencias, cómpre efectuar unha ampliación
da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das
persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50 €, concedéndolle 25 € adicionais ata acadar un importe total de 75 €Orde do 29 de abril de 2022
.

 

Prazo e lugar de entrega : dende o luns, 17 de outubro de 2022 na conserxería do centro

 

AVISO: BECAS NEAE. FINALIZA O 30/9/22 O PRAZO PARA SOLICITALAS

A convocatoria destas axudas para o curso 2022 - 2023 publicouse o 18 de maio de 2022.

Poderá pedirse dende o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022, pero non o deixedes para o derradeiro día, porque tes que imprimir o PDF e presentalo no IES antes desa data.

 

Distribuir contido