Buzón suxestións

Novas

ENTREGA HISTORIAIS ACADÉMICOS 4º ESO

AVISO: o alumnado que rematou os estudos de 4º da ESO no noso centro, poden retiralo expediente  académico en secretaría.

OFERTA ACTIVIDADES CLUB DEPORTIVO BAIARCO 20/21

Achegamos arquivo coa oferta do club deportivo Baiarco para o curso 20/21.

PROGRAMA ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL

AVISO ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º, 2º, 3º E FPBÁSICA (1º E 2º ):

Estase a realizar no centro un programa de acompañamento emocional recollido na lexislación vixente polo COVID-19 promovido polo  Colexio de Psicólogos de Galicia.

INICIO DE CURSO 2020/21. COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS

Desde o IES Primeiro de Marzo queremos dar a benvida a este curso anómalo e transmitirvos o noso pesar por non dar información máis precisa e completa: os constantes cambios de instruccións dadas pola Consellería de Educación desde xullo e a falta de adxudicación de profesorado a día de hoxe, dificultan notablemente a organización do curso escolar, sobre todo tendo en conta que se nos acaba de comunicar que non nos aumentan o cupo de profesorado.

Queremos expresar, con todo, o noso esforzo e traballo en pro dun centro "seguro", defensa de presencialidade e de mantemento da xornada lectiva establecida.

De poder organizar o centro en tempo, manteríamos as datas previstas de inicio de curso, con incorporación gradual:

23 de setembro: 1º e 2º ESO, 1º BACH, 1º Ciclo superior

24 de setembro: 3º ESO; 2º BACH, 2º Ciclo superior, 4º ESO e FPB

25 de setembro: festividade local (San Cosme e San Damián)

CONVOCATORIA DE REUNIÓN para as familias (por protocolo COVID, asistirá un proxenitor ou proxenitora ) do alumnado de 1º ESO e 1º FPB:

Luns, 21 ás 17:00 horas

Lugar: pista cuberta

Medidas: acudir con máscara

AVISO IMPORTANTE:

NON se pode acudir ao centro en caso de presentar algún síntoma COVID

As familias, diariamente, deberán cubrir a autoenquisa (non hai que enviala ao centro) para detectar posible sintomatoloxía.

Deben cubrir e asinar o documento "declaración responsable" e presentalo en CONSERXERÍA entre as 8:30 e 14:00 h, con data límite do 22 de setembro.

Xuntamos arquivos dos documentos para imprimir; tamén poden solicitalos .

Grazas pola comprensión. Xuntamos o protocolo COVID elaborado polo noso profesorado

MATRÍCULA EN CICLOS SUPERIORES. Matrícula liberada

Calendario de matrícula para ciclo superior: do 23 de setembro ás 13 horas do 2 de outubro

Lugar: secretaría do centro

Documentación: certificación académica, 2 fotos, seguro escolar (menores de 28 anos) e tarxeta sanitaria.

PODEN PAGAR O SEGURO ESCOLAR A TRAVÉS DE BANCA ELECTRÓNICA E ENVÍAR POR EMAIL AO IES.

ES12 2080 5015 68 3040014348

LISTAXE DE ADMITIDOS PARA 1º CURSO DE FP BÁSICA

Achegamos no arquivo adxunto a listaxe.

Matrícula: 15 de setembro de 10 a 12 horas en secretaría para aqueles que teñan que entregar algún documento, xa especificado con anterioridade a este aviso.

 IMPORTANTE: entregar certificado académico

CALENDARIO DE ADMISIÓN PARA FP BÁSICA

Requisitos para acceder á FP Básica:

Ser proposto/a polo equipo docente.

Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.

Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.

Ter cursado o terceiro curso da ESO ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.

CALENDARIO:

Presentación de solicitudes: desde o día 1 ao 11 de setembro ás 13:00 horas.

Listaxe de alumnado admitido e non admitido: 14 de setembro.

Oferta: 18 prazas para FP Básica de Actividades domésticas e limpeza de edificios

Matriculación: 15 de setembro en secretaría do IES de 10 a 12 horas.

Documentos para a matrícula: certificación estudos, DNI pais, DNI alumno, Tarxeta sanitaria, Libro de familia, certificado médico (se é preciso para Alerta Escolar), 2 fotos tamaño carnet e pago do seguro escolar de 1,12 euros na conta do IES: ES12 2080 5015 68 3040014348

CONVOCATORIA DE BECAS PARA ESTUDAR

Prazos:

Para bacharelato e FP : do 9 de agosto ao 1 de outubro.

Para Apoio Educativo: do 9 de agosto ao 30 de setembro.

Para Universidade: do 9 de agosto ao 15 de outubro.

Convocatoria publicada o 8 de agosto no BOE 

Entidade : Ministerio de Educación y Cultura MEC

Páxina do MEC: www.educacionyfp.gob.es (seleccionar BECAS EDUCACIÓN)

INSTRUCIÓNS E CALENDARIO DE MATRÍCULA . SETEMBRO

Xuntamos ficheiro coas instrucións para todo o alumnado que teña que matricularse en setembro.

Distribuir contido

FORMACIÓN PROFESIONAL

Refórza-T Contrato programa

REFORZA-T

1º-2º ESO INGLÉS

Programa ARCO

Liña 3 do programa, mateiras  de ámbito sociolingüístico.

 

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bibliotecas escolares de Galicia

Guardar

Guardar

Guardar

Eventos

« Outubro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

PLAN PROXECTA

Guardar

Guardar

FSE

http://www.conselleriadefacenda.es/documents/10433/78129/00_azul+EUROPA.png/d1c76e38-9c17-400d-87bf-3bc60e5c64a4?t=1445862635503?t=1445862635504Autorizada operación FSE curso 2019/20 para PMAR     abrir aquí

Guardar

Información