Reunións

MAGOSTO 17/11/23

Este Venres teremos a celebración do Magosto no noso centro, e polo unha fantástica ocasión para desfrutar en conxunto... que non todo vai ser libros, apuntes e exames Sorriso

O horario oficial para todo o alumnado e profesorado será de 12:20 a 14:00 horas.

Durante estas 2 sesións haberá reparto de castañas asadas, preparadas polo alumnado do Ciclo Básico de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios, así como Música ambiental, Obradoiros e Xogos Populares organizados polo alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística.

En concreto, o alumnado de Ciclo está preparando o “Desafío Magosto”, consistente nun circuito de xogos populares, que ó completarse dará dereito a participar no sorteo duns pequenos agasallos.

Sobre as 13:45 finalizarán os xogos, e comezará o momento de recollida e limpeza, que debería ser compartida por todo o alumnado e profesorado

Que viva o Magosto!!

Saúdos.

CALENDARIO OFICIAL , PROBAS DE CICLO SUPERIOR, FP BÁSICA, PROBAS LIBRES

O calendario oficial das probas nos distintos niveles de CS e FPB do curso 22/23, están no arquivo adxunto e no taboleiro de secretaría para calquera consulta.

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022 E PUBLICACIÓN DE CENSOS

En reunión celebrada o 7/11/2022 da Xunta Electoral para as eleccións á renovación parcial do CE 2022, aprobouse o calendario das eleccións . Achegamos o arquivo coa información e dos censos.

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO E OBRIGATORIDADE DO SEU USO NO TRANSPORTE ESCOLAR

Publicadas as directrices no Portal Educativo, achegamos o arquivo  coa información e destacamos o punto 3, referido ao uso das máscaras no transporte escolar e o punto 4 sobre situacións para manter o seu uso.

"3. Situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara.

Tras a publicación do Real Decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, as persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras no transporte público, incluíndose dentro deste, o transporte escolar."

"4. Situacións nas que se recomenda manter o uso da máscara:


Neste contexto normativo no que a máscara non resulta obrigatoria é
especialmente relevante lembrar a importancia de manter o resto de
medidas de protección que, ao longo da pandemia,
t
éñense amosado
eficaces. Así, a hixiene de mans, a ventilación e evitar as aglomeracións
seguen a ter un alto valor protector. Con todo,débese ter en conta que noscentros educativos pode haber poboación vulnerable entre o alumnado e o
persoal docente e non docente, polo que a máscara resulta nestes colectivos vulnerables particularmente recomendable."

"5. Resumo uso da máscara
OBRIGATORIO
Transporteescolar(salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)
RECOMENDADO
Persoal traballador do centro educativo.
Alumnado do centro educativo.
Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.
Persoas traballadoras.
Visitas cando estean en zonas compartidas.
Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos
de casos."

Grazas pola colaboración.

DIFUSIÓN DO PROGRAMA PIALE2019 NO CENTRO

Tal e como se recolle na convocatoria do Plan integral de aprendizaxe en linguas estranxeiras (PIALE) do 2019 (DOG do 20 de maio), o profesor Marcos Lago Álvarez procedeu o día 16 de xaneiro de 2020 a realizar unhas reunións informativas co profesorado do claustro e co alumnado de seccións bilingües.

REUNIÓN CO PROFESORADO DO CLAUSTRO

 Data: 16/01/2020. Lugar: Sala de usos múltiples.

REUNIÓN CO ALUMNADO DE SECCIÓNS BILINGÜES

Contamos coa inestimable colaboración da ex-profesora do centro, Natalia Regueiro Leis, tamén implicada nas seccións bilingües do centro e no programa PIALE 2019.

 Data: 16/01/2020. Lugar: Salón de actos.

Distribuir contido