Buzón suxestións
Taboleiro
PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/22 (só para centros adscritos)
Reserva para centros adscritos:
Normativa e aplicación:
Orde do 18 de decembro de 2020 (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201222/AnuncioG0598-211220-0001_gl.html) pola que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
Orde do 25 de xaneiro de 2017
Orde do 12 de marzo de 2013
Decreto 254/2012 do 13 de decembro.
PRAZO PARA CENTROS DE PRIMARIA ADSCRITOS AO NOSO: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.
A solicitude debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación "admisiónalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/).
Reserva para cambio de centro, alumnado procedente de centros non adscritos:
Prazo: do 1 de marzo ao 20 de marzo.
Documentacion que deberán de achegar tanto na aplicación ou presencialmente:
Solicitude de admisión ( poderán descargala da aplicación e entregala cuberta ou cubrila directamente na aplicación tamén a través da chave 365 da sede electrónica da Xunta)
Copia do DNI dos pais e alumno/a
Copia libro de familia
Certificado de empadroamento
Certificado do 3º da ESO (só se solicita praza para 1º de bacharelato)
Sentenza en caso de separación ou divorcio (se houbera)
O proceso de inscrición, as instrucións e a axuda o atopan na aplicación "admisiónalumnado", arriba indicada ou dirixirse á secretaría do Centro.
PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO DE SECUNDARIA
Publicada a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
Prazo do 16 ao 27 de novembro
Non ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-21.
Presentan solicitude os que teñan algunha das seguintes condicións:
Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros
Alumnado matriculado en educación especial.
Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Lugar: de forma presencial no centro educativo.
Achegamos ficheiro co resumo da Orde, solicitude (Anexo I) e información coas características do material hixiénico e o DOG publicado o 13/11/2020
ENTREGA HISTORIAIS ACADÉMICOS 4º ESO
AVISO: o alumnado que rematou os estudos de 4º da ESO no noso centro, poden retiralo expediente académico en secretaría.
OFERTA ACTIVIDADES CLUB DEPORTIVO BAIARCO 20/21
Achegamos arquivo coa oferta do club deportivo Baiarco para o curso 20/21.
PROGRAMA ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL
AVISO ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º, 2º, 3º E FPBÁSICA (1º E 2º ):
Estase a realizar no centro un programa de acompañamento emocional recollido na lexislación vixente polo COVID-19 promovido polo Colexio de Psicólogos de Galicia.
INICIO DE CURSO 2020/21. COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS
Desde o IES Primeiro de Marzo queremos dar a benvida a este curso anómalo e transmitirvos o noso pesar por non dar información máis precisa e completa: os constantes cambios de instruccións dadas pola Consellería de Educación desde xullo e a falta de adxudicación de profesorado a día de hoxe, dificultan notablemente a organización do curso escolar, sobre todo tendo en conta que se nos acaba de comunicar que non nos aumentan o cupo de profesorado.
Queremos expresar, con todo, o noso esforzo e traballo en pro dun centro "seguro", defensa de presencialidade e de mantemento da xornada lectiva establecida.
De poder organizar o centro en tempo, manteríamos as datas previstas de inicio de curso, con incorporación gradual:
23 de setembro: 1º e 2º ESO, 1º BACH, 1º Ciclo superior
24 de setembro: 3º ESO; 2º BACH, 2º Ciclo superior, 4º ESO e FPB
25 de setembro: festividade local (San Cosme e San Damián)
CONVOCATORIA DE REUNIÓN para as familias (por protocolo COVID, asistirá un proxenitor ou proxenitora ) do alumnado de 1º ESO e 1º FPB:
Luns, 21 ás 17:00 horas
Lugar: pista cuberta
Medidas: acudir con máscara
AVISO IMPORTANTE:
NON se pode acudir ao centro en caso de presentar algún síntoma COVID
As familias, diariamente, deberán cubrir a autoenquisa (non hai que enviala ao centro) para detectar posible sintomatoloxía.
Deben cubrir e asinar o documento "declaración responsable" e presentalo en CONSERXERÍA entre as 8:30 e 14:00 h, con data límite do 22 de setembro.
Xuntamos arquivos dos documentos para imprimir; tamén poden solicitalos .
Grazas pola comprensión. Xuntamos o protocolo COVID elaborado polo noso profesorado
MATRÍCULA EN CICLOS SUPERIORES. Matrícula liberada
Calendario de matrícula para ciclo superior: do 23 de setembro ás 13 horas do 2 de outubro
Lugar: secretaría do centro
Documentación: certificación académica, 2 fotos, seguro escolar (menores de 28 anos) e tarxeta sanitaria.
PODEN PAGAR O SEGURO ESCOLAR A TRAVÉS DE BANCA ELECTRÓNICA E ENVÍAR POR EMAIL AO IES.
ES12 2080 5015 68 3040014348
LISTAXE DE ADMITIDOS PARA 1º CURSO DE FP BÁSICA
Achegamos no arquivo adxunto a listaxe.
Matrícula: 15 de setembro de 10 a 12 horas en secretaría para aqueles que teñan que entregar algún documento, xa especificado con anterioridade a este aviso.
IMPORTANTE: entregar certificado académico
LISTAXE DOS VALES CONCEDIDOS PARA MATERIAL ESCOLAR. SETEMBRO
AVISO: Poden recollelo en conserxería.
CALENDARIO DE ADMISIÓN PARA FP BÁSICA
Requisitos para acceder á FP Básica:
Ser proposto/a polo equipo docente.
Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
Ter cursado o terceiro curso da ESO ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
CALENDARIO:
Presentación de solicitudes: desde o día 1 ao 11 de setembro ás 13:00 horas.
Listaxe de alumnado admitido e non admitido: 14 de setembro.
Oferta: 18 prazas para FP Básica de Actividades domésticas e limpeza de edificios
Matriculación: 15 de setembro en secretaría do IES de 10 a 12 horas.
Documentos para a matrícula: certificación estudos, DNI pais, DNI alumno, Tarxeta sanitaria, Libro de familia, certificado médico (se é preciso para Alerta Escolar), 2 fotos tamaño carnet e pago do seguro escolar de 1,12 euros na conta do IES: ES12 2080 5015 68 3040014348
