Ciencias naturais

Departamento de Ciencias Naturais. Inclúe Bioloxía e Xeoloxía

MODIFICACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

A continuación achéganse as modificacións das programacións didácticas de acordo coas indicacións da Consellería e da Inspeccións educativa polo Estado de Alarma.

É DE ESPECIAL INTERESE CONSULTAR OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN ADAPTADOS Á NOVA SITUACIÓN.

TAREFAS PARA A QUINCENA DE ILLAMENTO

ACTIVIDADES PARA A QUINCENA DE ILLAMENTO  2020 (do 16 ao 29 de marzo)

De acordo coas instrucións publicadas pola Consellería de educación a 13 de marzo de 2020, e coa fin de facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar, o DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA do IES Primeiro de Marzo propón as seguintes actividades que se ben, tal e como indican as normas non teñen carácter avaliativo, si son moi recomendables para manter o proceso formativo e minimizar esta interrupción da actividade educativa presencial.

A continuación detállanse polo miúdo as actividades propostas:

1º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA . Profesor Jose Antonio
O alumnado realizará as seguintes actividades:

1.- Lectura do tema 2 "moneras, protoctistas e fungos" do libro de texto.

2.- Desenvolver as tarefas do libro "practica o aprendido"

3.- Desenvolver as actividades adxuntas no documento pdf (ver adxuntos)

2º ESO PMAR ÁMBITO CIENTÍFICO Profesor Hugo

O alumnado de 2ºC PMAR recibirá instrucións e formación vía correo electrónico pactada xa entre o alumnado dos  grupos e o profesor  a través do seguinte enderezo electrónico baionabio2020@gmail.com,  considérase a vía máis rápida e efectiva de comunicación dada a falta de tempo para artellar unha vía mellor

Diariamente recibirán instrucións e aclaracións sobre as propostas didácticas correspondentes coa temporalización da programación. O alumnado terá tarefas asignadas para comprobar a adquisición deses coñecementos e poderá sempre preguntar calquera dúbida diariamente.

 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA . Profesor Jose Antonio

O alumnado realizará as seguintes actividades:

1.- Realización das actividades do tema 3 que aparecen no libro de texto
2.- Revisión do documento adxunto resumo deste tema, co fin de preparar a proba que realizarán á volta deste periodo de emerxencia.

3º ESO BIOLOGY AND GEOLOGY (Seccións Bilingües). Profesor Marcos

-Para asentar os coñecementos do tema proponse a realización dos seguintes exercicios que se recollerán telemáticamente (correo electrónico: profemarcosbioloxia@gmail.com) e que se organizan en dúas quendas de envío:

1ª quenda: ata o venres 20 de marzo. Exercicios do libro versión galega (dispoñible na aula virtual, pódese entrar como convidado, contrasinal: convidado). Páx 50: 2; páx. 51: 3, 4 e 6; páx. 53: 2; páx. 54: 3, 4, 5 e 6 e páx. 55: 7.

2ª quenda: ata o venres 27 de marzo. Exercicios do libro versión galega (dispoñible na aula virtual, pódese entrar como convidado, contrasinal: convidado). Páx 56: 2; páx. 57: 3 e 4; páx. 60: 3, 4, 5, 6 e 7.

Nota: os exercicios pódense enviar en formato doc ou pdf se for posible, o mesmo como foto/escaneo[U1]  lexible de exercicios manuscritos. Copiar os enunciados é obrigado.

EXERCICIOS OPCIONAIS: Na aula virtual: 3ºESO Biology Geology contades con vídeos explicativos, exercicios de reforzo en galego e en inglés e con vídeos e xogos. Se tes problemas de accesibilidade entra no curso como convidado (contrasinal: convidado)

 

4º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA (non bilingüe). Profesor Marcos
-Para asentar os coñecementos do tema proponse a realización dos seguintes exercicios que se recollerán telemáticamente (correo electrónico: profemarcosbioloxia@gmail.com) e que se organizan en dúas quendas de envío:

1ª quenda: ata o venres 20 de marzo. Ler o tema 3 completo. Exercicios do libro (dispoñible na aula virtual, pódese entrar como convidado, contrasinal: convidado). Páx 52: 1 e 3; páx. 53: 5 e 6; páx. 54: 1; páx. 56: 7 e páx. 57: 8 e 9, páx. 59: 12; páx. 60: 1.

2ª quenda: ata o venres 27 de marzo. Exercicios do libro versión galega (dispoñible na aula virtual, pódese entrar como convidado, contrasinal: convidado). Páx páx. 64: 1, 2 e 3; páx. 67: 1; páx. 68: 4; páx. 72: 3 e 4; páx. 73: 6, 7, 10, 11 e 13 .

Nota: os exercicios pódense enviar en formato doc ou pdf se for posible, o mesmo como foto/escaneo lexible de exercicios manuscritos. Copiar os enunciados é obrigado.

EXERCICIOS OPCIONAIS: Na aula virtual: 4º ESO Bioloxía e Xeoloxía contades con exercicios de reforzo e vídeos explicativos. Se tes problemas de accesibilidade entra no curso como convidado (contrasinal: convidado)

 

4º ESO BIOLOGY AND GEOLOGY Seccións Bilingües.  Profesor Hugo

O alumnado de 4ºB de seccións bilingües recibirá instrucións e formación vía correo electrónico pactada xa entre o alumnado dos  grupos e o profesor  a través do seguinte enderezo electrónico baionabio2020@gmail.com,  considérase a vía máis rápida e efectiva de comunicación dada a falta de tempo para artellar unha vía mellor

Diariamente recibirán instrucións e aclaracións sobre as propostas didácticas correspondentes coa temporalización da programación. O alumnado terá tarefas asignadas para comprobar a adquisición deses coñecementos e poderá sempre preguntar calquera dúbida diariamente.

1º BACH. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Profesor Marcos
Seguir el tema que estamos explicando, dispoñible na aula virtual  e en drive.  Completar o cadro resumo entregado na clase. Realizar os boletíns propostos cos prazos establecidos. Para calquera aclaración: profemarcosbilioloxia@gmail.com

 

1º BACH. CULTURA CIENTÍFICA Profesores Hugo e Jose Antonio

O alumnado de 1º A/B Cultura científica (sección bilingüe e non seccións bilingüe) recibirán instrucións e formación vía correo electrónico.

 

1º BACH. ANATOMÍA APLICADA Profesor Marcos
Seguir el tema que estamos explicando, dispoñible na aula virtual  e en drive.  Completar o cadro resumo entregado na clase. Realizar os boletíns propostos cos prazos establecidos. Para calquera aclaración: profemarcosbilioloxia@gmail.com

 

2º BACH. BIOLOXÍA Profesor Hugo

O alumnado de 2ºB Bacharelato recibirá instrucións e formación vía correo electrónico pactada xa entre o alumnado dos  grupos e o profesor  a través do seguinte enderezo electrónico baionabio2020@gmail.com,  considérase a vía máis rápida e efectiva de comunicación dada a falta de tempo para artellar unha vía mellor

Diariamente recibirán instrucións e aclaracións sobre as propostas didácticas correspondentes coa temporalización da programación. O alumnado terá tarefas asignadas para comprobar a adquisición deses coñecementos e poderá sempre preguntar calquera dúbida diariamente.

 

 2º BACH. CIENCIAS DA TERRA Profesor Jose Antonio

O alumnado de Ciencias da Terra recibirá instrucións e formación vía correo electrónico.


COLECCIÓN DE MINERAIS E ROCHAS

Eiquí tedes o pasafotos da colección de minerais e rochas vista en clase. Dalgúns tedes varias fotos segundo a súa perspectiva.

Só queda estudalos.

Ánimo!!!!

MINERAIS

ROCHAS

 

 

 

Para acceder aos minerais novos (non os da caixa xeral) :

https://goo.gl/photos/YGmCEp54Di7b5cCu7

Guardar

Guardar

Menú Departamento

>
Profesorado do departamento >
Materias e Programación > Materias pendentes
> Recursos Didácticos > Actividades > Ligazóns de interese

 

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Publicación do proxecto en EDUGA

Publicación do resumo do noso proxecto Polo río abaixo vai...

 

PROFESORADO DEP BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Primeiro de Marzo-Baiona no curso 2018/2019 está constituído polos docentes que se relacionan a continuación:

             Hugo Alberto Casas Rodríguez.- PES con destino definitivo no centro.

            José Antonio Martínez Comesaña.- PES con destino definitivo no centro.

            Marcos Lago Álvarez.- PES con destino definitivo no centro. e Xefe do departamento.     

A distribución dos cursos,  grupos e horas por profesor aparece recollida na seguinte táboa:

PROFESORADO

Cursos, grupos e horas lectivas impartidas á semana

Hugo Alberto Casas Rodríguez

 

Bioloxía. 2º Bacharelato. 1 grupo x4h= 4h

Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO. (SB) 1 grupo x3h= 3h

Cultura Científica 1º Bach. (SB)  1 grupo x2h=2h

Ámbito CM 2º ESO (PMAR) 1 grupo x8h=8h

Horas de coordinación da sección bilingües (1+1 =2h)

Titoría 2º ESO PMAR (1 = 1h)

Marcos Lago Álvarez

 

Desdobres laboratorio  en 1º ESO. 3 grupos x1h = 3h

Paisaxe e Sustentabilidade. 2º ESO.1 grupo( SB) x1h = 1h

Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO. 1 grupo (SB) x2h=2h

Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO. 1 grupo x3h= 3h

Bioloxía e Xeoloxía. 1º Bacharelato. 1 grupo x4h = 4h

Anatomía Aplicada 1º Bacharelato. 1 grupo 1x3h= 3h

Coordinación das Seccións Bilingües (1+1 =2h)

Completa horario coa Xefatura de Departamento: 3h

 

José Antonio Martínez Comesaña

 

Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO. 3 grupos x 4h = 12h

Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO. 1 grupo x 2h =  2h

Desdobre laboratorio  en 1º bach. 1 grupo x1h = 1h

Cultura Científica 1º Bacharelato. 1 grupo x2h=2h

Ciencias da Terra e do Medio Ambiente. 2º Bacharelato. 1  grupo 1x3h = 3h

 

 

Os cursos onde se imparten materias relacionadas co departamento e afíns recóllense na seguinte táboa:

 

ESO

  • Bioloxía e Xeoloxía. 1º ESO. 3 grupos: 1ºA (19), 1ºB(18), 1ºC (19)
  • Paisaxe e Sustentabilidade. 2º  ESO. Hai unha Sección Bilingüe (Inglés/Galego) 2ºA+B SB (16)
  • Bioloxía e Xeoloxía. 3º ESO. Hai unha Sección Bilingüe (Inglés/Galego). 3ºA+B (28) e 3º A+B SB (15).
  • Bioloxía e Xeoloxía  4º ESO. Hai unha Sección Bilingüe (Inglés/Galego). (Inglés/Galego). OPTATIVA 4ºA+B (16) e 4ºA+B SB (13).
  • Ámbito científico e matemático dos PMAR en 2º ESO C (8)

Bacharelato

  • Bioloxía e Xeoloxía. 1º Bacharelato.  1ºBiXe (19)
  • Anatomía  Aplicada.1º  Bacharelato  OPTATIVA. 1º AnAp (9)
  • Cultura Científica. 1º  Bacharelato.  OPTATIVA  Hai unha Sección Bilingüe (Inglés/Galego) 1º CuCi SB (11) e 1º CuCi (15)
  • Bioloxía. 2º Bacharelato. 2º Bio (12)
  • CC.da Terra e do M.A. 2º Bacharelato.  OPTATIVA. 2ºCTMA A+B (18)

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE

Hoxe, primeiro día de primavera, conmemoranos no noso centro o día da árbore.

CARTEL DÍA DA ÁRBORE

Guardar

Distribuir contido