ACTIVIDADES PARA A QUINCENA DE ILLAMENTO 2020 (do 16 ao 29 de marzo)
De acordo coas instrucións publicadas pola Consellería de educación a 13 de marzo de 2020, e coa fin de facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar, o DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA do IES Primeiro de Marzo propón as seguintes actividades que se ben, tal e como indican as normas non teñen carácter avaliativo, si son moi recomendables para manter o proceso formativo e minimizar esta interrupción da actividade educativa presencial.
A continuación detállanse polo miúdo as actividades propostas:
1º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA . Profesor Jose Antonio
O alumnado realizará as seguintes actividades:
1.- Lectura do tema 2 "moneras, protoctistas e fungos" do libro de texto.
2.- Desenvolver as tarefas do libro "practica o aprendido"
3.- Desenvolver as actividades adxuntas no documento pdf (ver adxuntos)
2º ESO PMAR ÁMBITO CIENTÍFICO Profesor Hugo
O alumnado de 2ºC PMAR recibirá instrucións e formación vía correo electrónico pactada xa entre o alumnado dos grupos e o profesor a través do seguinte enderezo electrónico baionabio2020@gmail.com, considérase a vía máis rápida e efectiva de comunicación dada a falta de tempo para artellar unha vía mellor
Diariamente recibirán instrucións e aclaracións sobre as propostas didácticas correspondentes coa temporalización da programación. O alumnado terá tarefas asignadas para comprobar a adquisición deses coñecementos e poderá sempre preguntar calquera dúbida diariamente.
3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA . Profesor Jose Antonio
O alumnado realizará as seguintes actividades:
1.- Realización das actividades do tema 3 que aparecen no libro de texto
2.- Revisión do documento adxunto resumo deste tema, co fin de preparar a proba que realizarán á volta deste periodo de emerxencia.
3º ESO BIOLOGY AND GEOLOGY (Seccións Bilingües). Profesor Marcos
-Para asentar os coñecementos do tema proponse a realización dos seguintes exercicios que se recollerán telemáticamente (correo electrónico: profemarcosbioloxia@gmail.com) e que se organizan en dúas quendas de envío:
1ª quenda: ata o venres 20 de marzo. Exercicios do libro versión galega (dispoñible na aula virtual, pódese entrar como convidado, contrasinal: convidado). Páx 50: 2; páx. 51: 3, 4 e 6; páx. 53: 2; páx. 54: 3, 4, 5 e 6 e páx. 55: 7.
2ª quenda: ata o venres 27 de marzo. Exercicios do libro versión galega (dispoñible na aula virtual, pódese entrar como convidado, contrasinal: convidado). Páx 56: 2; páx. 57: 3 e 4; páx. 60: 3, 4, 5, 6 e 7.
Nota: os exercicios pódense enviar en formato doc ou pdf se for posible, o mesmo como foto/escaneo[U1] lexible de exercicios manuscritos. Copiar os enunciados é obrigado.
EXERCICIOS OPCIONAIS: Na aula virtual: 3ºESO Biology Geology contades con vídeos explicativos, exercicios de reforzo en galego e en inglés e con vídeos e xogos. Se tes problemas de accesibilidade entra no curso como convidado (contrasinal: convidado)
4º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA (non bilingüe). Profesor Marcos
-Para asentar os coñecementos do tema proponse a realización dos seguintes exercicios que se recollerán telemáticamente (correo electrónico: profemarcosbioloxia@gmail.com) e que se organizan en dúas quendas de envío:
1ª quenda: ata o venres 20 de marzo. Ler o tema 3 completo. Exercicios do libro (dispoñible na aula virtual, pódese entrar como convidado, contrasinal: convidado). Páx 52: 1 e 3; páx. 53: 5 e 6; páx. 54: 1; páx. 56: 7 e páx. 57: 8 e 9, páx. 59: 12; páx. 60: 1.
2ª quenda: ata o venres 27 de marzo. Exercicios do libro versión galega (dispoñible na aula virtual, pódese entrar como convidado, contrasinal: convidado). Páx páx. 64: 1, 2 e 3; páx. 67: 1; páx. 68: 4; páx. 72: 3 e 4; páx. 73: 6, 7, 10, 11 e 13 .
Nota: os exercicios pódense enviar en formato doc ou pdf se for posible, o mesmo como foto/escaneo lexible de exercicios manuscritos. Copiar os enunciados é obrigado.
EXERCICIOS OPCIONAIS: Na aula virtual: 4º ESO Bioloxía e Xeoloxía contades con exercicios de reforzo e vídeos explicativos. Se tes problemas de accesibilidade entra no curso como convidado (contrasinal: convidado)
4º ESO BIOLOGY AND GEOLOGY Seccións Bilingües. Profesor Hugo
O alumnado de 4ºB de seccións bilingües recibirá instrucións e formación vía correo electrónico pactada xa entre o alumnado dos grupos e o profesor a través do seguinte enderezo electrónico baionabio2020@gmail.com, considérase a vía máis rápida e efectiva de comunicación dada a falta de tempo para artellar unha vía mellor
Diariamente recibirán instrucións e aclaracións sobre as propostas didácticas correspondentes coa temporalización da programación. O alumnado terá tarefas asignadas para comprobar a adquisición deses coñecementos e poderá sempre preguntar calquera dúbida diariamente.
1º BACH. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Profesor Marcos
Seguir el tema que estamos explicando, dispoñible na aula virtual e en drive. Completar o cadro resumo entregado na clase. Realizar os boletíns propostos cos prazos establecidos. Para calquera aclaración: profemarcosbilioloxia@gmail.com
1º BACH. CULTURA CIENTÍFICA Profesores Hugo e Jose Antonio
O alumnado de 1º A/B Cultura científica (sección bilingüe e non seccións bilingüe) recibirán instrucións e formación vía correo electrónico.
1º BACH. ANATOMÍA APLICADA Profesor Marcos
Seguir el tema que estamos explicando, dispoñible na aula virtual e en drive. Completar o cadro resumo entregado na clase. Realizar os boletíns propostos cos prazos establecidos. Para calquera aclaración: profemarcosbilioloxia@gmail.com
2º BACH. BIOLOXÍA Profesor Hugo
O alumnado de 2ºB Bacharelato recibirá instrucións e formación vía correo electrónico pactada xa entre o alumnado dos grupos e o profesor a través do seguinte enderezo electrónico baionabio2020@gmail.com, considérase a vía máis rápida e efectiva de comunicación dada a falta de tempo para artellar unha vía mellor
Diariamente recibirán instrucións e aclaracións sobre as propostas didácticas correspondentes coa temporalización da programación. O alumnado terá tarefas asignadas para comprobar a adquisición deses coñecementos e poderá sempre preguntar calquera dúbida diariamente.
2º BACH. CIENCIAS DA TERRA Profesor Jose Antonio
O alumnado de Ciencias da Terra recibirá instrucións e formación vía correo electrónico.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
3º ESO Ap dixestivo e respiratorio.pdf | 867.83 KB |
1º ESO Actividades t 2 monera prot e fungos 19-20.pdf | 364.62 KB |