Buzón suxestións

Sevizos Socioculturais e Á Comunidade

Menú

>
Profesorado do Departamento >
Ciclo Superior e FP Básica >  
>   > Actividades >
Ligazóns de interese

Estamos traballando para actualizar os contidos deste Departamento.

Pronto máis información e novas de interese!

RisaRisaRisaGuiño

 

Mentres tanto podedes estar ó tanto do que facemos no noso Blogue:

https://animacionsocioculturalyturisticabaiona.wordpress.com/

Ou noutras redes sociais:

PLAN PROXECTA18-19: PROXECTO RÍOS ACTIVIDADE CICLO e FP Básica

Un grupo de alumnas e alumnos do IES Primeiro de Marzo, do ciclo de Formación Profesional Básica en “Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios” e do Ciclo Superior en “Animación Sociocultural e Turística”, coñeceron de primeira man o proceso tradicional de lavado de roupa no lavadoiro de Sabarís. A actividade, no marco do Plan Proxecta e concretamente dentro do
Proxecto Ríos que desenvolve o centro e que vai xa neste curso escolar 2018-2019 pola súa sétima edición, levouse a cabo grazas á colaboración de dúas veciñas do municipio e que ademáis son avoas de dous alumnos que participaron da actividade. Estas mulleres compartiron co alumnado os seus coñecementos e vivencias en torno ao proceso de lavado de roupa nos lavadoiros, respostando ás súas dúbidas e facendo unha demostración práctica. Para rematar a xornada, todos os alumnos e alumnas puideron experimentar en primeira persoa, guiados por estas excepcionais mestras, como era esta dura tarefa que, ata ben pouco, desenvolveron as mulleres ao longo da Historia.

Calendario Presentación e Defensa Proxectos Fin de Ciclo Animación Sociocultural e Turística

Informase ó alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística que o Calendario Oficial para a Presentación e Defensa dos Proxectos de Fin de Ciclo atópase publicado no Taboleiro de Anuncios do Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade.

As datas son o 18, 19 e 20 de Xuño.

Para a presentación contaredes cun total de 20 minutos. A continuación o equipo avaliador poderá empregar 10 minutos para facervos preguntas, aclarar dúbidas, ou realizar observacións ou suxestións.

 

I Carreira Solidaria. O IES Primeiro de Marzo corre por Discamino

Este Luns, 30 de Abril, o IES 1º de Marzo de Baiona corre por Discamino.

Carreira organizada polo EDLG do centro, en colaboración co alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística.

Cada kilometro recorrido por cada alumno/a estará patrocinado (por familiares/amizades/profesorado...) polo valor de 1 euro. Cantos mais kilometros, mais apoio a esta iniciativa!

A recadación obtida destinarase, á súa vez, a patrocinar algunha etapa dos próximos Discaminos e as súas intrépidas aventuras!

Se queres saber mais sobre Discamino visita a súa web (www.discamino.org ) ou busca a súa páxina de Facebook.

 Manterémosvos informados/as.

 

n/d

Entroido 2018... un #EntroidoConHistoria

O pasado Venres 9 de Febreiro o IES 1º de Marzo fixo unha viaxe no tempo a través do seu #EntroidoConHistoria, recorrendo as diversas etapas históricas.

Dende a Prehistoria ata o Futuro, pasando por Grecia, Roma, Idade Media,... 

Ademáis dos disfraces temáticos, houbo tempo para un Concurso de Coplas de Entroido!

Deixámovos a Copla do profesorado, que decidíu disfrazarse das persoaxes da Aldea Gala que resistían o continuo asedio dun grupo de alumnado.... digo de Romanos!

 

 

 Agradecer ó alumnado do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística e o Equipo de Dinamización Lingüística o seu esforzo organizativo e o seu empeño por manter viva a tradición.

Samaín e o Demo da Man Negra

Durante a semana do 30 de Outubro ó 3 de Novembro, coincidindo coa celebración do Día de Defuntos e o Samaín, o alumnado de Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística realizou unha representación teatral para todo o centro educativo (todo o alumnado da ESO, FPB e Bacharelato, así como para profesorado e persoal non docente). Un total de 18 pases dun obra de elaboración propia, inspirada en lendas e mitos da cultura galega, que puxeron en contacto ó público coa experiencia dun Aquelarre, ou a lenda do Demo da Man Negraunha historia que aconteceu o ano pasado aquí, en Sabarís...

 Samaín

Moitas grazas ó alumnado das FP Básicas de Electricidade e Electrónica, e de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios pola súa colaboración na preparación da ambientación dos decorados e nas probas de son, así como na limpeza e orde do Salón de Actos unha vez rematadas as representacións. 

Profesorado do Departamento

Curso 2019/2020:

  • Borja Álvarez Novoa
  • Nuria Fernández Segade
  • Cristina Rodríguez Resino
  • Enar Moa Arocas
  • J. Telmo Pera Grasa
  • Alba Lareu Cajaraville
  • Susana Lema Vázquez

CS Animación Sociocultural e Turística

Distribuir contido

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bibliotecas escolares de Galicia

Guardar

Guardar

Guardar

FORMACIÓN PROFESIONAL

Eventos

« Decembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

PLAN PROXECTA

Guardar

Guardar

FSE

http://www.conselleriadefacenda.es/documents/10433/78129/00_azul+EUROPA.png/d1c76e38-9c17-400d-87bf-3bc60e5c64a4?t=1445862635503?t=1445862635504Autorizada operación FSE curso 2016/17 para PMAR     abrir aquí

Autorizada operación FSE curso 2016/17 para FP Básica     abrir aquí

Autorizada operación FSE curso 2016/17 para itinerarios 3º e 4º ESO     abrir aquí

Guardar

Información