Banco de Libros ANPA (complementario do Fondo de Libros da Xunta)

Achéganse documentos con información sobre o Banco de Libros xestionado pola ANPA.

 

 

As solicitudes deberán remitirse cubertas ó correo electrónico da anpa: anpa1marzo@gmail.com.

O prazo para a remisión de solicitudes remata o día 04/08/24.

 

IMPORTANTE: estes libros son independentes dos xestionados directamente polo IES a través do Fondo Solidario de Libros da Consellería de Educación.

Publicación Listaxe DEFINITIVA do Fondo Solidario de Libros e dos Vales de Material.

 

Por favor, LER CON ATENCIÓN TODA A INFORMACIÓN DESTA MENSAXE.

 

Xa podedes consultar na Aplicación Fondo Libros (premer aquí) ou no Taboleiro de Anuncios do IES (na entrada de Conserxería), as Listaxes DEFINITIVAS do Fondo de Libros Solidario, e dos Vales das Axudas para a adquisición de material escolar.

 

  • LIBROS DE TEXTO:

Os Libros do Fondo de Libros serán entregados directamente ó alumnado nos primeiros días de clase.

Lembrade a importancia de forrar aqueles libros que non o estean xa, coidalos e devolvelos a final de curso en óptimas condicións para que poidan volver ser empregados por outro alumnado (a vida útil dos libros do Fondo de Libros Solidario debe ser de 6 cursos escolares). O estado da devolución condiciona a participación no Fondo de Libros nos seguintes cursos.

 

IMPORTANTE: 3º ESO

Por unha cuestión interna entre departamentos da Consellería de Educación, é moi probable que en próximos días teñamos para 3º ESO unha pequena partida extra de libros, maior que a asignada nesta Listaxe Definitiva. Iso pode supoñer que finalmente se faga entrega dalgúns libros máis (por rigorosa orde de renda) a aquelas persoas que teñen asignados 4 ou menos libros, incluso para aquelas persoas que teñen asignados “0 libros” nesta Listaxe.

Non están nesta situación aquelas persoas que xa teñen asignados 6 libros, que en ningún caso van recibir máis libros extra.

Por este motivo RECOMÉNDASE ó alumnado de 3º ESO con 4 ou menos libros asignados que agarde ata a primeira semana de Agosto, cando anunciaremos os libros extra que se repartirán, antes de encargar e mercar o resto de libros.

O resto de Cursos (1º, 2º e 4º da ESO) poden proceder a encargar e mercar os Libros que non lle foron concedidos nesta Listaxe Definitiva. A listaxe de libros por curso está dispoñible na Web do IES (premer aquí). Prestade atención ás indicacións, pois hai algúns libros sinalados como “non mercar ata falar co/a profesor/a da materia en setembro”.

 

  • VALES DE AXUDAS:

Os Vales das Axudas para a adquisición de material escolar concedidos xa están dispoñibles para ser recollidos, pola mesma persoa que cubríu a solicitudena Conserxería do IES durante o que queda do mes de Xullo en horario de 9:30 a 13:00 horas, e no mes de Agosto en horario de 10:00 a 12:00. Tamén poderán ser recollidos unha vez inicie o curso escolar 2024/2025.

En caso de non poder acudir a recollelos en persoa poderá autorizarse a outra persoa (sempre maior de idade) cubrindo o seguinte documento (premer aquí para descargalo) acompañado de orixinal ou fotocopia do DNI de ambas persoas (autorizante e autorizada)

LISTAXES DA ADXUDICACIÓN PARA 1º CURSO DE FP BÁSICA. INSTRUCIÓNS PARA A MATRÍCULA

A listaxe se publicará na web de admisión de ciclos a lo longo do día 23 de xullo ( última actualización ás 12:30 horas)

Documentación para a matrícula no noso centro:

Certificado dos últimos estudos realizados, dúas fotos co nome por detrás,  copia DNI do estudante e proxenitores, tarxeta sanitaria, copia do libro de familia, copia do consello orientador , Anexo III e Anexo IV relativos á incorporación a FPB, xustificante do pago do seguro escolar (1,12 euros) a conta de ABANCA : IBAN: ES12 2080 5015 68 3040014348, cubrir os impresos que se achegan nos arquivos e solicitude de matrícula entregada no centro anteriormente

O estudante virá acompañado dun adulto para facer os trámites da matrícula en horario de secretaría de 9:30 a 13 horas os seguintes días: 24, 29 e 30 de xullo

AVISO: MATRÍCULA EN CICLO SUPERIOR. PLAZO E INSTRUCIÓNS

Matrícula en 1º de Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística

Achegamos instrucións nos arquivos

Horario de secretaría de 9:30 a 13:30

Prazo : do 17 de xullo ata ás 13 horas do do 22 de xullo para 1ª adxudicación

Documentos para a matrícula presencial: certificado académico, 2 fotos, solicitude de matrícula e xustificante do pago do seguro escolar (1,12 euros) na conta de ABANCA do IES nº : ES12 2080 5015 68 3040014348

Achegamos modelos que presentarán cubertos no momento da matrícula

_________________________________________________________________________________________________________________________________

PRAZAS LIBERADAS: 20

A MATRÍCULA PARA ESTAS PRAZAS É PRESENCIAL NO CENTRO, EN HORARIO E DOCUMENTACIÓN INDICADO ATA O 31 DE XULLO

Días de matrícula : 29, 30 e 31 de xullo en horario de 9:30 a 13 horas

FESTIVO LOCAL, DÍA 16 DE XULLO

O CENTRO PERMANCERÁ PECHADO O 16 DE XULLO POR SER FESTIVO LOCAL

Publicada a Listaxe PROVISIONAL do Fondo de Libros

Xa está publicada a Listaxe PROVISIONAL do Fondo de Libros.

Pode consultarse vía Web na Aplicación Fondo Libros da Consellería de Educación, ou no Taboleiro de Anuncios na conserxería do IES.

Nesta listaxe provisional só aparece o número de libros ós que ten dereito cada alumno/a.

Publicada tamén a listaxe dos vales para material

 

As reclamacións contra esta listaxe poderán realizarse o Venres 12 e o Lúns 15 de Xullo.

A Listaxe DEFINITIVA, onde xa aparecerán os libros concretos que recibirá cada alumno/a, se publicará como máis tardar o día 26/07/24.

Horario do centro de 9 a 13:30

Libros de Texto 2024/2025 (actualización)

Nos seguintes documentos adxuntos pode consultar a listaxe de Libros de texto para o curso 2024/2025.

 

Aviso: para o alumnado de ESO que solicitou participar no Fondo Solidario de Libros de Texto recoméndase non mercar ningún libro ata a publicación da Listaxe Definitiva de solicitudes concedidas (26/07/2024) pois, aínda que non se teña dereito ós mesmos, a aplicación da Consellería de Educación pode adxudicar algúns exemplares no caso de contar con existencias sobrantes de cursos previos.

 

Libros de Texto 1º ESO (actualizado 10-7-24)

Libros de Texto 2º ESO

Libros de Texto 3º ESO

Libros de Texto 3º ESO - PDC

Libros de Texto 4º ESO

Libros de Texto 4º ESO - PDC

Libros de Texto 1º FP Básica

Libros de Texto 2º FP Básica

Libros de Texto 1º Bacharelato

Libros de Texto 2º Bacharelato

 

No Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística, en principio, non está previsto o emprego de libros de texto. De ser o caso se informará ó alumnado no inicio de curso.

Resultado Sorteo Viaxe a Madeira

A Axencia LiberTravel, encargada da organización da Viaxe Fin de Curso e responsable das papeletas do Sorteo dunha Viaxe a Madeira para 2 persoas, informa que:

 O número gañador é o 35.164 da serie 5

(Sorteo celebrado ante Notario o día 01/07/2024)

 En caso de posuír a papeleta co número gañador deben porse en contacto coa Axencia, no número de teléfono: 986.952.568

Premios MEGABAU para o alumnado do IES Primeiro de Marzo

  

Parabéns a Nuria Costas Misa e Jonathan García Valverde polos Premios MEGABAU 2024, outorgados ó alumnado con Mellores Expedientes de Galicia na ABAU.

 

A entrega de premios tivo lugar en A Coruña o pasado Venres 21 de Xuño.

 

FIN DO PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE AXUDA FONDO LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 24/25

Rematado o día 21 de xuño o prazo para  presentar a solicitude de axuda de beca para fondo de libros e material escolar para o curso 24/25.

A listaxe provisional de admitidos sairá o 12 de de xullo e a publicaremos no taboleiro de conserxería

Distribuir contido