Equipo Igualdade: Rochas Violetas

8M - Día Internacional da Muller

A loita pola erradicación das desigualdades de xénero está presente no noso IES todos e cada un dos días que o centro abre as súas portas.

E como non podía ser doutro xeito, este 8 de Marzo volvemos a visibilizar a nosa aposta por unha sociedade mási xusta e igualitaria. 

Durante todo este mes están tendo lugar distintas accións reivindicativas organizadas por alumnado de distintos grupos, e de modo especial polo alumnado e profesorado do Equipo de Igualdade "Rochas Violetas".

 Deixámosvos aquí algunhas das fotos do PhotoCall posterior ó acto de lectura do manifesto deste ano.

         

III Encontro de Comandos Igualdade da Provincia de Pontevedra

Por 3º curso consecutivo, o alumnado de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo é o encargado de organizar o Encontro de Comandos Igualdade da Provincia de Pontevedra.

Logo dunha 1ª edición celebrada en Baiona (Parador de Turismo) e unha 2ª edición organizada en Chapela (Multiusos Piñeral do Crego), nesta ocasión o III encontro terá lugar no Museo Verbum de Vigo, o 26 de Abril. 

Como non podía ser doutro xeito, Rochas Violetas, o noso Equipo de Igualdade, participará deste encontro.

Salientar que nesta edición tamén participará, por primeira vez, o noso centro adscrito, o CPI Cova Terreña, co seu recentemente creado equipo de igualdade. 

   

 

Distribuir contido