Buzón suxestións

PLAN PROXECTA18-19: PROXECTO RÍOS ACTIVIDADE CICLO e FP Básica

Un grupo de alumnas e alumnos do IES Primeiro de Marzo, do ciclo de Formación Profesional Básica en “Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios” e do Ciclo Superior en “Animación Sociocultural e Turística”, coñeceron de primeira man o proceso tradicional de lavado de roupa no lavadoiro de Sabarís. A actividade, no marco do Plan Proxecta e concretamente dentro do
Proxecto Ríos que desenvolve o centro e que vai xa neste curso escolar 2018-2019 pola súa sétima edición, levouse a cabo grazas á colaboración de dúas veciñas do municipio e que ademáis son avoas de dous alumnos que participaron da actividade. Estas mulleres compartiron co alumnado os seus coñecementos e vivencias en torno ao proceso de lavado de roupa nos lavadoiros, respostando ás súas dúbidas e facendo unha demostración práctica. Para rematar a xornada, todos os alumnos e alumnas puideron experimentar en primeira persoa, guiados por estas excepcionais mestras, como era esta dura tarefa que, ata ben pouco, desenvolveron as mulleres ao longo da Historia.

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bibliotecas escolares de Galicia

Guardar

Guardar

Guardar

FORMACIÓN PROFESIONAL

Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

PLAN PROXECTA

Guardar

Guardar

FSE

http://www.conselleriadefacenda.es/documents/10433/78129/00_azul+EUROPA.png/d1c76e38-9c17-400d-87bf-3bc60e5c64a4?t=1445862635503?t=1445862635504Autorizada operación FSE curso 2016/17 para PMAR     abrir aquí

Autorizada operación FSE curso 2016/17 para FP Básica     abrir aquí

Autorizada operación FSE curso 2016/17 para itinerarios 3º e 4º ESO     abrir aquí

Guardar

Información