Denis Suárez, exalumno do IES Pedras Rubias, e actualmente xogador do FC Barcelona nos invita a participar no Día Mundial da Radio que se celebra o martes 13 de febreiro.
Denis Suarez para Ponte... nas Ondas! (1) from Pontenasondas on Vimeo.
Denis Suárez, exalumno do IES Pedras Rubias, e actualmente xogador do FC Barcelona nos invita a participar no Día Mundial da Radio que se celebra o martes 13 de febreiro.
Denis Suarez para Ponte... nas Ondas! (1) from Pontenasondas on Vimeo.
O ALUMNADO DE 4º DE ESO ASISTE AO MUSEO DO MAR DE VIGO
O mércores 10 de xaneiro o alumnado de 4º de ESO fixo unha saída ao Museo do Mar de Vigo co fin de visitar a exposición “O Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas”, centrada nunha das maiores xoias da cultura galega da Idade Media: as sete cantigas de amigo de Martín Códax recollidas no Pergamiño Vindel.
A través das sete cantigas achegáronse ao contexto histórico e cultural da Galicia do século XIII e aos seus vínculos co resto de Occidente, establecidos fundamentalmente a través do Camiño de Santiago. A mostra presenta contidos e obxectos que se corresponden co período da Idade Media, que comeza coa caída do Imperio Romano no ano 476 d.C. e finaliza coa chegada dos europeos a América. Porén, o percorrido da exposición centrouse nos séculos XI, XII e XIII. A explicación da mostra baseouse no que daquela acontecía en Galicia e, máis en concreto, en Vigo, por ser este o escenario onde se desenvolven as cantigas de Martín Códax.
Ademais de visitar a exposición do Pergamiño, o alumnado realizou un obradoiro didáctico titulado “Marcamos os libros”, no que fabricou o seu propio selo, coma se de un Ex Libris se tratase.
Logo de darlle moitas voltas, o xurado xa ten veredicto dos relatos curtos presentados no mes de xaneiro.
Entra no gañador do teu grupo para saber a oración pola que debes comezar o relato de febreiro.
Lembra que o prazo remata o día 23. A que esperas?
Dende o luns 22 de xaneiro ate o venres 2 de febreiro participaremos no “Plan de Froita nas Escolas” polo que cada díase lle facilitará
ao alumnado unha peza de froita fresca para consumir durante o recreo. O obxectivo de dito plan é,a curto prazo, potenciar o consumo
destes produtos pola xuventude e, a longo prazo, tratar de desempeñar un papel pedagóxico nos hábitos alimentarios, constituíndo
unha auténtica acción educativa destinada a fomentarnas escolas o hábito de consumo de froita. Do 21 de maio ao 1 de xuño participaremos
novamente neste plan.
"Mens sana in corpore sano".
Cita das Sátiras de Juvenal.
Morre Armando Guerra, pintor abstracto e fundador do colectivo Atlántica, autor da obra pictórica que decora a entrada do noso instituto: un acrílico sobre taboleiro do ano 1988.
Máis información no Faro de Vigo.
Carlos Álvarez, arquitecto de profesión, estivo nos micrófonos de ondarraia contándonos e compartindo as súas diferentes facetas. Arquitectura, entroido, deporte, música, teñen voz propia neste programa.
Preme no seguinte enlace e cubre a enquisa sobre o uso do galego
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |