CONCURSO CHÍOS CON AMOR

Xa non nos queda ningunha dúbida de que no IES Pedras Rubias reina o amor. Proba disto son os máis de 50 chíos que se presentaron no Concurso Chíos con Amor.

O xurado acordou por unanimidade premiar o seguinte alumnado:

A continuación podedes ler algún dos chíos presentados:

 As caras ao recibir os chíos de amor falan por si soas!

 

E para rematar, o mércores 15 de febreiro fíxose a entrega de diplomas e premios:

 

Moitos parabéns!!

Seguide a participar nas diferentes propostas!

 

EDDLG principal.png

ENTROIDO 2023

Comezamos a quecer os motores para a semana de entroido.

A Meca xa se pronunciou e xa anunciou o mandado para o vindeiro luns.

  

 

Estade atentos e organizádevos por aula porque este ano tamén teremos premio para a mellor aula que siga os mandados da Meca.

 

 

A aula gañadora en seguir os mandados da Meca resultou 1º ESO C, cun total de 83 puntos.

 

EDDLG principal.png

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 23 de febreiro cúmprense 186 anos do nacemento de Rosalía de Castro.

 

Para celebralo, no IES Pedras Rubias o Departamento de Lingua Galega e Literatura organiza un Concurso Artístico de Creación Propia.

Son varias as modalidades de creación: haikus, cómic, relato curto, peza teatral breve, debuxo, colaxe ou calquera traballo manual relacionado con Rosalía de Castro.

Tedes de prazo ata o xoves 23 de febreiro.

Para máis información consulta as bases completas.

EDDLG principal.png

CONCURSO CHÍOS CON AMOR

Dada a boa acollida que todos os cursos ten esta proposta, o departamento de Lingua Galega e Literatura volve pór en marcha o concurso de mensaxes de amor e amizade Chío con amor.

A que esperas? Dálle renda solta á túa alma poética e crea o teu chío de amor. Tes ata o 9 de febreiro e lembra que ten que estar escrito en galego e non pode superar os 280 caracteres.

Preme neste enlace para consultar as bases.

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

Ás portas do san Valentín, do Entroido, do día de Rosalía… e co novo ano iniciado, publicamos o relato gañador do mes de xaneiro.

3º C

Parabéns para a gañadora e a seguir participando!

Lembrade que podedes enviar os vosos relatos de febreiro ata o 23. Esperámosvos!

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

 

Cargados de ilusión e de bos desexos comezamos este novo ano 2023 publicando os relatos gañadores do mes de decembro que, aínda que non foron moitos os participantes, por razóns máis que obvias, sempre contamos coas nosas alumnas incondicionais. Grazas mozas!

Premede nos seguintes cursos se queres coñecer as persoas gañadoras e ler os seus relatos:

Parabéns a todas e a seguir participando!!

 

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

Fernado Fernández no Tamén len

O 20 de novembro tivemos a sorte de contar no Tamén len con Fernando Fernández, da editoral de Galaxia, ou Fernando da Picoña, como a el lle gusta que lle chamen, posto que é orixinario desta parroquia salcedense.

 

Para este encontro Fernando optou pola lectura dunha lenda de orixe liberiana titulada “O bastón feito dun rabo de vaca”, do libro de lendas africanas Naiyakay, para facer unha reflexión final na que lle transmitiu ao alumnado a importancia de lembrar as persoas da familia e manter sempre vivo o seu recordo.

A continuación, Naira Martínez, alumna de 4º ESO, quixo pór a proba a Fernando e comprobar se realmente é picoñés de pura cepa facéndolle preguntas sobre o lugar, proba da que saíu bastante ben parado.

                                           

Agradecemos a súa presenza e a reflexión que compartiu con nós a través desta experiencia lectora.

EDDLG principal.png

VISITA DE EVA MEJUTO

O luns 19 de decembro tivemos no centro á escritora e xornalista Eva Mejuto durante as dúas sesións da tarde.

 

Na primeira sesión, reuniuse co alumnado de 2º ESO, xa que este lera durante a 1ª avaliación a novela 22 segundos; na segunda, o encontro foi co alumnado de 3º ESO, que fixera a lectura de A ladroa da biblioteca de Meirás.

  

Resultou un fermoso encontro no que a escritora, ademais de responder a todas as preguntas que inquietaban ao alumnado, lles contou como desenvolve o seu labor de escritora, e lles falou de diferentes temas como a memoria histórica, a transexualidade...

EDDLG principal.png

XOGOS POPULARES E CHOCOLATADA

Logo de moito agardar a causa do mal tempo e tamén dos exames, o venres 16 de decembro o alumnado de 1º C puido recibir por fin o premio por gañar o concurso do Magosto Terrorífico: xornada de xogos tradicionais e chocolatada.

 

 Primeiro, quecéronse motores saltando á corda, xogando a soga tira e tamén coas ferraduras.

 

 

Para recuperar forzas, tomaron un chocolate ben quente con galletas.

            

 

Na segunda parte, botaron trompos a bailar, xogaron ao truque, ao pano...

EDDLG principal.png

VISITA DE RAQUEL CASTRO

 

A escritora Raquel Castro visitounos o pasado 15 de decembro para falar da súa obra co alumnado de 1º de ESO, que leu durante a avaliación un dos seus libros, ou Dormente ou A formiga fóra do carreiro.

 

 

Logo de responder a todas as preguntas que lle formularon, que non foron poucas, a escritora botou man dos seus dotes escénicos e, logo de amosarlles unha maleta como a que a protagonista de A formiga fóra do carreiro levou na súa aventura, tirou parte do seu contido e caracterizou o alumnado voluntario para, a continuación, dramatizar os primeiros actos de ambas as pezas teatrais.

               

 

O resultado foi marabilloso e o público puido comprobar que o instituto posúe unha boa canteira de actores e actrices de teatro entre o alumnado de 1º ESO.

         

 Finalmente, houbo tempo para que Raquel Castro lles dedicase e asinase os exemplares.

     

 

 

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet