VISITA DE RAQUEL CASTRO

 

A escritora Raquel Castro visitounos o pasado 15 de decembro para falar da súa obra co alumnado de 1º de ESO, que leu durante a avaliación un dos seus libros, ou Dormente ou A formiga fóra do carreiro.

 

 

Logo de responder a todas as preguntas que lle formularon, que non foron poucas, a escritora botou man dos seus dotes escénicos e, logo de amosarlles unha maleta como a que a protagonista de A formiga fóra do carreiro levou na súa aventura, tirou parte do seu contido e caracterizou o alumnado voluntario para, a continuación, dramatizar os primeiros actos de ambas as pezas teatrais.

               

 

O resultado foi marabilloso e o público puido comprobar que o instituto posúe unha boa canteira de actores e actrices de teatro entre o alumnado de 1º ESO.

         

 Finalmente, houbo tempo para que Raquel Castro lles dedicase e asinase os exemplares.

     

 

 

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet