2016/17

2016/17

75 edicións do tamén len

Neste mes de novembro seguimos a sumar invitados/as a nosa biblioteca Calixtina,  que veñen a ler, tamén a conversar, co noso alumnado contribuíndo a difundir o gusto pola lectura, un dos piares fundamentais que defendemos dende o IES Pedras Rubias.

Neste mes de novembro visitounos a nutricionista María López que  facía a invitada número 75, seguimos a crecer mes a mes, e xa pronto celebraremos os 10 anos dende que arrancou esta actividade no instituto, unha das máis arraigadas.

Podes consultar todos os detalles da visita de María no seguinte enlace do blog da Calixtina.

E despois dunha edición tan simbólica, e como postos a ler non hai pausa, chegou, xa no mes de decembro o seguinte invitado, desta volta o Concelleiro de Facenda de Salceda de Caselas, José Luis González, máis coñecido como "Sito". Consulta todos os detalles da visita na Calixtina.

 

75 edicións do tamén len

Mártires de Sobredo

Un ano máis o IES Pedras Rubias implícase nos actos de conmemoración dos Mártires de Sobredo. Todos os anos, cara finais de novembro, este curso fomos o día 30, os alumnos de 4º da ESO, xunto ao outros institutos de Tui, participa na homenaxe aos asasinados en Sobredo, coa lectura duns textos e unha ofrenda floral.

Ademais, tantos anos de implicación, vironse este mes de decembro recoñecidos polo Instituto de Estudios Agrarios Mártires de Sobredo coa entrega, por parte da súa presidenta, Marga do Val, dunha pequena placa que agradece a nosa colaboración.

Podes consultar toda a información sobre o acto de entrega da placa no seguinte enlace do blog da Calixtina.

Mártires de Sobredo

fxzbynrxcz

Desarrollo vegetal de las lentejas | IES Pedras Rubias
afxzbynrxcz
[url=http://www.gy95hdrtw8r9998sow51d21hv951s22xs.org/]ufxzbynrxcz[/url]
fxzbynrxcz http://www.gy95hdrtw8r9998sow51d21hv951s22xs.org/

fxzbynrxcz

Teatro de sombras no Altamira

O venres 12 de xaneiro o alumnado de 1º da ESO desprazouse até o CEP Altamira para asistir a un espectáculo de "teatro de sombras" representado polo alumnado de 6º de primaria. A representación foi acompañada dunha selección das millores actuacións do Festival de Nadal de Altamira. Foi un gran placer para o alumnado de 1º volver ao que até hai ben pouco foi o seu colexio, reencontrándose con antigos compañeiros e profesores.

Teatro de sombras no Altamira

nyoiwdvwww

Feliz 2017 | IES Pedras Rubias
[url=http://www.gmh5s93n2p745h4g575ux5kb5qat05y8s.org/]unyoiwdvwww[/url]
nyoiwdvwww http://www.gmh5s93n2p745h4g575ux5kb5qat05y8s.org/
anyoiwdvwww

nyoiwdvwww

Visita a Naturnova

    O pasado venres 16 de decembro os alumnos de 1º de ESO fixeron unha visita a Naturnova. Naturnova é un centro interactivo de educación ambiental. Durante o transcurso da mesma percorreron as tres salas das que consta adicadas ó Universo, o planeta Terra e o ser humano e o seu medio. Na sala do Universo descubriron curiosidades sobre os planetas ou a posición dos mesmos nunha data determinada. Na sala adicada á Terra, coñeceron a biodiversidade que habita nela ou mesmo crearon un tornado. Na derradeira sala, a do  ser humano e o seu medio, aprenderon a importancia da reciclaxe ,as formas de enerxía máis limpas…..A visita rematou coa entrada ó simulador dun  submarino.

   Os alumnos disfrutaron dunha xornada didáctica e lúdica onde puxeron en práctica os coñecementos adquiridos na materia de Bioloxía.

Visita a Naturnova

Lembrándonos de Narf

 

Onte, venres 15 de novembro, morría o cantante galego Fran Pérez, coñecido artísticamente como Narf. Persoa moi ligada a Ponte nas Ondas e de quen tivemos a sorte de disfrutar en directo no noso instituto. Foi o martes 14 de febreiro de 2012, no salón de actos deleitounos cun interesante concerto para os alumnos de 3º e 4º da ESO. Gustou moito entre o noso alumnado. A continuación deixamos unhas fotos que lembran aquel día, ademais dun disco asinado e as súas verbas no noso libro de ouro. Sempre na nosa memoria.

 

Tamen len... en outubro con Laura López

O xoves 20 de novembro inauguramos as sesións do Tamén Len deste curso coa visita da profesora de Altamira Laura López, moi querida entre os seus antigos alumnos/as, hoxe no IES, que lembraron aqueles anos xuntos, as experiencias vividas, as sensacións compartidas...

Toda a información sobre o acto no seguinte enlace do blog da Biblioteca Calixtina, tamén podes escoitar a súa lectura:

BIBLOSVIVOS

Tamen len... en outubro con Laura López

Contos de medo... por Quico Cadaval

O venres 4 de novembro visitounos o polifacético Quico Cadaval para contarnos historias de terror, de medo... coincidindo coa celebración do "magosto terrorífico" que por mor da chuvia tivemos que adiar. Pero ben agochados da chuvia, no noso acolledor salón de actos, disfrutamos das súas narracións. Unha pena non ternos desprazado até o muíño de Pantel, onde vestidos de pantasmas e outros seres sobrenaturais tiñamos pensado acompañar a Quico, axudando a ambientación das súas historias.

 

Pese a todo a contada de Quico non defraudou. Primeiro reflexionou sobre a moralidade dos contos tradicionais, dandonos unha versión moi particular de contos clásicos como o da "Caperuchiña vermella", "Hansel e Gretel" e "Brancaneves e os seu ananos". Despois continuou coas narracións onde o fantasmagórico e o terrorífico eran os grande protagonistas. Moito medo se pasou!!!

Contos de medo... por Quico Cadaval

Camiño de Santiago

O xoves 27 e o venres 28 de outubro os alumnos/as de 3º da ESO fixeron dúas etapas do Camiño de Santiago. Foron as dúas útimas etapas do camiño francés. Un sol marabilloso acompañou todo o tempo aos nosos/as peregrinos/as que puideron compartir experiencias con xentes procedentes doutros lugares que transitaban polos mesmos sendeiros e co mesmo destino: Compostela. A experiencia rematou cunha visita as cubertas da Catedral o venres pola tarde. Bo camiño!!!

Camiño de Santiago

Powered by Drupal - Design by artinet