Mártires de Sobredo

Un ano máis o IES Pedras Rubias implícase nos actos de conmemoración dos Mártires de Sobredo. Todos os anos, cara finais de novembro, este curso fomos o día 30, os alumnos de 4º da ESO, xunto ao outros institutos de Tui, participa na homenaxe aos asasinados en Sobredo, coa lectura duns textos e unha ofrenda floral.

Ademais, tantos anos de implicación, vironse este mes de decembro recoñecidos polo Instituto de Estudios Agrarios Mártires de Sobredo coa entrega, por parte da súa presidenta, Marga do Val, dunha pequena placa que agradece a nosa colaboración.

Podes consultar toda a información sobre o acto de entrega da placa no seguinte enlace do blog da Calixtina.

Mártires de Sobredo

Powered by Drupal - Design by artinet