IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
Plan de Actividades Físicas e Hábitos SaudablesCharla alcohólicos anónimos alumnado 2º ESO.No mes de febreiro voluntarios/as de Alcohólicos Anónimos viñeron ao IES a falar co alumnado de 2º ESO a contar a súa experiencia sobre os malos hábitos do alcohol e as graves consecuencias do seu consumo. A actividade está organizado polo departamento de Orientación. O alumnado de 2º ESO visita o Parque Eólico de Sotavento e fai unha andaina en Guitiriz.Os días 2 e 7 de febreiro o alumnado de 2º ESO foi ao Parque Eólico de Sotavento e rematou cunha andaina en Guitiriz (Ruta da auga e das pedras). A actividade foi organizada polo departamento de Tecnoloxía e Física e Química. Taller de Fútbol Gaélico para os cursos de 1º, 2º e 3º ESO en xaneiro 2024.Dende o 23 ao 29 de xaneiro, varios adestradores de Fútbol Gaélico da equipa de Fillos de Breogán da Coruña, ensinaron ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO os conceptos básicos e regulamento deste deporte tan descoñecido aquí e tan popular en Irlanda. O alumnado do IES participou e adestrou, xogando o derradeiro día un pequeno partido. Andaina do alumnado de 4º ESO as Fragas do Eume a semana do 22-25 de xaneiro 2024.O alumnado de 4º ESO visitou as Fragas do Eume e o Mosteiro de Caveiro na semana do 22 ao 25 de xaneiro. O luns 22 persoal do CEIDA de Santa Cruz explicou a flora e fauna das Fragas ao alumnado e historias interesantes e máxicas sobre o Mosteiro. Esta actividade está dentro do Plan de actividades Físicas e Hábitos Saudables e organizada polo departamento de Educación Física. Visita do alumnado de 2º ESO á Horta Ecolóxica Labrecos do 15 ao 22 de xaneiro 2024.
O alumnado de 2º ESO visitou a Horta e Granxa Ecolóxica Labrecos en Cesuras, Oza. Esta actividade está dentro do Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables, e organizada polo CEIDA de Santa Cruz. Previa á visita, o alumnado de 2º, tivo unha charla informativa sobre Soberanía Alimentaria. Semana Branca do 6-13 xaneiro 2024.50 alumnos e alumnas de 3º ESO foron do 6 ao 13 de xaneiro a Andorra, á estación de esquí de Grandvalira. Alí disfrutaron do ski e do balneario de Caldea. A actividade foi organizada polo departamento de Educación física. VIsita do alumnado de 3º ESO á Horta ecolóxica LABRECOS a semana do 12-15 decembroO alumnado de 3º ESO visitou a horta-granxa ecolóxica LABRECOS en Cesuras. Alí Iván e Aitor explicáronlles como é posible respectar o medio ambente sen empleo de produtos químicos, revitalizar o rural e protexer a biodiversidade. Todo isto, previo a charla do día 11 de decembro ofrecida polo CEIDA de Santa Cruz (organizadores da actividade), sobre soberanía alimentaria. Prevención, abordaxe e xestión de conflitosO departamento de orientación organizou no mes de novembro varias sesións de resolución de conflitos dirixidas ao alumnado de 3º de ESO. Impartiu ditas xornadas Cristina Babío.
VISITA AO McFITO alumnado de 4º de ESO visitou os días 20, 21 e 22 de novembro o centro deportivo McFIT para coñecer as súas instalacións e practicaron diferentes actividades de adestramento físico. Ainda están con maniotas! NO ROCÓDOMO DE RIAZOR CON 1º ESO.O 25,26 e 27 de outubro, o alumnado de 1º ESO foi a escalar ao rocódromo de Riazor. Cando chegaron, houbo unha charla para explicar as normas de seguridade, as diferentes modalidades de escalada e os nomes do material a utilizar e despois foron ao rocódromo a escalar e o fixeron fenomenal. O deron todo!!!. O venres, veu con nós Hadrián Pérez de 4º ESO que é 1º de Galiza e 2º de España na modalidade de escalada de velocidade e fixo unha demostración alucinante.
» |
Eventos
|