Articles

Programación 2023/2024

Programacións de Lingua Galega e Literatura realizadas na aplicación PROENS e correspondentes aos cursos 1º e 3º de ESO durante o curso escolar 2023-2024

Departamento de Lingua e literatura galega

   O noso blog, Gasta a Lingua. VISÍTANOS!!!   Bibliotero, o blog da Biblioteca  Dicionario da RAG  Portal das palabras

Que libro salvarías?

     Gasta lingua                       Bibliotero

Engaiolad@s por Rosalía

  Neste proxecto colaborou o alumnado de  todo o centro, facendo os carteis, colocándoos, recitando e retirándoos despois. Grazas a tod@s

Día de Rosalía

Arredor do 24 de febreiro, 178º aniversario do nacemento da poetisa, organizamos varias actividades. Aquí tedes imaxes sobre algunhas delas. O sábado 21 de febreiro dúas alumnas do centro participaron en dito concurso: Cristina Toral e Claudia Ulla. Velaí algunhas imaxes  OS gañadores e gañadoras do concurso de recitado do centro recibiron os seus premios:   O alumnado de 1º, 2º e 3º colaborou nun proxecto de recitado que pronto veredes  

Os nosos Roteiros

1º ESO.

Realizamos, co Departamento de Xeografía e Historia, unha visita aOuteiro de Rei, á Casa Museo de Manuel María a ao Castro de Viladonga

2º ESO

Realizamos, xunto cos Departamento de Ciencias Sociais,Ciencias Naturais e Educación Física  o Roteiro Pondaliano.

 

3º ESO

Realizamos, xunto co Departamento de Ciencias Sociais, o Roteiro Rosaliano

 4º ESO

Realizamos, co Departamento de Ciencias Sociais, o Roteiro Oteriano

Benvida

lingua

A oferta educativa que se fai desde este  Departamento abrangue os catro cursos da ESO.

O número de horas semanais da materia por nivel é o seguinte:

1º ESO Lingua e Literatura Galega: 4 horas

2º ESO Lingua e Literatura Galega: 3 horas

3º ESO Lingua e Literatura Galega: 3 horas

4ª ESO Lingua e Literatura Galega: 3 horas

 

A área de Lingua galega e literatura na ESO ten como finalidade fundamental o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e está orientada cara aos seguinte aspectos:

  • Aprendizaxe instrumental do idioma.

  • Capacidade para interaccionar adecuadamente en diferentes situacións comunicativas (ámbito escolar, social, cultural e profesional)mediante o emprego de mensaxes orais e escritas.

  • Comprensión da realidade lingüística de Galicia, adoptando unha actitude de aprecio pola sensibilidade cara á lingua galega e a súa aceptación social.

 

 

As nosas lecturas

 

DEPARTAMENTO LINGUA E LITERATURA GALEGA
LECTURAS OBRIGATORIAS DO CURSO 2022-2023

 

1º ESO:

1ª Avaliación: Ledicia Costas. Escarlatina, a cociñeira defunta.

Os libros da 2ª e 3ª avaliación están sen determinar á espera de se houber algunha novidade editorial.

 

 2º ESO:

Antía Yáñez Rodríguez. O misterio de Portomarín.

Marina Mayoral. Tristes armas.

Antonio Manuel Fraga. O castañeiro de abril.

  

3º ESO:

Andrea Maceiras. O que sei do silencio.

Carlos Negro. Penúltimas tendencias.

Séchu Sende. Made in Galiza.

 

4º ESO:

 1ª Avaliación: Marilar Aleixandre. A Cabeza de Medusa.

 Os libros da 2ª e 3ª avaliación están sen determinar á espera de se houber algunha novidade editorial.