Articles

Bioloxía e Xeoloxía - Sub Categories

Que fai unha científica?

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o venres 11 de febreiro acudiu ao centro a Doutora Socorro Castro García, investigadora e profesora da Universidade da Coruña. O obxectivo desta visita era o de visibilizar as mulleres que se adican a estudos e carreiras profesionais de Ciencias. Ao tempo queríase espertar a vocación científica entre o alumnado.

A nosa convidada estudou Química na Universidade de Santiago de Compostela. Dende entón participou en múltiples proxectos de investigación e presentou o resultado dos seus traballos en moitos congresos internacionais e revistas científicas. Realizou estancias en varios centros de investigación internacionais como as universidades de París e Berkeley, o European Sincrotron Radation Facility (ESRF) e o Institute Laue-Langevin (ILL), ambos en Grenoble (Francia). Así mesmo, fai labores de divulgación científica e imparte charlas e obradoiros para todo tipo de público.

Durante a charla contounos que fai unha científica, como se fixo investigadora, que é o que máis lle gusta investigar (materiais para facer baterías, nanopartículas para o transporte de medicamentos, gafas que escurecen dándolle a un botón…) e tamén cales son as súas afeccións (a montaña, os viaxes e a fotografía).

Grazas a Socorro (ou Suqui, que é como lle gusta que a chamen) aprendemos que as mulleres científicas son mulleres próximas a nós que se superan para crecer profesionalmente e mellorar o mundo que nos rodea. Con dedicación e esforzo todos e todas podemos ser científicos/as!!!!

PROGRAMACIÓN MATERIAS DEPARTAMENTO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CURSO 2023-2024

PROGRAMACIÓN DAS MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA CURSO 2023-2024:

  • BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º ESO
  • BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO
  • ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO 3º ESO
  • BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4º ESO

LIBROS DE TEXTO. Curso 2020 - 2021

Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO. Proxecto "Construíndo mundos" Obradoiro. Santillana. ISBN: 978-84-9185-422-7

Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO. Proxecto "Construíndo mundos" Obradoiro. Santillana. ISBN: 978-84-9185-397-8

Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO. Proxecto "Construíndo mundos" Obradoiro. Santillana. ISBN: 978-84-9185-725-9

Profesoras do Departamento

María I. Varela López (Xefa de Departamento).

Aurora Castañón García-Boente (Departamento de Bioloxía)