Articles

Artes Plásticas - Sub Categories

Premios VIII Concurso de debuxo Picasso

enlace á exposición

O alumnado de Educación Plástica de 1º e 3º traballou ao longo do segundo trimestre nun proxecto artístico baseado no xornal e na estética de Picasso, segundo as bases do VIII Concurso de Debuxo Picasso.

Tratábase de inventar unha portada de xornal con varias noticias acompañadas de ilustracións inspiradas na pintura de Picasso. Os proxectos foron dirixidos por Lola García Saavedra, profesora da materia.

Os mellores traballos foron presentados ao concurso. Resultaron premiadas con senllos accésit dúas alumnas de 1º ESO C, Lucía Rama e Lucía Torres, e outras dúas de 3º ESO B, Valeria Medina e Noelia Manzaneque.

Os traballos están expostos na Biblioteca González Garcés. Se non podedes ir á exposición, sempre podedes mirar o vídeo que se abre picando na imaxe.

 

Programación

Nos seguintes adxuntos pódense consultar os extractos da programación para o curso 2023-24. 

Material que utiliza o alumnado na materia de plástica

Art Tools of Swasky:

 

Os alumnos/as deberán traer para traballar en plástica o seguinte material:

En 1º ESO  CADERNO DE TRABALLO: 

EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL Y AUDIOVISUAL I ESO. OPERACIÓN MUNDO

M. Maturana, R. Arregui, M. Piqueras, D. Callejón. Editorial Anaya.

 

1 ESO Sección Bilingüe 

WORKBOOK Visual and Audiovisual Arts. Stage I. Global thinkers. 

M.L.Maturana, R. Arregui, M.Piqueras, M.D. Callejón. Editorial Anaya

3º e 4º SEN CADERNO

  • Xogo de escuadras (escuadra e cartabón)
  • Compás
  • Lapis HB ou portaminas
  • Goma
  • Láminas tamaño DIN A 4 sen marxe
  • Folios para apuntamentos e bosquexos
  • Carpeta para as láminas e os folios
  • Caixa de rotuladores
  • Caixa de lapis de cores

 

Profesorado

 

 Profesores do Departamento de Artes Plásticas no curso 2023/24:

-Lola García Saavedra.Xefa do Departamento. : EPVA 1ºB bilingüe, 1ºC bilingüe e non bilingüe. EPVA 3º A, B, C, D, E. 4º A, B, C, D. 

- Pedro Vázquez García. 1º A e B non bilingüe.