IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
ArticlesLETRAS GALEGAS 2024Co gallo do Día das Letras Galegas, neste ano adicado á poeta, violinista e profesora coruñesa Luísa Villalta, o noso alumnado explorou o seu lado máis creativo elaborando ducias de poemas visuais. Para a súa realización, escolleron versos, estrofas ou mesmo poemas enteiros de Luísa Villalta e combináronos coas artes plásticas máis variadas (colaxes, ilustracións, caligramas...) Velaquí mostramos algunhas das obras resultantes, que se poderán ver durante estas próximas semanas nunha exposición no corredor do edificio principal. Moitas grazas pola participación a todo o alumnado e por formar parte, un ano máis, deste día que serve para homenaxear as nosas autoras e reivindicar a nosa cultura e lingua propia!
Mais traballos (aínda non todos) no vídeo:
ENTROIDO 2024Rematados os mandatos do Meco, o venres 9 febreiro chegou a xornada Celebración do Entroido no instituto, organizada pola EDLG e a Coordinación de Convivencia.. Foi unha mañá chea de ledicia e celebración. No concurso de grupos participaron 16 dos 17 cursos, moitos con coreografía e escenificación incluídas e todos con ideas e disfraces estupendos. Moito traballo en equipo no que o alumnado demostrou que se pode convivir en armonía, traballando en grupo, escoitándose, chegando a acordos, incluíndo e obtendo resultados. Moitas grazas ao profesorado e persoal non docente pola colaboración que fixo posible esta celebración. Tamén moitas grazas ao alumnado que participou no xurado, na presentación dos grupos e na colocación do mobiliario ao principio e recollendo ao final. Os gañadores do concurso foron:
No seguinte enlace hai un video co resume do concurso:
CONCURSO "DEBUXANDO CIENTÍFICAS"DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Rematou o concurso de debuxos sobre Científicas, concurso para conmemorar o "11 FEBREIRO: Día Internacional da muller e da Nena na Ciencia". OS DEBUXOS ESTARÁ EXPOSTOS NO 1º ANDAR DO EDIFICIO PRINCIPAL .Debuxos premiados 1º CICLO: Dora Noemí Yañac Anchari (1º ESO B) 2º CICLO: Valeria Medina Silva (4º ESO C) III Edición do Premio Isabel Zendal de Pensamento CríticoSeica o pensamento crítico é unha das habilidades máis valiosas que o profesorado pode transmitir nunha aula. A alumna Andrea Casalderrey, de 3º ESO, recolleu o luns 28 de xuño o 3º premio na III Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato, organizados pola Deputación da Coruña e a Universidade da Coruña.
» ODA Á ALEGRÍA (EN CONFINAMENTO)Os alumnos e alumnas do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña interpretan dende o seu confinamento a Oda á Alegría. Bo NadalPostal gañadora do Concurso de postais de Nadal 2018 - Nour Boubekeur Hamici (3ºESO) Bo Nadal 2017Como todos os anos, o alumnado do centro participou no concurso de postais. O gañador este ano foi José Pazos, alumno de 4º. Bo Nadal desde o IES Ramón Otero Pedrayo.
|
Eventos |