Skip to Content

ALUMNA DE 1ºBACHARELATO FINALISTA DO III CERTAME DE RELATO CURTO

Versión para impresoraVersión para impresora

A nosa alumna Carmen Cuervo Martínez quedou finalista do III CERTAME DE RELATO CURTO convocado pola FANPA de Pontevedra. Parabéns, Carme!

E velaí o texto seleccionado.

ARROGANTEMENTE IMPERFECTO

     Arrogantemente imperfecto, terrorificamente asimétrico, unha aberración. Non podía seguir vivindo comigo, o meu reflexo..."iso" era eu... A mirada fóiseme inconscientemente ás revistas de tías boas que deixara sobre o meu escritorio, non me interesaba este tipo de revistas polo seu contido sexual, senón pola terrible perfección e simetría de todos e cada un dos corpos das mulleres que posaban naquelas revistas...grandes peitos, pel bronceada, cute impecable...Medín de novo a miña cintura: sesenta e cinco centímetros. Demasiados milímetros, simplemente imperdoables. Nunca sería coma elas, nunca tería esas curvas perfectas, nunca carecería de todas as miñas imperfeccións..., nunca chegaría a ser ninguén. Non podía sair así á rúa, todos o saberían, saberían que o meu van mide demasiado..., sesena e cinco..., un número tremendamente asimétrico..., ademais as miñas cadeiras eran tres centímetros máis longas do debido, era un ser defectuoso. Vestinme de novo e sequei as bágoas co pulso, cincuenta e tres milímetros separábanme do resto do planeta.

     É certo, obsesionárame con números: pesaba cincuenta quilos, medía un metro cincuenta e nove (demasiado pequena), noventa de peito, sesenta e cinco de talle, noventa e tres de cadrís..., noxento. As táboas da perfección fuxían do meu alcance e eu só podía tremer baixo a atenta mirada da egocéntrica sociedade. Frustración e medo mesturábanse cada vez que me expoñía a ela, arrepiábame saír, prefería a soidade da miña casa, onde ninguén me vise.



story | by Dr. Radut