You are hereBlogues

Blogues


Anímate a participar nos programas de mobilidade!

Es alumno/a de Ciclo  de Grao Superior?  Gustaríache  participar nunha mobilidade Erasmus+ para facer as prácticas FCT a partir de abril de  2016 nun país da Unión Europea?

Es alumno/a  do Ciclo Medio? Estás interesado en  facer unha mobilidade a un país da Unión Europea ao rematar os teus estudos neste centro educativo?

Nese caso,  inscríbete no proceso de selección! O prazo  estará aberto do venres 13 de novembro ao mércores 18 de novembro, ambos incluídos.

No apartado "Programas europeos" desta web atoparás o formulario de solicitude, información sobre a convocatoria e a data dunha charla informativa. Envía a solicitude a erasmusiesmontecelo@gmail.com  ou entrégaa persoalmente a Coordinadora de programas Europeos.

 

Anímate e participa!

Erasmus 2015

En novembro abrirase o prazo para solicitar o programa ERASMUS+.

Durante o curso 2014-15, tres alumnos do ciclo superior de produción en industrias de artes gráficas realizaron prácticas en países europeos, concretamente en Portugal e Reino Unido.

Neste curso, o noso centro segue a fomentar a participación dos seus estudantes nos programas Erasmus a través da colaboración no proxecto PracticumDepor promovido pola Deputación de Pontevedra: dous estudantes recén titulados, do ciclo medio de preimpresión dixital e do ciclo medio de farmacia e parafarmacia, viaxarán a partir do 15 de outubro a Italia para realizar prácticas profesionais durante 6 meses.

Animarvos a participar, é unha gran experiencia!

 

 

Proxectos integrados do ciclo superior de anatomía patolóxica

O alumnado de 2º curso do ciclo superior de anatomía patolóxica está a traballar nos seguintes proxectos, que podedes visitar seguindo a ligazón correspondente: