You are hereBiblioteca

Biblioteca


Adiviñanzas para festexar o día de bibliotecas

Esta semana queremos festexar o día das bibliotecas, 24 de outubro, cun xogo de adiviñanzas. Se acertas a adiviña gañas unha mazá ou un plátano. Adiviñanzas, lectura e froita: un plan perfecto!

Debate: A liberdade de expresión ten límites?

Coincidindo coa celebración do día da Paz, o 30 de xaneiro de 2015, a comunidade educativa do IES Montecelo participou nunha xornada de reflexión sobre as ferramentas necesarias para acadar a paz, a través dunha charla-coloquio coa temática “A liberdade de expresión, ten límites?”.

Na mesa, integrada por profesores/as (Mar Gómez, orientadora do centro; Angeles Jar, responsable de biblioteca e Francisco Tobio, xefe do departamento de Sanidade) e alumnos/as (Martiño Montero, do 1º curso CM Impresión; Mª Luisa Rey, do 2º curso CM Farmacia e Tamara Aguiar, Juan Fernández, Vanesa Gómez e Laura Martínez, do 1º curso CM Farmacia), analizouse a paz como un dereito fundamental do individuo e a súa vinculación con outros dereitos, como o dereito á liberdade de expresión.