Alumnado FPB Mantemento de vehículos
O alumnado da FPB de mantemento de vehículos durante unha clase de taller. Aprendizaxe, harmonía e bo facer. O futuro da mecánica do automóbil.
8M no ciclo de farmacia
O alumnado de 1º curso do CM de farmacia e parafarmacia fixo este vídeo para aportar o seu gran de area ás reivindicacións do 8M.
OBRADOIRO EMPRENDEMENTO
A formadora Raquel Pedrouso analizou co alumnado do primeiro curso dos ciclos formativos qué significa ter actitude emprendendora e cales son as habilidades e competencias necesarias para desenvolvela.
O obradoiro estruturouse en dúas fases, traballando na primeira o autocoñecemento co obxectivo de conectar cos valores propios, para na segunda desenvolver ideas de negocio en consonancia con estes.
PRAZAS LIBRES NO CURSO AFD MANTEMENTO DO MOTOR E OS SEUS SISTEMAS AUXILIARES
OS INTERESADOS DEBERÁN CONTACTAR DIRECTAMENTE CO IES MONTECELO
PRAZAS LIBRES NO CURSO AFD INSTALACIÓNS E MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES
OS INTERESADOS DEBERÁN CONTACTAR COA SÚA OFICINA DE EMPREGO OU DIRECTAMENTE NO IES MONTECELO
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2021
Está publicado o calendario para solicitar a participación nas probas de acceso a ciclos formativos así como as bases e normativa da convocatoria.
Información no seguinte enlaces: Probas acceso a ciclos
CONCURSO SAN VALENTÍN 2021
Convocatoria do concurso de mensaxes de amor San Valentín 2021
PROGRAMA EDUEMPRENDE-ACTÚA
Como en anos anteriores, o alumnado do segundo curso do ciclo de grao medio de Preimpresión dixital e do grao superior de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico, participou no programa Eduemprende-Actúa, nesta ocasión da man da relatora Fátima Rodríguez, socia da consultora PROMOVE.