Lembrando ás vítimas da violencia de xénero

Como todos os anos a comunidade educativa do IES Montecelo realizou un acto de recordo as vítimas. Unha árbore coas follas secas era o opunto de partida, onde un grupo de alumnos e alumnas ían depositando unha folla verde  en substitución dunha seca, ao tempo que se lían os nomes de cada unha das vítimas do 2020. A folla verde representaba o recordo e o respecto a cada unha delas. Na lectura intercalábanse frases e versos. Todos os partcipantes recibiron un bolsa de tela co lema "Stop violencia de xénero. Basta xa" serigrafiado polo alumnado dos ciclos de Artes gráficas.

Eduemprende Idea 2020 premia dous proxectos do noso alumnado

Parabéns ao noso alumando premiado na edición 2020 do concurso Eduemprende Idea!

Alba Meis, alumna do Ciclo superior de Deseño e xestión da produción gráfica, acadou o 1º premio na categoría de ciclos superiores co seu proxecto Fulmar; e José Carlos Rodríguez, Andrea Abal e Julián Sevilla, alumnado do ciclo medio de Farmacia e parafarmacia,  acadaron o 3º premio na categoría de ciclos medios co seu proxecto Camiñando.

A idea do proxecto empresarial Fulmar busca a disminución do lixo nos océanos coa fabricación de sacos de algodón 100% ecolóxicos e biodegradables para substituir os sacos de plástico empregados na actualidade polos/as mariñeiros/as.

“Camiñando” é un proxecto moi ligado á realización do Camiño de Santiago. A idea consiste en montar e comercializar un kit cos produtos sanitarios necesarios para o coidado persoal dos peregrinos. O factor diferenciador deste proxecto ven dado polo seu recipiente: unha cabaza, produto con valor simbólico e identificativo do camiño, que os viaxeiros poderán gardar como recordo da experiencia vivida.

Felicidades!

                                                            

Plan horario no suposto dun confinamento total de centro ou parcial de aulas

Horarios espello deseñados para impartir docencia no caso dun confinamento total do centro ou no suposto dun confinamento parcial dalgunha aula:

- Horarios espello para os ciclos formativos

- Horarios espello para a FP básica

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA. ADMISIÓN 2021/2022

Prazo de entrega de solicitudes de admisión a FPB do 1 ao 10 de setembro.

Documentación a entregar:

  • Solicitude (ED522A)
  • Anexo A
  • Anexo III (consentimento de incorporación á FPB)
  • Anexo IV (comunicación de incorporación á FPB)
  • Fotocopias e orixinais do DNI do solicitante e do pai/nai/titor legal
  • Certificado de discapacidade do solicitante, de solicitar praza reservada por ese cupo.

A solicitude deberá estar asinada polo solicitante e polos dous proxenitores obrigatoriamente, excepto nos casos de defunción dun deles, de separación con patria potestada en exclusiva dun dos proxenitores ou de violencia de xénero. Nestes casos, haberá que xustificar documentalmente.

Pode descargar a solicitude e o anexo A dende os arquivos adxuntos.

Máis información sobre admisión en FPB en http://www.edu.xunta.es/fp/fpbasica

SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS CURSO 2020/2021

Aberto o prazo de solicitude de bolsas de estudos para o curso 2020/2021 dende o 9 de agosto ao 1 de outubro de 2020.

Enlace á web de información e solicitude online: Solicitar bolsa

OFERTA DE TRABALLO

Empresa de artes gráficas oferta posto de traballo de aprendiz/axudante offset  para incorporación inmediata.

Interesados enviar Curriculum Vitae a ies.montecelo@edu.xunta.es co asunto "Oferta offset"

 

 

MATRÍCULA CICLOS 2020/2021

Publicadas as listaxes de adxudicación de prazas en ciclos formativos de grao medio e superior. Xúntanse arquivos coas listaxes dos adxudicados neste centro.

Os solicitantes adxudicados deberán formalizar a matrícula no centro ou ben renunciar á praza para continuar no proceso de admisión coas solicitudes de maior preferencia.

Os solicitantes que non foron adxudicados nesta 1ª fase deberán permanecer atentos ás listaxes de espera, que se actualizan durante o proceso de matriculación varias veces ao día e comprobar se son adxudicados na 2ª fase (29 de xullo).

A solicitude de matrícula ou renuncia pode imprimirse dende a mesma aplicación na que se fixo a solicitude.

A documentación para formalizar matrícula é a seguinte:

  • Solicitude de matrícula personalizada
  • 1 foto
  • Fotocopia e orixinal DNI
  • Fotocopia e orixinal certificación académica da titulación de acceso
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Sobre de matrícula (en Conserxería)
  • Pago seguro escolar (faise no propio centro)
  • Autorización tratamento imaxe persoal

Non se recollerá ningunha documentación que non esté completa.

 

 

CALENDARIO PROBAS LIBRES SETEMBRO 2020

Xúntase calendario de probas libres para os ciclos de Anatomía Patolóxica e citodiagnóstico, Farmacia e parafarmacia e Impresión gráfica.

Xornada de acollemento o día 1 de setembro ás 11h, na que se explicará a dinámica da convocatoria. Esta xornada é de asistencia obrigatoria, aqueles alumnos que non asistan serán excluídos do proceso.

MODIFICACIÓN DATA 2ª PARTE PROBA BIOLOXÍA MOLECULAR E CITOXENÉTICA: Esta proba prevista no calendario adxunto para o 14 de setembro ás 10:30, terá lugar finalmente o día 11 de setembro ás 12:00h

 

Calendario de exames de setembro para FP básica

No arquivo adxunto pode consultarse o calendario de exames de setembro para o alumnado de FP básica

Admisión a ciclos formativos do 25 de xuño ao 8 de xullo

Entre o 25 de xuño e o 8 de xullo ás 13.00 horas está aberto o prazo proceso de admisión a ciclos formativos.

Na seguinte ligazón: Admisión curso 2020/2021 accédese ás instrucións para realizar a solicitude web, así como un vídeo de axuda sobre como encher dita solicitude e o asistente informático para presentar a solicitude.

Tamén pódese acceder a máis información sobre o proceso nesta ligazón: Inicio do proceso de admisión