You are hereProxectos innovación

Proxectos innovación


Aquamóbil Adapt, o triciclo anfibio para persoas en cadeira de rodas

Aquamobil adapt é un triciclo anfibio con motor eléctrico para persoas en cadeira de rodas. Proxecto de innovación realizado polo alumnado de FP Básica do IES Montecelo. Premiado no FPInnova, Consellería de Educación e Formación Profesional.

 

Os proxectos Climobil Solar e Memorflex visitan Vilalonga

Os  proxectos de innovación do noso alumnado de FPB Climobil Solar e Seguridade Memorflex no VIII FORO DA INNOVACIÓN DO AUTOMÓBIL DE VILALONGA

 

Vémonos no FP Innova!

O proxecto Permacultura entra na fase final de exposición no FP Innova 2019, que se celebra na Cidade da cultura do 8 ao 10 de maio.

 

Proxecto Permacultura: segue os seus avances no seu Instagram

O proxecto de innovación Permacultura que está desenvolvendo a familia profesional de Agraria xa ten instagram para seguir os seus avances!  @proxecto_permacultura

 

Os nosos proxectos Seguridade Memorflex e Permacultura Urbán premiados en FP Innova 2018

Neste 2018 dous proxectos do IES Montecelo volveron a resultar premiados nos Premios FP Innova.

O proxecto Seguridade Memorflex, presentado polo profesorado e alumnado de FP Básica de Mantemento de Vehículos e en colaboración co IES Antón Losada (A Estrada), busca a mellora dun elemento vital na seguridade xa que os paragolpes elaboraranse cunha base de látex que tería “efecto memoria” ao recuperar a forma inicial de xeito inmediato.

 

O proxecto Permacultura Urbán, presentado polo profesorado e alumnado de FP Básica de Agroxardinaría e en colaboración coa Asociación Boa Vida – Inclusión Activa de Pontevedra, pretende reducir a xeración de refugallos co emprego dun compostador caseiro que empregarán as familias participantes.