Día internacional contra a violencia de xénero

Outro ano máis, o IES Montecelo realiza un acto para concienciar sobre a importancia de erradicar a violencia de xénero da nosa sociedade. Alumnado e traballadores do centro participaron nunha "perfomance" lembrando ás vítimas do último ano.

Imaxe gañadora do Magosto 2018

O alumno Agustín Caporallini, estudante de 2º do ciclo medio de Preimprexión dixital, é o autor da fotografía gañadora do concurso organizado por motivo do Magosto. Parabéns!

 

 

 

Probas de nivel de idioma Erasmus+

Horario das probas de nivel de idioma para participar no programa Erasmus+:

Mércores 21 de novembro ás 11.30 horas:

- Inglés no salon de actos.

- Portugués na biblioteca.

Convocatoria dos programas de mobilidade 2018-2019

¿Es alumno/a do IES Montecelo de Ciclo  de Grao Superior  e gustaríache  participar nunha mobilidade Erasmus+ para prácticas durante a FCT en abril de  2018? ¿Ou o teu caso é que es alumno/a  do Ciclo Medio e estás interesado en  facer unha mobilidade o rematar os teus estudos neste centro educativo?

Nese caso deberás inscribirte no proceso de selección, o prazo  estará aberto dende o  13 de novembro ata o 16 de novembro, ambos incluídos. Podes cumprimentar a túa solicitude que atoparás nesta páxina web na sección de programas europeos e logo a achegas a dirección email: erasmusiesmontecelo@gmail.com  ou a podes entregar persoalmente a Coordinadora de programas Europeos

Ten en conta que no Programa da convocatoria (na sección de programas europeos), recóllese toda información relativa a esta convocatoria, así como a data dunha charla informativa  onde se indicarán  os requisitos, bases de participación e criterios de selección.  

Mira os documentos adxuntos. Anímate e participa!

Novos cursos AFD

O IES Montecelo participa nas accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregos (AFD), impartindo dous cursos:

  • IMPP0208  Servicios estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe  638 horas
  • TVMG0409  Mantemento do motor e os seus sistema auxiliares 538 horas

 Data de inicio prevista é 4 de outubro, en horario 15:30 a 20:30.

As persoas interesadas poden informarse nas oficinas do SEPE.

Documentación matrícula alumnado adxudicado para o curso 2018/2019 na FP Básica

MATRÍCULA ALUMNADO

con praza adxudicadaen

1º de formación profesional BÁSICA

 

PRAZO MATRÍCULA     do    13  ao  20 de setembro ás 13:00 h

DOCUMENTACIÓN

 

Ø1 foto

ØAnexo II : Consello orientador

ØFotocopia e orixinal DNI.

ØFotocopia e orixinal certificación académica (último centro onde estudou)

ØFotocopia tarxeta sanitaria.

ØSobre de matrícula (RECÓLLESE EN CONSERXERÍA PREZO 2€)

INCLÚE:

§  Autorización tratamento datos persoais

§  Pago SEGURO ESCOLAR (menores de 28 anos).

§  a realización das fotocopias necesarias.

 

Si se presentou a preinscrición NESTE CENTRO e XA se aportou algunha documentación solicitada non será preciso entregala de novo.

AVISO IMPORTANTE: NON SE RECOLLERÁ NINGUNHA MATRÍCULA QUE NON TEÑA A DOCUMENTACIÓN COMPLETA.