LISTAXES ADMITIDOS FP BÁSICA- CURSO 2018/2019

Alumnado admitido en Peiteado e estética.

Alumnado admitido en Artes gráficas.

Alumnado admitido en Mantemento de vehículos.

Alumnado admitido en Agroxardinería

 

 

Consultar documentos anexos

 

Orientacións académicas e profesionais tras rematar un ciclo

"Emprego e formación" é unha web con información de interese para o alumnado que remata os ciclos formativos: que estudar despois, onde atopar ofertas de emprego, como redactar un currículum ou a importancia de facer unha autoanálise de cara a un futuro laboral e académico de éxito son algúns dos temas que se recollen na web. 

Pincha na imaxe para acceder á web 

https://empregomontecelo.wixsite.com/emprego

https://empregomontecelo.wixsite.com/emprego)">https://empregomontecelo.wixsite.com/emprego

Os departamentos de Orientación e de FOL colaboran na web "Emprego e formación"

 

Horario de acollida e inicio das clases lectivas curso 2018-2019

O curso lectivo comezará o luns 17 de setembro co seguinte horario de acollida/presentación:

- Ciclos medios: ás 10.00 horas.
- Ciclos superiores: ás 11.00 horas.
- Ciclos de FP básica: ás 12.00 horas.

Tras a presentación/acollida do alumnado por parte do equipo directivo e dos seus titores, continuarán as clases no horario lectivo habitual (lémbrase que os luns tamén hai horario lectivo pola tarde).

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

1º FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2018/2019

EN CENTROS EDUCATIVOS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

GRAO BÁSICO

PRAZAS

CÓDIGO

 

 

DISC.

TOTAL

CBAGA01

AGROXARDINERÍA E COMPOSICIÓNS FLORAIS

18

2

20

CBARG01

ARTES GRÁFICAS

18

2

20

CBTMV01

MANTEMENTO DE VEHÍCULOS

18

2

20

CBIMP01

PEITEADO E ESTÉTICA

18

2

20

 

C A L E N D A R I O          P R O C E S O        A D M I S I  Ó N.

1 ao 11 de setembro ás  13:00 horas

Presentación solicitudes admisión

 

Oficina do centro   de    09:00 a 14:00 h

12 de setembro

A partir das 13:00 h      Publicación listaxe admisión

13 ó 20 setembro

Matrícula

Oficina do centro   de    09:00 a 14:00 h

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ADMISIÓN DO 3 DE SETEMBRO AO 11 DE SETEMBRO (ATA ÁS 13:00 H)

horario atención ao público de 09:00 a 14:00 h

DOCUMENTACIÓN presentación solicitudes

 

IMPORTANTE: CUBRIR CON LETRA CLARA E SEN TACHÓNS.

 

·     Anexo I ( recollerase na conserxería do centro).

·     Anexo A (recollerase na conserxería do centro).

·     Orixinal e copia do DNI ou NIE.

·     Anexo IV ( traerase do centro onde o solicitante cursase a ESO) .

·     Certificado discapacidade, si se participa no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade.

 

AVISO IMPORTANTE: NON SE RECOLLERÁ NINGUNHA SOLICITUDE QUE NON TEÑA A DOCUMENTACIÓN COMPLETA.

 

IMPORTANTE: A solicitude deberá ser asinada pola persoa solicitante.

Si é menor de idade TAMÉN deberá asinar calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio destos, é necesaria a sinatura dos dous proxenitores, excepto nos casos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou que a patria potestada esté atribuida a un deles, con carácter exclusivo (neste caso é necesario presentar a resolución xudicial correspondente).

 

 

 

NORMATIVA: Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e admisión nestas ensinanzas.

 

NORMATIVA: Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e admisión nestas ensinanzas.

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes. Admisión. (actualizado 30/07/2018)

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde as 9:00 horas do día 30 de xullo ata as 13:00 horas do día 31 de xullo de 2018. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación extraordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

 DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Réxime ordinario: ciclos formativos de grao medio con prazas vacantes

 

 

 

 

2ª adxudicación ordinaria.Admisión a ciclos formativos. Convocatoria 2018

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o venres 27 de xullo ata as 13:00 horas do martes 31 de xullo de 2018. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

2ª adxudicación ANATOMÍA

2ª adxudicación DESEÑO

2ª adxudicación FARMACIA

 

Prazas liberadas: ciclos de grao medio de PREIMPRESIÓN DIXITAL e IMPRESIÓN GRÁFICA.

  A matrícula realizarase por orde de chegada, dende o mércores 18 de xullo ata o martes día 24 de xullo ás 13:00 horas.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA

Información sobre admisión en ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes.

Listaxes adxudicación nos ciclos do IES Montecelo. Curso 2018-2019

Réxime ordinario

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 17 de xullo ata as 13:00 horas do martes 24 de xullo de 2018. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para consultar as listas de espera pulsa enriba


- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

Nos arquivos adxuntos tendes as listaxes do alumnado adxudicado por ciclo no noso centro

 

CM Farmacia e parafarmacia

CM Impresión gráfica

CM Preimpresión dixital

CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico

CS Deseño e xestión da produción gráfica

Acceso a 2º curso. Proceso non centralizado. Convocatoria 2018

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 17 de xullo ata as 13:00 horas do martes 24 de xullo de 2018. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A documentación necesaria podes vela aquí.

Nos documentos adxuntos podedes consultar as seguintes listaxes:

Listaxe de adxudicación

Listaxe definitiva de solicitantes

Listaxe provisional de solicitantes

Matrícula alumnado con praza adxudicada en 1º por 1ª vez.

O día 17 de xullo publicaranse as listaxes de adxudicación no seguinte enderezo  

             

Admisión grao medio :http://www.edu.xunta.es/fp/admision-curso-2018-2019 

Admisión grao superior: http://www.edu.xunta.es/fp/node/13647

Ese mesmo día e ata o día 24 de xullo ás 13:00h, deberase realizar a matrícula no centro adxudicado.

DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA