You are hereBlogues

Blogues


Concurso concesión do servizo de cafetería

Faise exposición pública do Concurso concesión do servizo de cafetería.

O prazo para presentar os proxectos será o comprendido entre o día 8 e as 14 horas do día 22 de xuño.

Bases do concurso

 

Aviso para a recollida de títulos

Infórmase de que xa se poden recoller, na secretaría do centro,  os títulos solicitados ata o curso académico 2011/2012.

Na ligazón "Secretaría" do menú lateral, está dispoñible un modelo para autorizar a súa recollida, no caso de que a persoa titular queira delegar noutra persoa.

Debate: A liberdade de expresión ten límites?

Coincidindo coa celebración do día da Paz, o 30 de xaneiro de 2015, a comunidade educativa do IES Montecelo participou nunha xornada de reflexión sobre as ferramentas necesarias para acadar a paz, a través dunha charla-coloquio coa temática “A liberdade de expresión, ten límites?”.

Na mesa, integrada por profesores/as (Mar Gómez, orientadora do centro; Angeles Jar, responsable de biblioteca e Francisco Tobio, xefe do departamento de Sanidade) e alumnos/as (Martiño Montero, do 1º curso CM Impresión; Mª Luisa Rey, do 2º curso CM Farmacia e Tamara Aguiar, Juan Fernández, Vanesa Gómez e Laura Martínez, do 1º curso CM Farmacia), analizouse a paz como un dereito fundamental do individuo e a súa vinculación con outros dereitos, como o dereito á liberdade de expresión. 

IV Xornadas de "Primeiros auxilios"

 

A partir do 5 de febreiro, o alumnado que cursa 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia imparte a cada grupo de alumanado do centro unha charla sobre primeiros auxilio para amosar os coñecementos adquiridos no módulo “Primeiros Auxilios” que forma parte do currículo do seu ciclo.
Os 23 alumnos do  ciclo de Farmacia e Parafarmacia, coordinados polo docente Paco Tobío, imparten as charlas os días 5, 6, 9 e 10 de febreiro.

Entroido 2015

 

ENTROIDO 2015

Venres 13 de febreiro a partir das 12.20 horas

 

  • Taller de peiteado
  • Taller de maquillaxe
  • Karaoke
  • Concurso de disfraz individual, en grupo e ao mellor pirata
  • Concurso de repostería