You are hereBlogues

Blogues


Visítanos Anxo Carracedo!

O investigador e experto internacional en xenética, Anxo Carracedo, visitou a noso centro, este martes 17 de xaneiro, para impartir unha interesante conferencia baixo o título "Xenómica" ao noso alumnado da rama sanitaria.

Felices festas!

Deseño de Laura Buezas, alumna do ciclo superior de Deseño e xestión da produción gráfica

Listaxes definitivas dos programas europeos

Publicadas as listaxes definitivas do alumnado solicitante de Programas Europeos

Listaxes provisionais dos programas europeos

Publicadas as listaxes provisionais do alumnado solicitante de Programas Europeos

Medalla de prata para o noso equipo de Agraria no Galicia skills 2016

Noraboa ao equipo participante de Agraria no Galicia Skills 2016, Cristofer Cobas e Francisco Caramés, por gañar a medalla de prata. E moitas grazas ao profesores e titores da familia de Agraria pola súa labor para acadar este premio.

 

 

 

 

Convocatoria dos programas de mobilidade 2016-2017

Es alumno/a do IES Montecelo de Ciclo  de Grao Superior  e gustaríache  participar nunha mobilidade Erasmus+ para prácticas durante a FCT en abril de  2017? Ou o teu caso e que es alumno/a  do Ciclo Medio e estás interesado en  facer unha mobilidade o rematar os teus estudos neste centro educativo.

Nese caso deberás inscribirte no proceso de selección, o prazo  estará aberto dende o venres 14 de novembro ata o mércores 18 de novembro, ambos incluídos. Podes cumprimentar a túa solicitude que atoparás nesta páxina web na sección de programas europeos e logo a achegas a dirección email: erasmusiesmontecelo@gmail.com  o a podes entregar persoalmente a Coordinadora de programas Europeos

Ten en conta que no Programa da convocatoria (na sección de programas europeos), recóllese toda información relativa a esta convocatoria, así como a data dunha charla informativa  onde se indicarán  os requisitos, bases de participación e criterios de selección.  

Anímate e participa!

Prazo para solicitar validacións de módulos

O alumnado interesado en validar módulos profesionais pode entregar a súa solicitue dende o martes 4 de outubro ao venres 14 de outubro en secretaría. 

Descarga da solicitude de validación

Oferta de emprego para titulados do CS de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico

Oferta de emprego para titulados superiores da rama sanitaria da Consejería de Educación de la Junta de Castilla León. Imprescindible estar empadroados nalgún municipio desa comunidade autónoma. Prazo solicitudes entre o 17 de setembro e o 4 de outubro.

Máis información nos documentos adxuntos.