You are hereBlogues

Blogues


Decoración do centro con motivo do Nadal

O alumnado de 2º da FP básica de Agroxardinería e composicións florais está a realizar estes días unha actividade para decorar os corredores e zonas comúns do centro con motivo do Nadal.

Tamén, o Equipo de Normalización Lingüística convou o tradicional concurso de deseño de postais de felicitación de festas con data límite de entrega o día 15 de decembro ás 11.30 horas.

 

Taller de maquillaxe para a FP básica de peiteado

O pasado martes 28 de novembre, o alumnado de FP básica de peiteado asistiu a un taller de maquillaxe impartido pola empresa Capel Cosmetics nas instalacións do noso centro.

25 de novembro

Outro ano máis o noso centro conmemora o día 25 de novembro en lembranza das vítimas de violencia de xénero. Esta vez, as alumnas representaron a cada unha das vítimas levando unha camiseta negra e xuntándose para evidenciar o elevado número de mortes por culpa desta lacra social. 

Premiada no I Concurso Escolar contra la Violencia de Género

Parabéns para a alumna Alba Martínez, do ciclo superior de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico, por gañar o terceiro premio, cun traballo titulado Nunca máisna categoría de debuxo-pintura do I Concurso Escolar contra la Violencia de Género convocado por la Subdelegación del Gobierno en Pontevedra. Felicidades polo premio!

 

Vou empezar a traballar, que debería saber?

Vou empezar a traballar, que debería saber? é o nome do proxecto que o alumnado de 1º curso de preimpresión dixital presentou ante os alumnos que están a cursar 2º de FP Básica. O proxecto, realizado no módulo de FOL, consistía en construír unha infografía que dera resposta á pregunta do título do traballo; para elo os alumnos entrevistaron aos grupos de FP básica para coñecer os seus medos e dúbidas ante a súa incorporación ao mundo laboral, entrevistaron a un familiar/amigo para que lles contara a súa primeira experiencia laboral e investigaron a normativa laboral. 

Era a primeira vez que se enfrontaban a facer unha presentación ante un público descoñecido, pero todos superaron o reto e fixeron moi bo traballo, a pesar dos nervios. Noraboa a tod@s!

 

 

Proba de idiomas programas europeos 2017-2018

As probas de idiomas portugués e inglés para seleccionar ao alumnado interesado en participar nos programas europeos celebraranse no seguinte horario:

- Idioma portugués: o mércores 22 de novembro, ás 11.30 horas na Biblioteca.

- Idioma inglés: o xoves 23 de novembro, ás 8.30 horas no Salón de Actos.

Dando a coñecer o noso viveiro de empresas

A responsable do viveiro de empresas do noso centro, Loló Conde, inicia unhas charlas para dar a coñecer as posibilidades e requisitos de uso do espazo ao alumnado do CIFP Carlos Oroza. O luns 20 de novembro visitaron o viveiro os alumn@s do ciclo medio de cociña e gastronomía.

O calendario de visitas é o seguinte:

  • Lunes 20 de novembro ás 13:00 horas. Ciclo de grao medio de cociña e gastronomía.

  • Martes 21 de novemmbro ás 10:30 horas. Ciclo de grao superior de dirección de cociña.

  • Xoves 23 de novembro ás 10:30 horas. Ciclo de grao superior de xestión de aloxamentos turísticos.

  • Luns 27 de novembro ás 13:00 horas. Ciclo de grao superior de guía, xestión e asistencia turísticas.

  • Venres 1 de decembro ás 12:00 horas. Ciclo de grao medio de panadería, repostaría e confeitaría.

 

Simulacro de evacuación 2017

O alumnado,  o profesorado  e o persoal non docente do IES Montecelo participou, este venres 17 de novembro, no simulacro de evacuación das instalacións, que cada ano realízase como parte do protocolo do plan de prevención do centro . Ao escoitar a alarma de incendios, todas as aulas procederon ao seu desaloxo e se dirixiron ao punto de encontro nas pistas deportivas. 

Charlas informativas sobre os programas europeos

Como cada ano, a coordinadora de programas europeos do noso centro, Mercedes Cruz, organizou unhas charlas informativas sobre os requisitos e posibilidades de participar nos programas ERASMUS dirixidas ao alumnado dos ciclos formativos. Estivo acompañada da ex-alumna Yolanda Sobral que contou a súa experiencia ERASMUS de 6 meses traballando nunha farmacia da cidade de Venecia e animou aos asistentes a vencer os seus medos e participar nesta oportunidade de formarse noutro país.

Como complemento a estas charla, publícase nesta web, como arquivo adjunto,  o artigo titulado "Erasmus en Porto" no que o ex alumno, Pablo Suárez, do ciclo superior de Produción en industrias das artes gráficas conta a súa experiencia de FCT na cidade de Porto.

 

Convocatoria dos programas de mobilidade 2017-2018

¿Es alumno/a do IES Montecelo de Ciclo  de Grao Superior  e gustaríache  participar nunha mobilidade Erasmus+ para prácticas durante a FCT en abril de  2018? ¿Ou o teu caso é que es alumno/a  do Ciclo Medio e estás interesado en  facer unha mobilidade o rematar os teus estudos neste centro educativo?

Nese caso deberás inscribirte no proceso de selección, o prazo  estará aberto dende o  14 de novembro ata o 17 de novembro, ambos incluídos. Podes cumprimentar a túa solicitude que atoparás nesta páxina web na sección de programas europeos e logo a achegas a dirección email: erasmuscifpmontecelo@gmail.com  ou a podes entregar persoalmente a Coordinadora de programas Europeos

Ten en conta que no Programa da convocatoria (na sección de programas europeos), recóllese toda información relativa a esta convocatoria, así como a data dunha charla informativa  onde se indicarán  os requisitos, bases de participación e criterios de selección.  

Mira os documentos adxuntos. Anímate e participa!