You are hereBlogues

Blogues


Xornadas de portas abertas

Esta semana o centro abre as súas portas para dar a coñecer a súa oferta e as súas instalacións a posible alumnado doutros centros educativos. Durantes estas xornadas de portas abertas, visítannos o alumnado e profesorado do IES As Bizoca, IES Cotobade, IES Mestre Landín, IES Luís Seoane e IES Faro das Lúas que percorreran os diferentes talleres da FP Básica e de ciclos formativos.

Rumbo a Salamanca

Alumnado e docentes da FP Básica desfrutan estes días dunha viaxe a Salamanca como remate desta etapa educativa e xusto antes do inicio das prácticas en empresas. Visitarán, entre outros lugares, os xardíns de Calixto e Melibea (visita dirixida principalmente ao alumnado da FP básica de Agroxardinería e composicións florais) e o Museo da historia de automoción (visita dirixida principalmente ao alumnado da FP básica de Mantemento de vehículos).

Novas prazas para realizar prácticas no estranxeiro

A través do programa Praxeuropa, o centro conta coa posibilidade de ofertar un número limitado de prazas para realizar prácticas no estranxeiro entre os meses de xullo e setembro (por un total de 70 días). As prazas están destinadas a recén titulados no curso 15-16 do ciclo superior de Produccion en industrias de artes gráficas e do ciclo superior de Anatomía patolóxica e citoloxía.

As persoas interesadas poden contactar coa coordinadora de programas europeos no propio cento ou a través do correo electrónico: erasmusiesmontecelo@gmail.com

Aprendendo os perigos do ciberacoso

O alumnado de 1ºde FP básica compartiu sesión con Elena Martínez Blanco, autora do libro Bajo el paraguas azul, para charlar sobre os perigos do ciberacoso.

 

Convocatoria de cursos AFD

Outro ano máis, o IES Montecelo participa nas accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregos (AFD), impartindo dous cursos que permitirán a obtencións das cualificacións profesionais:

  • AGAX0208. Actividades auxiliares en agricultura. Nivel 1
  • TMVG0409. Mantemento do motor e dos seus sistemas auxiliares. Nivel 2

 Os cursos iniciarán o 21 de abril en horario de 15:30 a 20:30 horas. Están destinados a menores de 30 anos.

 A data de seleccion de candidatos será o 19 de abril.

 Nas fichas adxuntas inclúese información sobre os módulos, duración dos mesmos, posibles postos de traballo, etc:

Transmite a nosa marca persoal?

Santiago Martínez, especialista en comunicación, visita o noso centro para falar  de como construír a nosa propia marca persoal e diferenciarnos no mundo laboral ao alumnado dos ciclos de Farmacia e Parafarmacia, de Deseño e xestión da produción gráfica, de Anatomía patolóxica e de Preimpresión dixital.

Tres alumnas realizarán prácticas en Italia e Malta

Tres estudantes do ciclo superior de produción en industrias de artes gráficas partirán o 1 de abril rumbo a Italia e Malta para realizar as prácticas profesionais.

 Lara Crespo e Andrea Buenachese desprazaranse  á cidade de Reggio Emilia e Parma, respectivamente, e Alba Vilachán viaxará a Malta. Nestes países terán a oportunidade de desenvolverse profesional en compañías do sector gráfico que prestan servizos de serigrafía, preimpresión, impresión offset e impresión dixital de pequeno e gran formato.

 Esta experiencia enmárcase dentro do proxecto Erasmus +, no que o IES Montecelo participa con mobilidades propias e colaborando co Consorcio Praxeuropa promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Desfrutade moitísimo desta experiencia, Lara, Andrea e Alba!