You are hereBlogues

Blogues


Comezamos un novo curso!

Nova imaxe para comezar este curso escolar

Calendario de inicio de curso

- Presentacións, o xoves 15 de setembro, nos seguintes horarios:

  • Ás 10:00 horas. Alumnado de ciclos formativos de grao medio.
  • Ás 11:00 horas. Alumnado de ciclos formativos de grao superior.
  • Ás 12:00 horas. Alumnado de FP básica.

- Despois de cada presentación, comezarán as clases lectivas.

 

Prazos de matrícula para alumnado de  1º FP Básica

  • Inscripción: do 1 ao 10 de setembro.
  • Matrícula: do 12 ao 20 de setembro.

Entrega de diplomas Practicum Depo

Víctor Mariño e Pedro Crespo recolleron o diploma da súa participación no Practicum Depo. Ambos amosaron o seu entusiasmo ao regresar da experiencia de realizar as prácticas no estranxeiro, concretamente en Italia.

 

Calendario de probas libres

Calendario de probas libres. Departamento de Sanidade.

Calendario de probas libres. Departamento de Artes Gráficas.

Calendario de probas de títulos extinguidos LOXSE. Departamento de Artes Gráficas.

Festaxamos o día das letras galegas

O venres 20 de maio festaxamos o día das letras galegas con diferentes actividades: concurso de deseño de camiseta conmemorando a Manuel María, probas deportivas, un photocall deseñado polo alumnado do ciclo superior de Deseño e xestión da produción gráfica e un concerto do grupo musical "Chotokoeu".

 

Convenio de colaboración co concello de Cambados

O concello de Cambados e o IES Montecelo asinan un convenio para a cesión de vehículos abandonados no depósito municipal ao centro, concretamente para as ensinanzas da FP básica de mantemento de vehículos.

 

Coñecendo a realidade do pobo saharaui

Dous membros da asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui - SOGAPS" visitaron hoxe, 18 de maio, o noso centro para dar a coñecer a realidade que vive o pobo saharaui e o programa de acollida "Vacacións en paz".

 

Visita do CEIP Príncipe Felipe

Alumnado do CEIP Príncipe Felipe visita as aulas do ciclo de Farmacia e Parafarmacia para coñecer como funciona unha farmacia e os diferentes pasos que hai que seguir nun laboratorio para poder elaborar un xabón ou unha crema. Moitas grazas pola vosa visita!

Visita técnica a empresas do sector de artes gráficas

Alumnado e profesorado do departamento de Artes Gráficas desprázanse a Oporto para realizar unha visita técnica a empresas do sector, concretamente a "Multitema-soluçôes De Impressâo SA" e "Calheiros Embalagens". ´Tamén achegaranse ao "Museu Nacional da Imprensa".

Probas libres de impresión en artes gráficas (título extinguido LOXSE)

Do 6 ao 16 de maio está aberto o prazo para solicitar a participación na segunda convocatoria das probas libres do título extinguido LOXSE: "Técnico/a en impresión en artes gráficas".