You are hereBlogues / blogue de admin / Erasmus 2015

Erasmus 2015


En novembro abrirase o prazo para solicitar o programa ERASMUS+.

Durante o curso 2014-15, tres alumnos do ciclo superior de produción en industrias de artes gráficas realizaron prácticas en países europeos, concretamente en Portugal e Reino Unido.

Neste curso, o noso centro segue a fomentar a participación dos seus estudantes nos programas Erasmus a través da colaboración no proxecto PracticumDepor promovido pola Deputación de Pontevedra: dous estudantes recén titulados, do ciclo medio de preimpresión dixital e do ciclo medio de farmacia e parafarmacia, viaxarán a partir do 15 de outubro a Italia para realizar prácticas profesionais durante 6 meses.

Animarvos a participar, é unha gran experiencia!