O I.E.S. Miguel Ángel González Estévez comprácese en convidarvos a celebrar o seu 25 aniversario na Romaría Popular que terá lugar no mesmo instituto o vindeiro 16 de xuño. Este é o programa da festa:

PROGRAMA:
MAÑÁ:
10:30 – 12:00 Xogos populares
12:00 – 13:00 Partido de baloncesto feminino: ALUMNAS vs EX-ALUMNAS
13:00 – 13:30 Acto institucional
MEDIODÍA:
14:00 – 16:30 Xantaremos todos xuntos.
Podedes encargar a comida facendo un ingreso de 18 euros por persoa no número de conta de NOVA GALICIA BANCO 2080-5067-19-3000479181, facendo constar como concepto: “ROMARÍA CARRIL - NOME E APELIDOS DE QUEN INGRESA - Nº DE PERSOAS INSCRITAS”.
Data límite de inscripción: 25 de maio.
Menú:
Polbo e/ou churrasco (dependendo do número de anotados)
Tortillas
Empanadas
Sobremesas
Bebidas: auga, refrescos,…
Se o preferides, podedes traer a vosa propia comida.
TARDE:
16:30 Continuamos coa festa!
Teremos música e baile tradicional, actuacións de grupos musicais que naceron no instituto e moito máis.
Pincha para descargar o cartel.