O venres 22 o alumnado de 1º bacharelato de Artes foi o encargado de crear un mural nun acto organizado por CulturaActiva xunto co Concello de Vilagarcía. O mural realizouse coa dirección de expertos en graffitti e cultura urbana da asociación Escola Vella de Noia e será o fondo do Acto Nacional dos Fondos Europeos que se celebrará hoxe 22 de setembro pola tarde na praza da II república con espectáculos diversos.
Excursión a Santiago o 21 de abril para visitar parte do casco histórico e mercado de abastos de Santiago,o museo de arte contemporánea, CGAC ao que pertencen estas imaxes, e a Catedral. O alumnado demostrou moito interés en todas os lugares visitados. Aprendimos a observar, e a xogar cos coñecementos que aprendimos na aula. Unha experiencia para repetir o próximo curso!
O noso instituto do Carril ten como obxectivo educar no sentido máis amplo da palabra. Este curso , o noso alumnado demostrou unha vez máis as súas dotes artísticas elaborando este magnífico calendario no que representan graficamente 12 loitas sociais dos nosos tempos. Aquí podedes ver unhas imaxes das autoras e do autor.
O alumnado da materia de Educación Plástica e Visual crearon esta exposición reprroducindo os estilo pictóricos dos pintoras/es máis senlleios dos séculos XIX-XX.
Todo o alumnado pode participar no concurso que consistee en adiviñar ao estilo de que autor corresponde cada peixe. Só precisas observar e gañarás un premio.
Estas son imaxes das visitas a T.V.G. e ó Mestre Mateo realizada por o departamento de Debuxo co grupo de 2 de Bach. Gracias a Adrián, o relacións públicas da televisión, e Juan Adrió, xefe de estudos do Mestre Mateo por tratarnos tan ben!.
De peixe en peixe, aquí tedes un concurso organizado polo departamento de Plástica; o alumnado de 4ºESO foi quen de pintar uns peixes "á maneira de..." pintores moi famosos. Podes ver o album premendo na imaxe.
Este venres 18 de maio foron entregados os premios do Iº torneo de voo de avións de papel organizado polo alumnado de 1ºESO-B e a súa titora Maika. O ranking de gañadores é o que segue:
Tras recibir a consigna de facer un cartaz de tema social e reivindicativo, o alumnado presentou estes traballos cargados de contidos e de técnica. Unha exposición que da que pensar.