Durante esta semana (do 15 ao 19 de febreiro) estamos a celebrar no instituto a "I Semana da ciencia e da tecnoloxía". O alumnado poderá asistir a diferentes obradoiros con experiencias e demostracións científicas e tecnolóxicas que realizarán os seus propios compañeiros. Algúns teñen títulos do máis chamativo, como por exemplo: "Probando a existencia do ar", "O vaso que ten sede" ou "Dentrífico para elefantes". Outros parecen moi interesantes "Un charco de auga", "Xogando coa luz", "Sólidos platónicos" ou "Cromatografía".
O obxectivo destas actividades é difundir o coñecemento científico e promover unha visión positiva da ciencia.
Monólogos científicos
A primeira sesión "inaugural" realizouse como estaba previsto na mañá do luns 15, ás 11. Na aula de 3º ESO C ofreceron os seus monólogos científicos ao alumnado de 3º B e 3º C un grupo de 1º e 2º de Bacharelato. Quedaron sen tempo Sara García Senra e Ramón Giménez Güimil. Unha lástima. Se queres ver imaxes dos monologuistas preme nas ligazóns:
Non todo foi falar, ou non só...Tamén tivemos sesións nas que os rapaces facían experimentos interesantísimos e divertidos. Estes foron algúns dos que puidemos ver:
Probando a existencia do ar (4º ESO- PDC)
O ovo que quere entrar na botella (4ºESO-A)
Cromatografía (2ºBacharelato A)
A auga dun charco (1ºESO)
Xogando coa luz (3ºESO)
O vaso que ten sede (4ºESO-A)
Nutrintes nos alimentos (1ºBacharelato)
Dentrífico para elefantes (3ºESO)
Experiencias sorprendentes (2º Bacharelato)
Obradoiros e charlas
Alumnado e profesorado explicou aos asistentes diferentes aspectos relacionados co corpo humano ou ca natureza. Aquí temos unha mostra:
Planetas do sistema solar (1º ESO)
Obradoiro de reanimación cardio-pulmonar ( 2º TSAAFD)
O esquelete dun can (1º Bacharelato)
O esquelete humano (2º TSAAFD)
Obradoiro de fósiles (1º ESO)
Os volcáns (4ºESO)
Exposicións
O alumnado de Lingua e Literatura Galega de 4ºESO preparou unha exposición sobre Mulleres cientíificas (que podes descargar ou ver aquí),
Construcción colectiva de estructuras
O alumando foi quen de crear estructuras complexas e interesantes das áreas da xeometría ou da enxeñería como estas a seguir:
A ponte de Leonardo (3ºESO-B)
Un omnipoliedro (1º ESO)
Concurso
Para rematar esta avalancha de actividades temos un concurso en marcha. Trátase do I Concurso de identificación de aves. Os concursantes teñen que observar unhas imaxes dos exemplares de diferentes especies de aves e completar unha ficha detallada de cada un. Quen consiga completalas correctamente será o gañador do concurso que está dotado cun magnífico premio. Para ver a exposición podes facer clic na imaxe.
O pasado febreiro un grupo de alumnos e alumnas que cursan música no bacharelato realizaron unha saída moi especial. O destino foi Madrid! Todos e todas durante catro días exploraron a capital e toda a sua oferta cultural.
Puideron disfrutar do Musical El Rei León, a ópera Don José, a visita á Compañía Nacional de Danza, o Museo do Prado, a visita o Palacio Real, o Centro Cultural do Matadero-Madrid, un concerto do violonchelista Lluís Claret na Fundación March, visitar o Teatro Real, ... É dicir unha choiva sensitiva que recordarán para toda a vida.
Na primeira semana de febreiro no instituto de Carril tiveron lugar os diferentes actos de celebración do Entroido que este ano tivo como tema central al ciencia ficción.
Para ir quecendo os ánimos o mércores tivemos unha charla sobre“Entroido e tradición” por Xosé Ramón Brea, que ata fai ben pouco foi profesor do noso centro .
O venres, 5 foi o día do gran festival con música e disfraces, agasallos para os participantes e premios para diferentes categorías. Os premiados desta edición foron os seguintes:
Actuación de grupos:
1º premio: 2ºA de Bacharelato
2º premio: 4ºESO (grupo 2)
3º premio: 1º Bacharelato Musical
Disfraz individual: Loaira Miguéns (2ºESO) . Premio especial para Javier Galbánpolo seu "sombreireiro tolo"
Baile: Sasha(3ºESO) e Alex(4ºESO)
Sobremesas de Entroido
1º premio: Antón Abadín (Bica de Entroido)
2º premio: Saro López
3º premio: Loaira Miguéns
Accesit: Marta Prego e Elena Eiras
Podedes ver algunhas fotos deste evento premendo na seguinte ligazón:
Está previsto neste segundo trimestre, desenvolver cos grupos de 2º curso de ESO un “Programa de prevención de conductas violentas” coa colaboración da Cruz Vermella do Salnés no que se tratarán os seguintes temas:
Bullying e violencia a través das novas tecnoloxías:
Conceptos básicos.
Bullying ou acoso escolar. Concepto, tipo, axentes e causas.
Ciberbullying: Concepto, tipo, axentes e causas.
Estratexias de prevención do acoso escolar e ciberacoso.
Do 11 ao 17 de febreiro o departamento de orientación en colaboración coa policía local vai desenvolver unhascharlas sobre Educación Viaria destinadas sobre todo a alumnado da ESO e de Bacharelato. Os temas a tratar son:
1ºESO: “Normas e sinais. Circulación por vías interurbanas”
2ºESO: “Accidentes: causas, consecuencias, elementos de seguridade.”
3ºESO: “Condución responsable do ciclomotor.”
4ºESO: “Xoves, alcohol e tráfico”
1ºBAC: Os medicamentos tamén poden afectar a la capacidade para conducir.
2ºBAC: Drogas e condución, incompatibles.
1ºCS: O alcohol e a condución.
2ºCS: Os accidentes de tráfico: causas, consecuencias, elementos de seguridade.
Neste segundo trimestre estanse a celebrar unhas charlas impartidas por profesorado universitario sobre diferentes temas relacionados coas materias opcionais escollidas polo alumnado. As charlas previstas son as seguintes:
Día 4 de febreiro charla para alumnos de Bacharelato de Ciencias sobre o tema “Quen me garante que os alimentos son seguros?”
Día 11 de febreiro charla para alumnos de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais sobre o tema "Os romanos en Galicia”.
Día 25 de febreiro charla para alumnos de Bacharelato de Ciencias sobre o tema “Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental.”
Día 26 de febreiro charla para alumnos de 2º de bacharelato charla informativa sobre a Universidade de Santiago de Compostela impartida por profesorado da mesma.
As dúas primeiras horas do mércores o alumnado do Ciclo Formativo de Actividades Físicas tiveron unha clase diferente. Sempre coa colaboración de protección civil e os duos cans de rescate traballaron en actividades de salvamento con cans. Oa especialistas abordaron técnicas de salvamento e actividades de obediencia: busca de obxectos, xoguetes e persoas. Unha clase moi produtiva que esperamos repetir en breve.
O Departamento de Orientación vai desenvolver neste segundo trimestre un programa de educación para a saúde coa colaboración da Cruz Vermella Xuventude no que se tratará o tema da alimentación e nutrición e os trastornos da conduta alimentaria incidindo na noción de alimentación e nutrición saudables. O alumnado ten que aprender a recoñecer a presión de grupo e a infuencia da sociedade e da moda na percepción do propio corpo. Sobre os trastornos da conduta alimentaria como a anorexia, a bulimia, a vigorexia vanse tratar os factores que inflúen e as características básicas da enfermidade cunha finalidade preventiva. Este programa está destinado ao alumnado de 3ºESO.
O alumnado e profesorado do instituto de Carril manifestouse hoxe, luns 16 de novembro, diante da fachada do centro rexeitando a violencia en todos os contextos e lugares do mundo.
Cada día morren miles de persoas víctimas dos conflitos armados, do sexismo, do racismo, da xenofobia, da fame, etc. Causas económicas, bélicas e políticas explican o sufrimento actual da humanidade. O alumnado expresou nunha pancarta o seu desexo de que a vida política e individual recupere os valores da tolerancia, da razón, da paz e do respecto.